DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 16 de agosto de 2010 Páx. 14.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 3 de agosto de 2010 pola que se resolve a convocatoria de subvencións a proxectos de accións de investigación-acción que teñan relación co esforzo global anti VIH/sida en Galicia.

Por Orde do 27 de abril de 2010, da Consellería de Sanidade (DOG nº 88, do 11 de maio) dítanse normas para a concesión de subvencións a proxectos de accións de investigación-acción que teñan relación co esforzo global anti VIH/sida en Galicia.

O artigo 9 da citada norma establece que, examinadas pola comisión de valoración as solicitudes presentadas, se procederá á súa resolución mediante orde da Consellería de Sanidade, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, facéndose constar a contía das axudas concedidas.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Aprobar ou denegar os proxectos ou accións de investigación-acción dirixidos ás asociacións e corporacións locais que se recollen no anexo desta orde, así como adxudicarlles as contías que se determinen nel.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2010.

Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

Ver referencia pdf "15600D005P010.PDF"

Ver referencia pdf "15600D006P012.PDF"