DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 09 de agosto de 2010 Páx. 14.408

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xullo de 2010 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de actividades formativas de inglés, francés, alemán e portugués para o ano 2010 no estranxeiro e en España, destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios.

De conformidade co establecido no artigo 9º da orde desta consellería do 15 de marzo de 2010 (DOG do 24 de marzo) pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán e portugués para o ano 2010 no estranxeiro e en España destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicar as actividades formativas ao profesorado que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo.-Contra esta resolución as persoas interesadas poden interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "15100D003P016.PDF"

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO