DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 06 de agosto de 2010 Páx. 14.249

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2010 cofinanciadas polo Feder no marco do Programa Feder-Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria.

Advertidos varios erros na dita resolución, publicada no DOG nº 143, do 28 de xullo de 2010, procede realizar as seguintes correccións:

Na páxina 13.716, columna da dereita artigo 4.2º, onde di: «Os formularios de solicitude deberán ser obtidos, cubertos e validados polo solicitante a través do enderezo http://www.inega.es/axudasinega2010», debe dicir: «Os formularios de solicitude deberán ser obtidos, cubertos e validados polo solicitante a través do enderezo http//www.inega.es. Tamén se pode acceder desde o enderezo http://www.xunta.es/

axudasinega2010 da Xunta de Galicia, facendo uso do enlace dispoñible co procedemento correspondente ao código que figura na propia solicitude».

-Ao final da resolución deben inserirse os anexos II e III, tal e como constan a continuación:

Ver referencia pdf "15000D009P033.PDF"

Ver referencia pdf "15000D010P127.PDF"