DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 06 de agosto de 2010 Páx. 14.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional inicial no curso 2010-2011.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establece a ordenación xeral da formación profesional do siste-ma educativo de Galicia e regula, entre outros aspectos, a organización dos ciclos formativos, o desenvolvemento dos currículos, a oferta, a admisión, a matrícula e a avaliación nos ciclos formativos, as validacións e exencións dos módulos profesionais e a obtención dos títulos de formación profesional.

A Orde do 23 de abril de 2007, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regula o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional, en réxime ordinario e para as persoas adultas, e as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior.

A Orde do 28 de febreiro de 2007 regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 5 de xuño de 2007 regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docen-tes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.

A Orde do 30 de xullo de 2007 regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.

A Orde do 11 de xuño de 2010, modificada pola Orde do 25 de xuño de 2010, actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo e en modalidade presencial, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2010-2011.

A Orde do 21 de xuño de 2010 actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, en moda-lidade presencial, de ciclos formativos de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2010-2011.

A Resolución do 11 de xuño de 2010 determina os prazos e establece instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2010-2011.

As ordes mencionadas autorizan a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e a aplicación do previsto nelas e, na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto e ámbito de aplicación.

Esta resolución ten por obxecto ditar instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional inicial no ano académico 2010-2011 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Renuncia, anulación e baixa de oficio de matrícula.

1. Con independencia do réxime e do ano de inicio do ciclo, a renuncia, a anulación e a baixa de oficio da matrícula rexeranse polo disposto nos artigos 8, 9, 10 e 11 da Orde do 23 de abril de 2007, pola que se regula o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional, en réxime ordinario e para as persoas adultas, e as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior.

2. Procederase á baixa de oficio cando un alumno ou unha alumna acumulen o número de faltas in-xustificadas a que se fai referencia no artigo 11 da citada Orde do 23 de abril de 2007. Para tales efec-tos e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento a aquel alumnado que acumule un número de faltas de asistencia inxustificadas superior a 10 días lectivos. Nel indicarase a obriga de asistencia e se procederá á súa baixa de matrícula no caso de que as súas faltas inxustificadas de asistencia representen 25 días lectivos consecutivos ou 35 días lectivos descontinuos. No caso de que se produza a baixa, na secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da comunicación da baixa.

3. Para o alumnado matriculado logo de iniciadas as actividades lectivas, non se terán en considera-ción os días previos á formalización da matrícula.

4. No caso dos centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordena-ción Universitaria, a persoa titular da dirección enviará ao director ou a directora do centro público ao que estea adscrito os documentos coa constancia do apercibimento e da comunicación da baixa ao alumnado para que sexa incluído no seu expediente.

5. Contra a resolución da baixa de oficio da matrícula o solicitante poderá presentar recurso de al-zada perante o xefe ou xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devan-dita resolución esgotará a vía administrativa.

Terceiro.-Perda do dereito á avaliación continua.

1. Conforme se determina no artigo 2 da Orde do 30 de xullo de 2007, pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial, o número de faltas que implica a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo será do 10% respecto da súa duración total, con independencia de que estas faltas sexan ou non xustificadas. Para tales efectos e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento ao alumno ou á alumna cando as faltas de asistencia nun determinado módulo superen o 6% respecto da súa duración total. Nel indicarase que perderá o dereito á avaliación continua no módulo de acumular un 10% de inasistencias con respecto á súa duración total. Cando as faltas de asistencia alcancen a citada porcentaxe comunicarase a perda do dereito á avaliación continua. No caso de que se produza a perda do dereito a avaliación continua, na secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da

comunicación da perda do dereito á avaliación continua.

2. Para o alumnado matriculado logo de iniciadas as actividades lectivas, non se terán en considera-ción as sesións previas á formalización da matrícula.

3. O alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nun determinado módulo terá dereito a unha proba final extraordinaria, de acordo co establecido no artigo 2.5º d) da citada Orde do 30 de xullo de 2007. A cualificación obtida na devandita proba consignarase na avaliación final de módulos do curso correspondente.

Cuarto.-Validacións de módulos profesionais.

1. O alumnado matriculado en ciclos formativos de títulos de formación profesional establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), poderá validar os módulos profesionais que correspondan, logo da aplicación do disposto no artigo 15 da Orde do 30 de xullo de 2007, pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.

2. O alumnado matriculado en ciclos formativos dos novos títulos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), poderá validar os módulos profesionais que correspondan a partir de módulos superados de títulos da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE) e a partir de unidades de competencia acreditadas do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais a que se fai referencia no artigo 14 da citada Orde do 30 de xullo de 2007, para o que a dirección do centro aplicará o réxime de validacións de módulos establecido nos anexos correspondentes do título.

Así mesmo, consonte o establecido no Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a or-denación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, quen teña superado o módulo profesional de formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de empresa e iniciativa emprendedora en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), terá validados os devanditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

Para os efectos de formalización de matrícula polo réxime ordinario no curso que corresponda, estes módulos teranse en conta como superados para determinar o cumprimento dos criterios de promoción.

No caso do réxime para as persoas adultas, estes módulos non se considerarán para os efectos de compatibilidade e carga horaria a que se fai referencia no artigo 6.3º da citada Orde do 23 de abril de 2007.

3. As persoas que teñan acreditadas unidades de competencia de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), segundo o procedemento establecido na Orde do 25 de febreiro de 2008 ou na Orde do 1 de setembro de 2009 pola que se convocan unidades de competencia e prazas para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional, e se determina o correspondente procedemento experimental, poderán solicitar a validación dos módulos profesionais asociados ante a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

4. Os módulos profesionais que non estean incluídos nos puntos anteriores poderán ser obxecto de validación, se é o caso, polo Ministerio de Educación.

5. O procedemento de validacións de módulos profesionais de ciclos formativos de formación pro-fesional aterase ao disposto no artigo 16 da citada Orde do 30 de xullo de 2007.

6. Contra a resolución de validación da persoa titular da dirección do centro, o solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devandita resolución esgotará a vía administrativa.

7. O alumnado que, logo de resoltas as solicitudes de validación, teña todos os módulos profesionais de centro educativo superados poderá ser proposto para realizar anticipadamente o módulo de formación en centros de traballo, e o módulo de proxecto, de ser o caso. Para tal fin, o centro deberá solicitar autorización á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Quinto.-Reclamacións contra as cualificacións.

1. De acordo co artigo 20 da Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regula a avaliación e a acre-ditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial, o alumnado, os pais ou as nais, ou quen exerza a súa titoría legal poderán reclamar, ante a dirección do centro, con-tra as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

2. No caso de ciclos formativos de 2.000 horas de duración, o dereito de reclamación será extensivo a aquelas avaliacións parciais en que se propoña o acceso á realización do módulo de formación en centros de traballo en período ordinario, logo de finalizada a docencia dos módulos de formación no centro educativo.

Sexto.-Horario do ciclo formativo.

1. A distribución dos módulos que constitúen os ciclos formativos establecidos ao abeiro da Lei or-gánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, así como o seu número de horas, serán os establecidos no anexo I da citada Orde do 23 de abril de 2007.

No caso dos novos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, haberá que aterse ao disposto no anexo desta resolución.

2. Aqueles centros, que polas súas características específicas ou polas dos ciclos que imparten, preci-sen unha modalidade horaria especial deberano solicitar ao departamento territorial correspondente, que, tras o informe do Servizo Provincial de Inspección Educativa, resolverá o que proceda, respectan-do, en todo caso, a distribución trimestral e o número de horas totais dos módulos.

3. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar outras modalidades horarias diferentes adecuadas ás singulares características de colectivos concretos.

4. Coa finalidade de que se poida verificar o cumprimento do horario mínimo establecido para cada módulo de cada ciclo, así como a súa programación, a dirección do centro remitiralle ao Servizo Provincial de Inspección Educativa antes do inicio das actividades lectivas un calendario no que vaian especificados os días lectivos de formación no centro educativo, xunto co horario semanal do grupo, así como as programacións de cada módulo profesional, de conformidade co artigo 9 da Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2010-2011 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Sétimo.-Horario do profesorado de centros públicos.

1. Cando as características horarias dos módulos para os que o profesorado de cada departamento teña atribución docente non permitan completar, na asignación inicial de módulos, o horario lectivo legalmente establecido, as horas que falten deberanse dedicar a outras actividades lectivas, segundo as directrices do director ou a directora do centro, tales como impartición de materias afíns doutros depar-tamentos, actividades de reforzo ou recuperación do alumnado do propio departamento, apoio á docen-cia noutros niveis, ou participación nalgún proxecto docente ou complementario incluído na progra-mación xeral do centro, realización da titoría do módulo de formación en centros de traballo e do mó-dulo de proxecto, e/ou colaboración na súa coordinación e no seu desenvolvemento.

2. Mentres que o alumnado do ciclo formativo estea a realizar o módulo profesional de formación en centros de traballo, o xefe ou a xefa de estudos, co apoio da persoa responsable da titoría do ciclo formativo e da xefatura do departamento, elaborarán o novo horario do profesorado que quede coas horas vacantes, e darallo a coñecer ao profesorado e, de ser o caso, aos pais ou ás nais, ou a quen exerza a titoría legal. Durante este período, o profesorado con atribución docente no ciclo ou no módulo realizará, entre outras, as seguintes actividades:

a) Impartición e avaliación de actividades de recuperación ao alumnado que teña pendente de superar algún módulo profesional. Para tal fin, a persoa responsable da xefatura de estudos, co apoio do titor ou a titora do ciclo formativo, elaborarán o novo horario do profesorado que resulte con horas vacantes.

b) Apoio naqueles módulos con alumnado repetidor, pertencente a ciclos formativos da mesma fa-milia profesional, para os que se teña atribución docente, segundo figura nos decretos que regulan os correspondentes currículos.

c) Apoio á titoría de ciclos formativos e á coordinación e o seguimento da FCT e do módulo de pro-xecto, no caso de ciclos formativos de grao superior.

d) Apoio aos programas de cualificación profesional inicial.

e) Impartición de actividades de formación profesional ocupacional e formación profesional conti-nua, en caso de estaren autorizadas no centro educativo.

f) Realización voluntaria de operacións programadas polo departamento para a mellora das instalacións onde se imparta o ciclo formativo.

g) Participación nas actividades de actualización e formación que convoque a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

h) Outras que a dirección do centro lle encomende.

En calquera caso, a permanencia obrigatoria en horario fixo no centro do profesorado afectado polo cambio de horario será de 23 horas semanais, e a súa permanencia mínima diaria no centro non será inferior ás tres horas, en cumprimento dos artigos 79 e 81, respectivamente, da Orde do 1 de agosto de 1997.

A proposta do novo horario enviarase, para a súa aprobación definitiva, ao servizo correspondente de inspección educativa no prazo de cinco días, logo de finalizada a sesión de avaliación previa á reali-zación do módulo de formación en centros de traballo.

Oitavo.-Titoría de ciclos.

1. De acordo co artigo 21.1º da citada Orde do 23 de abril de 2007, cada grupo de alumnos e alumnas dun ciclo formativo terá un profesor ou unha profesora que desempeñen a titoría, que pertencerá ao equipo que imparta docencia en cada curso académico.

2. No caso do réxime ordinario, a redución horaria para as persoas responsables da titoría de ciclos formativos, establecida no artigo 84 da Orde do 1 de agosto de 1997, poderá ser de ata tres horas se-manais para o segundo curso. Nos ciclos formativos de duración inferior a 2.000 horas, logo de rema-tado o módulo de formación en centros de traballo, a dirección reasignará estas horas para actividades lectivas ou complementarias, en función das necesidades do centro.

3. No caso do réxime para as persoas adultas, entenderase que o alumnado matriculado en módulos do mesmo ciclo formativo constitúe un único grupo. A redución horaria para as persoas responsables da titoría deste será de ata tres horas semanais.

Noveno.Títulos.

As propostas de títulos realizaranse tres veces por ano, ao final de cada trimestre lectivo: decembro, marzo e xuño.

Décimo.-Módulo profesional de segunda lingua estranxeira.

1. Os centros realizarán a oferta do módulo profesional de segunda lingua estranxeira para os ciclos formativos en que así se establece no anexo da citada Orde do 23 de abril de 2007 ou no anexo desta resolución, consonte os recursos dispoñibles, de entre os seguintes: alemán, francés, italiano e portu-gués.

2. En todo caso, a lingua que se imparta será a mesma para todo o alumnado do grupo.

Décimo primeiro.-Módulo profesional de proxecto integrado.

1. O módulo profesional de proxecto integrado é propio da Comunidade Autónoma de Galicia e forma parte do currículo de determinados ciclos formativos de grao superior establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, segundo se indica no anexo da citada Orde do 23 de abril de 2007.

Será impartido con carácter globalizador de todas as ensinanzas que constitúen o ciclo formativo.

2. O módulo de proxecto integrado será impartido preferentemente por profesorado que imparta do-cencia nos módulos do ciclo formativo correspondente.

3. A programación deste módulo será elaborada polo profesor ou a profesora que se encarguen del e deberá ser aprobada polo equipo docente do ciclo, que supervisará a súa impartición.

4. O módulo de proxecto integrado debe contribuír de xeito específico ao logro das seguintes finali-dades:

-Comprender globalmente aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que se abordarán noutros módulos profesionais do ciclo formativo.

-Integrar ordenadamente coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxías, técnicas e procesos que se desenvolvan nas actividades produtivas do sector a que corresponde o título.

-Adquirir, de ser o caso, coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorezan o desenvolvemento das capacidades relacionadas coa profesión para a que se forma que, malia seren demandadas polo ámbito produtivo en que radica o centro, non se poidan recoller no resto de módulos profesionais.

5. O proxecto integrado desenvolverase tomando como referencia un proceso produtivo, real ou si-mulado, e deberá cumprir o seguinte:

-Analizar a relación e a contribución das etapas da organización, a programación e o control dun proceso.

-Determinar as especificacións do proceso produtivo dun artigo (materia prima, medio produtivo, método operativo, etc.) e os métodos que aseguren a calidade, a partir das especificacións dun deseño, dun pedido, de obxectivos de calidade, dos recursos dispoñibles e de catálogos comerciais de materiais.

-Determinar a viabilidade das especificacións do proceso de produción e, de cumprir, as medidas correctoras a partir da elaboración e a avaliación do prototipo.

-Determinar a cantidade de recursos, o nivel óptimo de existencias, os sistemas de traballo e de con-trol da produción máis adecuados, e a organización das liñas de produción, aprovisionamento e man-temento preventivo dos recursos, así como as fases produtivas necesarias para a produción, en función dos recursos dispoñibles, do volume do pedido, da súa variedade e dos prazos establecidos.

-Determinar as medidas correctoras que se deban tomar e a súa viabilidade no hipotético proceso de produción, para garantir as condicións de produción establecidas, considerando as posibles anomalías, incidencias ou desviacións simuladas.

6. A avaliación realizarase de xeito individual por cada alumno ou alumna tomando como referencia as capacidades terminais elementais que se indican no módulo.

7. O módulo profesional de proxecto integrado é específico do ciclo formativo correspondente polo que non será validable en ningún caso.

Décimo segundo.-Módulo profesional de proxecto.

1. O módulo profesional de proxecto incluído nos currículos dos ciclos formativos de grao superior que se impartan na comunidade galega ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terá por finalidade, consonte o establecido no artigo 14 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

Esta integración concretarase nun proxecto de carácter globalizador que considere as variables tecnolóxicas e organizativas relacionadas co título. Definirase consonte as características da actividade laboral do ámbito do ciclo formativo e con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de formación no centro educativo, coincidindo coa realización dunha parte do módulo profesional de formación en cen-tros de traballo, e avaliarase logo de cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

3. O desenvolvemento deste módulo organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva:

-A titoría colectiva implicará a participación da totalidade do equipo docente do ciclo formativo nas actividades de programación, seguimento e avaliación previstas para este módulo.

-A titoría individual correrá a cargo dun único profesor ou profesora, integrante do equipo docente do ciclo, con carácter xeral o titor ou a titora do ciclo formativo, que actuarán como titor ou titora para todo o alumnado que estea en disposición de cursar este módulo, así como de coordinador ou coordi-nadora das funcións do equipo docente en relación a el.

4. A programación para o módulo profesional de proxecto ha consistir nun documento de especifi-cacións sobre as características e o alcance do traballo para realizar que, en todo caso, deberá tomar como referencia un proceso produtivo real ou simulado específico do campo profesional de que se trate.

5. Os traballos para desenvolver polos alumnos e as alumnas serán coordinados polo profesorado con atribución docente no módulo de proxecto, preferentemente o que estea a impartir docencia no segundo curso do ciclo formativo. Para tal efecto, realizarán as propostas de traballo ao principio do primeiro trimestre de cada curso académico tomando como referencia as orientacións pedagóxicas establecidas no currículo correspondente para o módulo, e deberán incluír o seguinte:

-Especificación detallada do conxunto do traballo para realizar, con indicación expresa daquelas ac-tividades que se deban traballar de forma individual ou en grupo, así como de forma presencial ou a distancia.

-Datas e horarios previstos para as actividades de titoría e seguimento, para o que se establecerán canles de comunicación presencial, telefónica ou telemática.

-Prazos de entrega do traballo para a súa supervisión.

-Criterios de avaliación, con especial atención ao formato de presentación da documentación e á exposición do informe final de traballo.

6. Logo de realizada a sesión de avaliación parcial ou final de proposta de acceso á realización do módulo de formación en centros de traballo, e antes da incorporación a el, o profesor ou a profesora responsables do módulo de proxecto asignarán os traballos propostos ao alumnado que estea en dispo-sición de cursar o devandito módulo.

7. Para o seguimento presencial do módulo profesional de proxecto, logo de iniciada a realización do módulo de formación en centros de traballo, aproveitarase a xornada quincenal de recepción do alumnado no centro educativo para o seguimento deste.

8. A avaliación realizarase de xeito individual para cada alumno ou alumna tomando como referencia os resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación que se indican no currículo correspondente do módulo.

9. O alumnado será convocado polo profesor ou a profesora responsables do módulo de proxecto para a presentación e a exposición, ante o equipo docente, dos proxectos realizados.

10. O profesor ou a profesora responsables do módulo encargaranse de asinar as actas de avaliación finais coas cualificacións obtidas por cada alumno ou alumna, de acordo coa valoración efectuada polo equipo docente.

Décimo terceiro.-Actas de avaliación en centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Univer-sitaria remitirán un exemplar das actas de avaliación ao instituto ao que estean adscritos. Enviarase copia validada das actas de avaliación final ao Servizo de Inspección Educativa no prazo de 15 días a partir da data de realización da correspondente sesión.

Disposición adicional

Única.-Prazas vacantes do réxime ordinario ocupadas polo alumnado en réxime de persoas adultas.

1. O alumnado matriculado nas prazas que resulten vacantes do réxime ordinario polo réxime de persoas adultas, segundo o establecido na disposición adicional primeira da citada Orde do 21 de xuño de 2010, pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, asistirá as actividades lectivas coa organización establecida para o réxime ordinario, e en todo caso, a avaliación será realiza-da polo réxime de persoas adultas.

2. O alumnado matriculado no curso 2010-2011 polo réxime de persoas adultas en módulos profe-sionais dun ciclo formativo nun centro que tamén ofreza as mesmas ensinanzas polo réxime ordinario, poderá ampliar a súa matrícula no mesmo centro nos módulos profesionais que resulten vacantes, aos que se refire a disposición adicional primeira da citada Orde do 21 de xuño de 2010, logo de finalizar as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, nas condicións establecidas na disposición oitava da citada Resolución do 11 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. En todo caso, a matrícula parcial de módulos realizarase para o mesmo ciclo formativo e non poderá superar a carga lectiva anual de 960 horas. Para estes efectos, o profesorado destes módulos do réxime ordinario incorporarase á xunta de avaliación correspondente de persoas adultas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A dirección dos centros educativos que impartan estas ensinanzas arbitrarán as medidas necesarias para que esta resolución sexa coñecida por todos os membros da comunidade educativa.

Segunda.-Os departamentos territoriais, a través dos servizos provinciais de inspección educativa e dos directores e as directoras dos centros educativos, garantirán o cumprimento do disposto nesta resolución e asesorarán sobre o seu contido.

Terceira.-Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2010.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Ver referencia pdf "15000D006P016.PDF"