DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 06 de agosto de 2010 Páx. 14.224

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xullo de 2010 pola que se fai pública a resolución do concurso público de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2010, co obxecto de coñecer a lingua dese país, convocadas pola Orde do 22 de marzo de 2010.

Pola Orde do 22 de marzo de 2010, DOG do 30 de marzo, aprobáronse as bases e procedeuse á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2010, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

De acordo co establecido no artigo 7º das bases da convocatoria, desde o día 4 ao 14 de xuño de 2010 expuxéronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas por documentación, e durante ese mesmo prazo os interesados puideron formular reclamacións ou emendar erros e falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades.

Transcorrido este prazo, as solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 10º das bases da convocatoria e atendendo ao informe-proposta elevado pola citada comisión avaliadora a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería,

RESOLVE:

Artigo 1º.-Concederlle axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2010, co obxecto de coñecer a lingua dese país ao alumnado universitario que se relaciona na listaxe de concedidas no anexo desta orde e pola contía que en cada caso se sinala.

No suposto de producirse algunha renuncia ou baixa e tendo en conta o remanente de crédito previsto na orde de convocatoria, procederase a adxudicarlle a bolsa a aqueles solicitantes que figuran no mesmo anexo na listaxe de seleccionados como suplentes e pola orde que nela aparecen, sempre que presenten a documentación xustificativa de ter realizado o curso.

Para os efectos de cobramento, os adxudicatarios que figuran na listaxe de concedidos así como os da listaxe de suplentes que realizaron o curso de idiomas deberán presentar na Secretaría Xeral de Universidades, antes do 11 de outubro de 2010, a documentación que se sinala no artigo 11º da orde de convocatoria, é dicir:

a) Orixinal ou copia compulsada do certificado de asistencia ao curso para o que lle foi concedida a axuda traducido, no caso de estar en lingua estranxeira, a algunha das linguas oficiais desta comunidade autónoma e no cal se especifique o lugar, as datas de realización, a duración do curso e o número de horas lectivas semanais. Así mesmo, deberán conservar os xustificantes referidos aos gastos de viaxe e custo do curso xa que poderán ser requiridos pola Subdirección Xeral de Universidades, para a verificación das datas, horas lectivas, estadías, etc.

b) No caso de terse producido variación nos datos achegados na declaración responsable de axudas presentada coa solicitude, deberá achegar unha nova declaración en que consten os cambios producidos.

Artigo 2º.-Denegarlle axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2010, co obxecto de coñecer a lingua dese país ao alumnado universitario que se relaciona no mesmo anexo desta orde como solicitudes denegadas, pola causa que en cada caso se sinala.

Artigo 3º.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117, da Lei, 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "15000D004P008.PDF"