DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.215

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de concurso, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de transporte de sangue e compoñentes sanguíneos, medicamentos, servizo de mensaxaría e paquetaría deste organismo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da Fundación.

c) Número de expediente: AB-FCT1-10-008.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de transporte de sangue e compoñentes sanguíneos, medicamentos, servizo de mensaxaría e paquetaría do Centro de Transfusión de Galicia.

b) División por lotes e número: si. 2 lotes.

Lote 1. Servizo de transporte programado e non programado, para a recollida e entrega de sangue, compoñentes sanguíneos e medicamentos.

Lote 2. Servizo de transporte de mensaxaría e paquetaría.

c) Lugar de execución: os indicados no seu momento pola dirección do centro.

d) Prazo de execución: 24 meses desde a sinatura do contrato.

e) Duración do contrato: 24 meses desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación; total contratación: 703.841,02 euros IVE non incluído.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Domicilio: avenida Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Teléfonos: 881 54 69 00.

e) Telefax: 981 59 31 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día 23 de agosto de 2010.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver prego de cláusulas administrativas particulares. Grupo R-subgrupo 9-categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 23 de agosto de 2010.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (sala de xuntas).

b) Dirección: avenida Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 30 de xullo de 2010.

12. Páxina web onde obter información relativa a convocatoria ou onde se poden obter os pregos; perfil do contratante: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2010.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servizos Xerais da Fundación Pública Centro de Transfusión

de Galicia