1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da Fundación.
c) Número de expediente: MS-FCT1-10-009.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de artigos de cara á promoción da doazón e agasallo aos doadores de sangue no marco das campañas de doazón do Centro de Transfusión de Galicia.
b) División por lotes e número: si. 4 lotes.
Lote 1. Camisetas home/muller.
Lote 2. Gorro de choiva.
Lote 3. Bolso porta-documentos ou bolsa-bandoleira.
Lote 4. Neveira.
c) Lugar de execución: os indicados no seu momento pola dirección do centro.
d) Prazo de execución: 16 meses desde a sinatura do contrato.
e) Duración do contrato: 16 meses desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulais.
4. Orzamento base de licitación; total contratación: 205.600 euros IVE non incluído.
5. Garantía provisional: non.
6. Obtención da documentación e información.
a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.
b) Domicilio: avenida Monte da Condesa, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.
d) Teléfono: 881 54 69 00.
e) Telefax: 981 59 31 51.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do último día da presentación das ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. No caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, este prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.
d) Admisión de variantes: non, a excepción do lote 3, no que se admiten 3 variantes.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (sala de xuntas).
b) Dirección: avenida Monte da Condesa, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.
d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.
10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Páxina web onde obter información relativa a convocatoria ou onde se poden obter os pregos; perfil do contratante: www.sergas.es.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2010.
Rosa Álvarez de Blas
Directora de Xestión e Servizos Xerais da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia