DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

De conformidade co acordo plenario con data do 30-7-2010, por medio deste anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de xestión do Servizo Público de Depuración de Augas Residuais do Concello de Verín, mediante a modalidade de concesión, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: SEC 2010/128.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión administrativa do Servizo Municipal de Depuración de Augas Residuais do Concello de Verín.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo de concesión: ata o 18-2-2030, con posibilidade de prórrogas por períodos anuais ata un máximo de 25 anos (incluídas prórrogas).

d) A execución do contrato comprende a execución de obras: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Garantía provisional: 10.000 euros.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello, 1.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 00 00.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14.00 horas do último día de presentación de ofertas. Se este fose sábado, domingo ou festivo prorrogaríase ao día seguinte hábil distinto de sábado.

6. Requisitos específicos do contratista: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de valoración das ofertas: os que figuran na base 32 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: 15 días naturais que se contarán desde a última publicación.

b) Documentación que se presentará: a establecida na base 29 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Verín.

9. Apertura das ofertas: ás 12.00 horas do día seguinte ao do vencemento do prazo de presentación de proposicións, agás no suposto de proposicións remitidas por correo e non recibidas, en cuxo caso se constituirá ao día seguinte da recepción de todas as así presentadas.

Se o día previsto coincidiese con sábado, domingo ou festivo entenderase trasladado ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.depourense.es e www.verin.es

Verín, 30 de xullo de 2010.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde