DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 27 de maio de 2010, aprobou definitivamente o Plan especial de dotación para un centro docente de ensino secundario do Concello de Soutomaior.

O acordo de aprobación definitiva do citado Plan especial de dotación para un centro docente de ensino secundario do Concello de Soutomaior foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 25 de xuño de 2010, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivamente en vía administrativa poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Soutomaior, 25 de xuño de 2010.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde