DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Expediente número: 09/0537U.

Código: 2009000486.

Asunto: modificación singular número 20 das NNSS, relativa á incorporación do novo enlace da autoestrada AG-57 e alteracións na ordenación do SAU-9.

Trámite: información pública.

Norma reguladora: Lei do Parlamento de Galicia nº 9/2002, do 30 de decembro, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo (artigo 85.2º).

Prazo: dous meses desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Datos da aprobación inicial: acordada polo Pleno do Concello o 26 de maio de 2010.

De conformidade co previsto na normativa aplicable ao procedemento correspondente, durante o prazo sinalado calquera persoa poderá examinar o expediente nas dependencias municipais e formular, se é o caso, as alegacións que considere oportunas.

Nigrán, 17 de xuño de 2010.

Efren Juanes Rodríguez

Alcalde-presidente