DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO do 15 de xullo de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-10/2010.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da «Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo; edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 15 de xullo de 2010.

José Mª López Vega

Xefe territorial do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

ANEXO

Expediente: E.S.LU-10/2010.

Interesada: María Flora Pérez Ramón.

Último enderezo coñecido: Vía Transveral, 56-5ºA Ribadeo.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.