DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de xullo de 2010, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se lle notifica a Carmen María Rodríguez Menacho a resolución do procedemento sancionador ES-P-0018/09 (acumulación dos ES-P-0018/09 e ES-P-0019/09) instruído contra a entidade Promoción de Vivendas Fandiño e Suárez, S.L. (Provifas, S.L.), por presunta infracción en materia de vivenda, ditada polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data 27 de maio de 2010.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por non ser posible a súa notificación por correo certificado, notifícaselle a Carmen María Rodríguez Menacho a resolución do procedemento sancionador ES-P-0018/09 (acumulación do ES-P-0018/09 e ES-P-0019/09), instruído contra a entidade Provifas, S.L, por presunta infracción en materia de vivenda, ditada polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 27 de maio de 2010, cuxa parte dispositiva di:

resolvo:

Primeiro.-Sancionar a entidade promotora Provifas, S.L. coa responsabilidade solidaria de Antonio Fuentes Fandiño, con multa de 121.597,28 € (cento vinte e un mil cincocentos noventa e sete euros con vinte e oito céntimos) como consecuencia de impoñer a sanción prevista no artigo 55.1º c) á infracción moi grave tipificada no artigo 54.1º m), tendo en conta o artigo 55.2º e atendendo ás circunstancias recollidas no artigo 55.4º da Lei 4/2003.

Segundo.-Declarar a prescrición da infracción do artigo 53.1º e) da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia, (ausencia de aval) respecto das vivendas dos denunciantes que se especifican no feito 6º desta resolución.

Terceiro.-Obrigar a entidade promotora Provifas, S.L. coa responsabilidade solidaria de Antonio Fuentes Fandiño a reintegrar a cada un dos denunciantes-adquirentes das vivendas as contías resultantes da diferenza entre o prezo facturado e o importe da vivenda na declaración definitiva como vivenda de protección autonómica, ascendendo a contía total a 60.798,64 € (sesenta mil setecentos noventa e oito euros con sesenta e catro céntimos), resultado de multiplicar por 7 (propietarios) a cantidade de 8.685,52 €, como consecuencia do disposto nos artigos 34 e 57 da Lei 4/2003.

Cuarto.-Inhabilitar a entidade promotora Provifas, S.L. e a Antonio Fuentes Fandiño para participar en promocións de vivendas de protección oficial ou declaradas protexidas pola Comunidade Autónoma durante o prazo de seis anos, a partir do día seguinte ao da firmeza en vía administrativa desta resolución, de conformidade co artigo 56 da Lei 4/2003.

Quinto.-Non sancionar a construtora Construcciones Conde, S.A. nin o seu administrador José Manuel Conde Roque, dado que non queda acreditada a existencia do princimpio de responsabilidade na comisión da infracción administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos os dous prazos a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro recurso que estimen pertinente.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2010.

Antonio José Boné Pina

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo