DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de xullo de 2010, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se lle notifica a Santiago Amigo Vázquez a resolución do recurso de alzada interposto contra a desestimación por silencio administrativo da solicitude de cualificación para rehabilitación, presentada o 10 de decembro de 2009.

O 24 de maio de 2010 o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ditou resolución pola que non se admite a trámite o recurso de alzada interposto contra a desestimación por silencio administrativo da solicitude de cualificación para rehabilitación, presentada o 10 de decembro de 2009, posto que esta deberá presentarse a partir da publicación da correspondente orde de convocatoria das axudas.

Intentada a notificación da citada resolución a través do servizo de correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo por non ser retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude desta cédula, notifica a Santiago Amigo Vázquez a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a dita resolución mediante comparecencia no Servizo Técnico Xurídico do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela) no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución ou, en caso de non comparecer, a partir do día seguinte á publicación desta cédula.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2010.

Antonio José Boné Pina

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo