DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de xullo de 2010, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se lle notifica á interesada que se indica acta de requirimento de resolución de contrato de compravenda de vivenda de protección oficial de promoción pública.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781, Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2010.

Antonio José Boné Pina

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: PO-85/220 conta 100.

Nome: Beatriz Vilariño Vidal.

Último domicilio coñecido: r/ Reino Unido, nº 6, 5º I, Monteporreiro. Pontevedra. Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da acta de requirimento de resolución de contrato de compravenda de vivenda de protección oficial de promoción pública.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non se poderá interpoñer recurso ningún.