DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2010 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo de obra, non suxeito a regulación harmonizada, que se cita. (Expediente PO-13-14-09-01).

O presidente, actuando no nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3º a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e en cumprimento do exixido no artigo 138.2º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, acorda dar publicidade á adxudicación definitiva, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio, do seguinte contrato administrativo de obra:

*Acondicionamento do peirao da Chousa-Combarro (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: PO-13-14-09-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: acondicionamento do peirao da Chousa-Combarro.

c) Enderezo do anuncio de licitación no perfil do contratante de Portos de Galicia:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=12969

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 215, do 3 de novembro de 2009.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 439.549,02 euros, IVE excluído.

5. Adxudicación.

a) Data da adxudicación provisoria do contrato: 16 de xuño de 2010.

b) Data da adxudicación definitiva do contrato: 5 de xullo de 2010.

c) Contratista: Obras y Contratas Aedes, S.L.-Construcciones Ponciano Nieto, S.L. (UTE).

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 403.769,72 euros, IVE excluído.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base con redución de prazo.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2010.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Presidente de Portos de Galicia