DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 8 de xullo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador SAN-CO-0051/2010-IA.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial de Medio Rural, sito na praza de Luís Seoane, s/n, edificio administrativo-3º andar-Monelos (A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 8 de xullo de 2010.

Enrique Luis de Salvador Sánchez

Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: SAN-CO-0051/2010-IA.

Denunciada: Carmen Nocete García.

Acto de notificación: proposta de resolución.