DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

EDICTO do 7 de xullo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican uns requirimentos de documentación incompleta en relación cuns procedementos competencia desta consellería, e as persoas que se relacionan.

En virtude do disposto nos artigos 59. 5º e 61 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e no uso da competencia atribuida a este departamento, intentada a notificación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (Enrique Mariñas, s/n, edif. Proa, andar 9º-Matogrande, A Coruña), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facerse así, se terán por notificadas cos efectos que correspondan.

A Coruña, 7 de xullo de 2010.

Luis Álvarez Freijido

Xefe territorial da Coruña

Ver referencia pdf "14900D036P084.PDF"