DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

EDICTO do 7 de xullo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas neste departamento territorial.

No uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións, contra as que poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Consellería de Traballo e Benestar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior e de acordo co referido no artigo 61 da dita lei, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, no Departamento Territorial de Traballo e Benestar

da Coruña (rúa Enrique Mariñas, s/n, Matogrande), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 7 de xullo de 2010.

Luis Álvarez Freijido

Xefe territorial da Coruña

Ver referencia pdf "14900D036P084.PDF"