DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

EDICTO do 5 de xullo de 2010, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica resolución xestionada neste departamento territorial.

No uso das competencias atribuídas a este departamento territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante RXAP-PAC), ao ser devolta polo servizo de correos a notificación enviada no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado polo interesado, publícase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido da resolución, contra a que poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Consellería de Traballo e Benestar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do RXAP-PAC. No mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior e de acordo co referido no artigo 61 da Lei 30/1992 do RXAP-PAC, poderá comparecer persoalmente ou debidamente representado no Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo, para os efectos do

coñecemento do texto íntegro da correspondente resolución e do resto do expediente.

Vigo, 5 de xullo de 2010.

Carmen Bianchi Valcarce

Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Carlos Cebollada Navarro.

DNI: 51648296-W.

Número de expediente: 36/0000390-I/03.

Notificación: resolución de caducidade.