DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se inclúe no réxime especial de produción de enerxía eléctrica unha instalación de coxeración de 495 kW de potencia eléctrica nominal que Jevaso, S.L. promove no concello de Arteixo (A Coruña).

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 18 de decembro de 2009, Jesús Vázquez Sobrino, en representación de Jevaso, S.L., presentou solicitude para obter autorización administrativa e recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica para unha instalación de coxeración de 495 kW de potencia eléctrica nominal que Jevaso, S.L. promove na avenida Embalse 87 B, concello de Arteixo (A Coruña).

Segundo.-Con data do 11 de febreiro de 2010 publicouse no BOP da Coruña nº 28, e con data do 12 de marzo de 2010 no Diario Oficial de Galicia nº 49 (e corrección de erros con data do 6 de abril de 2010 no nº 63), a solicitude de autorización administrativa indicada no antecedente de feito primeiro, sen que conste que se presentase alegación ningunha. As características do anteproxecto que se somete a información pública son as seguintes:

Solicitante: Jevaso, S.L.

Domicilio social: av. Embalse 87 B, pol. Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña).

Denominación: instalación de coxeración.

Situación: av. Embalse 87 B, pol. Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña).

Descricións técnicas:

Planta de coxeración eléctrica constituída por:

-Motor de combustión interna de 495 kW alimentado por gas natural.

-Alternador de 495 kW, 620 kVA e 0,4 kV de tensión de xeración.

-Centro de transformación de 630 kVA de 0,4/15.

-Aparellaxe de protección, mando, sinalización e medida.

Terceiro.-Con data do 13 de maio de 2010, o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña emitiu informe favorable á solicitude presentada.

Cuarto.-Con datas do 16 e 22 de xuño de 2010, Jevaso, S.L. presenta a documentación complementaria necesaria para continuar coa tramitación do procedemento.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 28 da Lei 54/1997 establece que a construción, explotación, modificación substancial, a transmisión e o peche de instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial estará sometida ao réxime de autorización administrativa previa, que terá carácter regrado, correspondéndolle o seu outorgamento á Administración autonómica.

Segundo.-O artigo 4.1º do Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, establece que o recoñecemento da condición de instalación de produción acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica corresponde aos órganos das comunidades autónomas.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e no artigo 28 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de industria, seguranza industrial, solo industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía e minas.

Cuarto.-Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle administrativamente á Jevaso, S.L. a instalación de coxeración que promove no concello de Arteixo (A Coruña), segundo o anteproxecto Instalación de coxeración en Jevaso, S.L., redactado polos enxeñeiros industriais Alejandro Allegue Alvedro, colexiado nº 871, e María Isabel Quintanilla Martínez, colexiada nº 1660, e visado polo ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, A Coruña o 17 de decembro de 2009 co número CO093745.

Segundo.-Recoñecere á instalación que por esta resolución se autoriza a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 661/2007, do 25 de maio, e encadrala no subgrupo a.1.1 do artigo 2 do devandito real decreto.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Jevaso, S.L. presentará ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, o proxecto de execución da instalación autorizada.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten os datos básicos do anteproxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral.

Terceira.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, ou por incumprimento das condicións impostas.

Cuarta.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á devandita instalación, o titular e/ou explotador deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellaría de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o cal acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio, e presentará a documentación que figure nas instrucións que dite esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2010.

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas