DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello da Coruña. (Expediente IN407A 09/466).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Xeneral Caridad Pita, 11.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: reforzo liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15 kV, cunha lonxitude de 0,102 km que pasa a condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3 (1×240) Al, con orixe en cela do C.T. Campo Marte e final en cela do C.D. Ángel Rebollo, nº 7.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15 kV, cunha lonxitude de 0,178 km, coa orixe na L.M.T.S. EPU-711A entre o C.T. avda. de Navarra (expediente IN407A 2001/282) e C.R. Parque (expediente 32338), con condutor tipo 2 R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final no C.T. General Caridad Pita, 11 proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado, situado baixo beirarrúa, cunha potencia de 2×630 kVA e unha relación de transformación 15.000/400-230 V. Concello de A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 22 de xuño de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña