DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Caldeirón 2889, no termo municipal de Gondomar, da provincia de Pontevedra, e promovido por Granitos Gondomar, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro de 1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Caldeirón nº 2889, no termo municipal de Gondomar, da provincia de Pontevedra, e promovido por Granitos Gondomar, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que a soliciten, a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, así como nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

Ángel Bernado Tahoces

Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas