DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 21 de xullo de 2010, do recadador de zona de Pontevedra, polo que se relacionan dilixencias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Abeijón González, M. Pilar e noventa e catro máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular da zona de Pontevedra, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia que non lles puido ser notificada aos interesados malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, emprázanse os ditos interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación (Zona de Recadación de Pontevedra, rúa A Barca, 10, baixo A, Pontevedra), no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderáse producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 21 de xullo do 2010.

Fernando Guimaraens Benedeti

Recadador de zona de Pontevedra

Ver referencia pdf "14900D025P070.PDF"