DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 19 de xullo de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Area Viva del Morrazo, S.L. e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na secretaría desta delegación, no enderezo no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43-3ª andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres ou na oficina liquidadora correspondente na dirección e horario que se sinalan no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento de prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de xullo de 2010.

Mª José de Castro Pena

Xefa territorial de Pontevedra

Ver referencia pdf "14900D024P070.PDF"