DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 16 de xullo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Faraldo Moras, Jesús Enrique e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Secretaría, Departamento de Notificacións, do Departamento Territorial da Consellería de Facenda, con enderezo na praza de Pontevedra nº 22, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 16 de xullo de 2010.

Regina Losada Trabada

Xefa territorial da Coruña

Ver referencia pdf "14900D024P070.PDF"