DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 8 de xullo de 2010, do recadador de zona da Coruña, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Abad Brión, José Alejandro e douscentos setenta máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes, 17-1ºA), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 8 de xullo de 2010.

Julián Benavides Delgado

Recadador de zona da Coruña

Ver referencia pdf "14900D016P059.PDF"

Ver referencia pdf "14900D017P059.PDF"