DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ANUNCIO do 14 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se notifica a resolución recaída no expediente Bolsas 69/2007 en que se acepta a renuncia a unha bolsa de estudos concedida ao abeiro da Resolución do 7 de agosto de 2007 pola que se establecen e se regulan os programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios durante o curso académico 2007/2008.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a José Manuel Franqueiro Casal a Resolución do 21 de maio de 2010, do secretario xeral da Emigración, recaída no expediente Bolsas 69/2007 indicado no anexo, pola que se acepta a renuncia á bolsa de estudos que lle fora concedida,

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o secretario xeral da Emigración no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tamén poderá o interesado interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación segundo o previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

O correspondente expediente atópase á disposición dos interesados no Servizo de Tramitación de Axudas aos Centros e Comunidades Galegas, Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas, Secretaría Xeral da Emigración, rúa Basquiños 2, baixo, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2010.

J. Santiago Camba Bouzas

Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nº de expediente: Bolsas 69/2007.

Nome: José Franqueiro Casal.

NIF. 45905611-A.

Último enderezo coñecido: rúa Santa Uxía de Ribeira, 9 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña).

Contido: resolución pola que se acepta a renuncia á bolsa de estudos concedida ao abeiro da Resolución do 7 de agosto de 2007 pola que se establecen e se regulan os programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios durante o curso académico 2007/2008.