DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.178

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (548/2008).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos nº 548/2008, por instancia de Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) contra Antonio Matilla Fiaño sobre cantidades, nos cales recaeu a sentenza 144/2010 o 5 de maio de 2010, que copiada nos particulares di así:

«Que estimando a demanda formulada por Administrador de Infraestruturas Ferroviarias contra Antonio Matilla Fiaño, condeno a este a aboarlle a cantidade de 667,62 euros que lle debe.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, e débese anunciar previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Prevénse a empresa demandada que para interpor recurso debe acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 1533 0000 60 0548 08 de Banesto (0030) desta cidade denominada conta de Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150 euros en concepto de depósito (díxito 65); sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma a Antonio Matilla Fiaño, expido e asino esta cédula na Coruña o 30 de xuño de 2010.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial

COSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA