DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.178

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SETE DE VIGO

EDICTO (594/2008).

Francisco Rascado González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número sete de Vigo, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o doce de marzo de dous mil nove. Flora Lomo del Olmo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número sete de Vigo, vistos os autos seguidos neste xulgado co número 594/2008, por instancia de Jesús María Quintana Cruz, contra Paco Barreiro Diseño y Obras, S.L.

Decido que estimando a demanda promovida polo procurador Jesús González-Puelles Casal en nome e representación de Jesús Mª Quintana Cruz fronte á mercantil Paco Barreiro Diseño y Obras, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 3323,71 € mais os xuros legais correspondentes desde a data de interposición da demanda, con imposición das custas causadas. Esta resolución non é firme e contra ela poderase interpor recurso de apelación neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación. O dito recurso deberase acomodar aos trámites establecidos nos artigos 455 e ss. da Lei de axuizamento civil do 7 de xaneiro de 2000 por dispolo así a disposición transitoria 2ª da mencionada lei. Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Expídese este edicto co fin de que sirva de notificación ao demandado Paco Barreiro Diseño y Obras, S.L., declarado en situación de rebeldía e actualmente en paradoiro descoñecido.

Vigo, vinte e seis de abril de dous mil dez.

Francisco Rascado González

Secretario xudicial