DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.177

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (640/2009).

Xuízo: xuízo verbal 640/2009.

Parte demandante: Consuelo Mareque Rilo.

Parte demandada: Manuel Mareque Morao.

No xuízo citado ditouse a sentenza que no seu encabezamento e parte dispositiva é a seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número catro de Santiago de Compostela.

Sentenza: 78/2010.

Xuízo verbal número 640/2009.

En Santiago de Compostela o 19 de abril de 2010.

Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número catro de Santiago de Compostela, estes autos de xuízo verbal tramitados co número 640/2009, en que interviñeron como demandante Consuelo Mareque Rilo, representada pola procuradora dos tribunais sra. Sánchez Silva e asistida polo letrado sr. Ferreiro Casal, e como demandado Manuel Mareque Morao, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións:

DISPOÑO:

Estimar a demanda interposta por Consuelo Mareque Rilo e, en consecuencia, declárase o dominio que a esta lle corresponde, ao tela adquirido por prescrición adquisitiva extraordinaria, sobre o predio número 13 do plano xeral de concentración parcelaria, de natureza rústica destinada a monte, no sitio da Castellana, concello de Boqueixón, que estrema: norte, con Doleres Mouriño García; sur, Manuel Rilo Fernández; leste, camiño construído polo Servizo Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural; e oeste, Jesús Torres Espiño. Ten unha superficie de 18 áreas e vinte e unha centiáreas, así como respecto ao predio número 45 do plano xeral de concentración parcelaria, de natureza rústica dedicada a monte, no sitio do Quinto, concello de Boqueixón, que estrema: norte, con José Rey Carballo e Manuel Mareque Rilo; sur, camiño construído polo Servizo Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural; leste, Manuel Mareque Ferreiro e Antonia Pérez Dopazo e outros; e oeste, José

Mareque Moreno. Ten unha superficie de 11 áreas e 50 centiáreas, e unha vez que sexa firme esta resolución deberán expedirse os oficios procedentes ao Rexistro da Propiedade para a práctica das oportunas inscricións, todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, que se deberá preparar ante este xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación para a súa posterior resolución pola audiencia provincial, logo do depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por este edicto notifícase a sentenza ao demandado Manuel Mareque Morao.

Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil dez.

Nuria Barconez Agustín

Secretaria xudicial