DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.155

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

De conformidade coas competencias atribuídas no artigo cuarto, letra i) da Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde e do Decreto 444/2009, do 30 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2009 do persoal sanitario funcionario ao servizo da omunidade cautónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro (DOG nº 254, do 31 de decembro), despois da consulta coa representación sindical no seo da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, esta dirección resolve convocar concurso-oposición para o ingreso nas clases de farmacéuticos inspectores de saúde pública, inspectores farmacéuticos, inspectores médicos e subinspectores sanitarios da Consellería de Sanidade, consonte as seguintes bases:

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócase concurso-oposición para cubrir os postos de traballo das clases de farmacéuticos inspectores de saúde pública, inspectores farmacéuticos e inspectores médicos do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e Administración sanitaria, así como da clase de subinspectores sanitarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e Administración sanitaria, que se especifican no anexo I desta resolución.

2. O número de postos que se convocan neste proceso selectivo é o que se especifica para cada unha das clases no citado anexo I, con expresión dos de acceso libre e, de ser o caso, dos reservados para promoción interna e dos reservados para seren cubertos por persoas con discapacidade.

3. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e do artigo 3.2º do Decreto 444/2009, do 30 de decembro, resérvase un sete por cento do total de postos convocados en todas as clases para seren cubertos por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

Cando da aplicación da citada porcentaxe resulten fraccións decimales arredondarase por exceso para o seu cómputo.

No suposto de que os postos cubertos por persoas con discapacidade acaden unha taxa do tres por cento do total de postos convocados en cada clase, os postos non cubertos acumularanse aos restantes de acceso libre.

No suposto de que os postos cubertos por persoas con discapacidade non acadasen a taxa do tres por cento do total de postos convocados en cada clase, os postos non cubertos acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite dun doce por cento.

4. No caso de que algún/ha aspirante con discapacidade que se presentase pola quenda de reserva de persoas con discapacidade superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación definitiva fose superior á obtida por outros/as aspirantes da quenda de acceso libre, será incluído/a pola súa orde de puntuación na quenda de acceso libre.

5. De conformidade co previsto no artigo 63.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, reservarase un vinte e cinco por cento do total das prazas convocadas en cada unha das clases ofertadas, coa excepción da clase de subinspectores sanitarios, para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 puntos, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

Os postos da quenda de promoción interna que non sexan cubertos acumularanse aos da quenda de acceso libre.

6. Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da solicitude que presenten non se deducise a súa opción, serán excluídos/as na lista provisional de admitidos/as e excluídos/as que se publique. De non emendar o defecto da solicitude no prazo establecido na base cuarta, punto 3, serán incluídos/as de oficio na quenda de acceso libre. Xa que logo, tras a publicación da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración respecto diso.

Segunda.-Requisitos dos/as candidatos/as.

Todos os requisitos exixidos nesta base deberán ser posuídos polos/as aspirantes de calquera quenda de acceso na data en que finalice o prazo de presentación de instancias e terán que manterse ata a toma de posesión como persoal funcionario da Consellería de Sanidade.

O feito de figurar na relación definitiva de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/ás aspirantes a posesión dos requisitos exixidos no proceso que se convoca.

1. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso.

1) Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/as españois/as e dos/as nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e o dos/as nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os/as seus/súas descendentes e os/as do seu cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

2) Idade: ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter alcanzado a idade de sesenta e cinco anos.

3) Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

4) Habilitación: non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública, nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

No caso dos nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado, por sanción ou pena, para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin estar separado por sanción disciplinaria dalgunha das súas administracións ou servizos públicos.

5) Titulación: estar en posesión da titulación que, para cada unha das clases que se convocan, se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

6) Aboar as taxas por dereitos de exame, de ser o caso.

2. Persoas con discapacidade.

Ademais dos requisitos anteriores os/as aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grado de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

3. Promoción interna.

Ademais dos requisitos anteriores, os/as aspirantes que participen nesta quenda deberán posuír os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de funcionario/a de carreira do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, grupo A2, na escala de saúde pública e Administración sanitaria, no día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

b) Ter completado, polo menos, dous anos de servizos efectivos na Administración autonómica galega como funcionario de carreira do corpo e escala referidos no parágrafo anterior.

Terceira.-Solicitude e dereitos de exame.

1. Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante solicitude e aboar os dereitos de exame de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos:

a) Formalización da solicitude.

O modelo de solicitude estará á disposición dos/as interesados/as que desexen participar no proceso na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), premendo a icona emprego público, OPE 2008/2009, e deberán cubrir e imprimir o formulario que aparecerá nesta epígrafe.

O impreso xerado nesta epígrafe deberá presentarse no rexistro xunto co resto da documentación.

b) Formalización do pagamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e na Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, como requisito necesario para participar no proceso selectivo deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe da taxa que figura no anexo II e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo II. O dito impreso facilitarase aos interesados nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Estarán exentos/as do pagamento da taxa por dereitos de inscrición:

-As persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33%.

-As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%.

-As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, o mes anterior á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, sempre que no referido prazo non rexeitasen oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversións profesionais e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.

A non presentación deste anexo, en que figurará o selo da entidade bancaria coa indicación da data, determinará a exclusión do/a aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do CIXTEC (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul), entrar a servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa, que será o que se presente xunto coa solicitude. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación en tempo e forma da solicitude.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, os/as solicitantes poderán consultar nese enlace as preguntas frecuentes que responderán ao modo de solucionar as dúbidas habituais que poderían atopar.

2. Documentación: xunto coa solicitude de participación impresa, os/as aspirantes deberán presentar a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

Os/as aspirantes estranxeiros/as que residan en España deberán, ademais, presentar unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario/a ou de familiar de residente comunitario/a en vigor ou, de ser o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario/a ou de traballador/a comunitario/a fronteirizo/a en vigor.

Os/as aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, que non residan en España, ben por residir no estranxeiro ou por estar en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os/as familiares dos/as anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, no seu caso, do xustificante de solicitar a correspondente tarxeta ou xustificante de solicitar a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non solicitar estes documentos, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo do parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español/a, do/a nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e do/a nacional dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, co que existe este vínculo, de que non está separado/a de dereito do seu/súa cónxuxe e, de ser o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Xustificante de aboar os dereitos de exame.

c) As persoas exentas do pagamento das taxas deberán, ademais, presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/as aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

d) Para os efectos da exención prevista no anexo III desta convocatoria, presentarase xunto coa solicitud copia compulsada do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

3. O prazo para a presentación das solicitudes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, rematará o 15 de setembro de 2010, inclusive.

4. As solicitudes para participar no concurso-oposición poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán a seguir ao organismo competente.

5. Os/as aspirantes interesados/as en participar en varias clases das ofertadas deberán utilizar unha solicitude diferente para cada unha a que se presenten. Igualmente, pagarán o importe dos dereitos de exame correspondentes para cada unha das clases nun modelo de autoliquidación de taxas diferente.

6. Os/as aspirantes con discapacidade, opten ou non opten por participar na quenda reservada de persoas con discapacidade, poderán sinalar na solicitude as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, cando esta adaptación sexa necesaria. As referidas adaptacións non desvirtuarán, en ningún caso, o contido das probas de valoración da aptitude dos/as aspirantes.

7. En todo caso, a autoridade convocante reservarase o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/as aspirantes en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

8. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegados polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e é responsabilidade exclusiva do/a aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio daquel. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ditará unha resolución en que declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da súa exclusión.

2. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e terá que indicar o lugar ou lugares onde poderán examinarse as listas de admitidos e excluídos.

3. Os/as aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Non se poderá emendar a presentación da solicitud fóra do prazo habilitado para este efecto.

4. Á vista das peticións de reparación presentadas, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ditará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o dito órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

5. O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/ás interesados/as a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que deba presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puidiesen derivar da súa participación no proceso.

Quinta.-Tribunais.

1. A composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego.

2. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición, para cada unha das clases que se convocan, serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Correspóndenlles aos tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido dos exercicios e a cualificación dos/as aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas en orde para o correcto desenvolvemento das probas selectivas e a resolución de incidencias, polo que non poderán disolverse ata as correspondentes tomas de posesión dos/as aspirantes que resulten seleccionados.

3. Os tribunais serán únicos para cada clase. No entanto, o órgano convocante, en atención ao elevado número de aspirantes, poderá nomear unha comisión ou grupo de traballo para realizar as tarefas auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a súa actuación afecte as competencias e a autonomía dos tribunais de selección.

4. Os tribunais terán a súa sede, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

5. Os tribunais estarán compostos dun número de membros non inferior a cinco e deberá designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, a pertenza ao órganos de selección será sempre a título individual, sen poder posuír esta en representación ou por conta de ninguén.

Os/as membros dos tribunais terán a condición de persoal funcionario/a de carreira das administracións públicas no corpo ou escala para que se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

Os tribunais poderán propoñer ao órgano convocante a incorporación aos seus traballos dos/as asesores/as especialistas ou de apoio que consideren oportunos. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

6. Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou realicen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente clase nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

Igualmente, de conformidade co establecido no acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010, deberán abstenerse de intervenir neste proceso selectivo, en calquera dos tribunais de selección que se constitúan, no caso de que participe como aspirante o cónxuxe ou persoa con que manteñan análoga relación de afectividad e, ou ben algún parente ata o cuarto grao de consanguinidade ou segundo de afinidade.

O/a presidente/a deberá solicitar dos/as membros do tribunal declaración expresa de non estaren incursos/as nas circunstancias previstas no citado artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén realizada polos/as asesores/as especialistas previstos e polo persoal auxiliar que o tribunal incorpore aos seus traballos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os/as membros do tribunal cando concorran neles/as algunha das circunstancias previstas nesta base, conforme o artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A autoridade convocante publicará, de ser o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomeen os/as novos/as membros do tribunal que teñan que substituír os/as que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os/as substitutos/as daqueles/as.

8. Logo da convocatoria do/a presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá, para actuar validamente, a presenza da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

9. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG nº 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

Sexta.-Procedemento de selección.

O sistema de selección será o de concurso-oposición libre.

A) Fase de oposición.

1. A fase de oposición consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo III desta resolución. Superarán os exercicios da fase de oposición aqueles/as aspirantes que acaden o 50% da puntuación máxima asignada a cada unha das probas de carácter eliminatorio.

As respostas incorrectas, nos exercicios tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un 25% da puntuación asignada á resposta correcta.

Unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelle aos tribunais establecer os criterios de corrección deles.

2. Os tribunais adoptarán as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición tipo test sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes, excluíndose aqueles que teñan marcas ou figuras que permitan coñecer a identidade do/a opositor/a. Ao remate das probas tipo test entregarase a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame así como o cuestionario de preguntas. O cadro de respostas correctas publicarase con posterioridade ao exame.

3. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e á hora que se fixe nunha resolución da autoridade convocante, que terá que publicarse no Diario Oficial de Galicia, ademais de poder ser anticipada para efectos informativos na páxima web www.sergas.es, logo do acordo ao respecto do correspondente tribunal.

Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nun único chamamento, e serán excluídos/as do concurso-oposición os/as que non comparezan. En todo caso, para garantir a unidade de acto non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

Non obstante o anterior, o tribunal, por razóns de índole organizativa, poderá decidir executar en unidade de acto varios exercicios, e poderá alterar a súa orde de realización.

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios, non se poderán utilizar nin manipular aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto queda prohibido o acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao chamamento a mera tenza deles. Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

4. Cando se trate de exercicios que teñan que ser lidos ante o tribunal, a orde de chamamento dos/as aspirantes para a realización do acto de lectura que, en todo caso, deberá ser pública, iniciarase por aqueles/as cuxo primeiro apelido comece pola letra M, de conformidade co establecido na resolución da Consellería de Facenda do 26 de xaneiro de 2010 (DOG nº 20, do 1 de febreiro).

5. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as polos membros do tribunal coa finalidade de acreditar a súa personalidade. Se o tribunal tivese coñecemento de que algún/nha dos/as aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos exixidos por esta convocatoria, logo da audiencia do/a interesado/a, debe propoñer a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades en que puidesen incorrer os/as aspirantes, para os efectos procedentes.

6. Establécese un prazo único de cinco días hábiles seguintes á publicación dos cadros provisionais de respostas para que os/as interesados/as poidan presentar reclamacións contra os exercicios.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente, de xeito argumentado, xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Neste caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións dos distintos exercicios.

7. Tras a publicación das puntuacións dos exercicios da fase de oposición, os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da dita publicación unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas dos distintos exercicios.

8. Sen prexuízo do carácter eliminatorio dos distintos exercicios da fase de oposición, poderán superar a fase de oposición un número de aspirantes superior ao de postos convocados en cada clase.

B) Fase de concurso.

1. Rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia en que se declarará rematada a fase de oposición e abrirá un prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da dita publicación para que todos/as os/as aspirantes que superasen a fase de oposición acheguen inescusablemente, nos lugares indicados na base terceira punto 4, a seguinte documentación, pois do contrario quedarían excluídos do proceso selectivo:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou pasaporte. Os/as aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia compulsada do documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente clase.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

c) De ser o caso, certificación de servizos prestados, solicitada nas xefaturas territoriais de Sanidade, con referencia ao último día, inclusive, do prazo de presentación de solicitudes.

d) Os/as participantes que accedan pola quenda de promoción interna deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos na base segunda punto 3 desta resolución.

e) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán presentar, ademais, certificación compulsada acreditativa da súa condición.

2. O tribunal valorará, segundo as certificacións citadas, o tempo de servizos prestados para a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Sáude como persoal interino na clase correspondente de conformidade co seguinte:

Para a clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública, tendo en conta o disposto pola disposición transitoria sexta, parágrafo segundo, do Decreto 202/2005, do 7 de xullo, polo que se crea a clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública, valoraranse ademais os servizos prestados como persoal interino da clase de farmacéuticos titulares, e os prestados na clase de licenciados en farmacia que ocuparon postos de traballo de inspectores farmacéuticos de saúde pública na relación de postos de traballo referente a corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

Para as clases de inspectores farmacéuticos, inspectores médicos e subinspectores sanitarios valoraranse ademais os servicios desempeñados en postos de inspección sanitaria na Administración estatal, ISM ou Insalud, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, valoraranse os servizos prestados como persoal laboral temporal desempeñando funcións propias da correspondente clase.

Para as clases de farmacéuticos inspectores de saúde pública e inspectores médicos e de conformidade coa disposición transitoria segunda da Lei 17/1989, do 23 de outubro, o cómputo da baremación establecerase mediante a aplicación do 0,75% da puntuación total alcanzable na fase de oposición, por cada mes de servizos prestados, ata un máximo do 45% da puntuación total da dita fase de oposición. Coas fraccións de mes debidamente totalizadas efectuarase unha división enteira entre 30.

Para as clases de inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios e de conformidade co establecido no artigo 38.2º do Decreto lexislativo 1/2009, do 13 de marzo, o cómputo da baremación establecerase mediante a aplicación do 0,65% da puntuación total alcanzable na fase de oposición, por cada mes de servizos prestados, ata un máximo do 40% da puntuación total da dita fase de oposición. Coas fraccións de mes debidamente totalizadas efectuarase unha división enteira entre 30.

Se algún/nha aspirante non achegase calquera tipo de mérito, o tribunal, de oficio, outorgaralle cero puntos na fase de concurso.

3. Os méritos da fase de concurso entenderanse referidos ao día de finalización do prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte neste concurso-oposición.

4. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición.

Contra a baremación os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas da fase de concurso.

5. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación acadada, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas as dúas. A dita relación indicará as diferentes quendas de acceso, así como os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as, elevando esta relación á autoridade convocante.

6. O sistema de desempate efectuarase a prol do/a aspirante que teña a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e, de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo á súa orde de realización. De persistir aínda o empate, dirimirase a prol do/a aspirante con maior puntuación na fase de concurso. Por último, decidirá a maior idade do/a aspirante.

7. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá ser aplicada para superar a fase de oposición.

8. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ao de postos convocados. Tal declaración será nula de pleno dereito.

9. Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os/as aspirantes seleccionados/as que, sen causa xustificada, non tomen posesión do posto correspondente.

Neste suposto cubriranse os ditos postos cos/as aspirantes que cumpran as condicións exixidas nestas bases, que superaron a fase de oposición e non foron seleccionados/as inicialmente. A dita cobertura realizaraa a autoridade convocante segundo a orde de puntuación acadada polos/as aspirantes no proceso selectivo, e queda expresamente facultada para, nestes supostos, alterar a proposta inicial do respectivo tribunal.

O persoal así seleccionado deberá cumprir igualmente os trámites previstos nesta base para o resto do persoal seleccionado.

Sétima.-Adxudicación de destinos.

1. Os/as aspirantes seleccionados/as definitivamente que viñesen ocupando postos de traballo adscritos á correspondente clase como persoal interino, continuarán desempeñando o seu posto de traballo co carácter de destino provisional como funcionarios/as de carreira ata que se lle adxudique destino definitivo mediante o correspondente concurso de traslados que se realizará con posterioridade, e que se considerará para todos os efectos como o previsto na disposición transitoria quinta da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

2. O resto dos/as aspirantes seleccionados/as que non estean incluídos no número un desta base serán convocados pola Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino provisional nas vacantes resultantes, pola orde da puntuación final acadada no presente concurso-oposición.

3. Os destinos definitivos outorgaranse mediante o correspondente concurso de traslados, no cal, obrigatoriamente, terán que participar todos os/as aspirantes que resultasen seleccionados no proceso selectivo, coa obriga de solicitar todas as vacantes existentes, pola orde de saída da oposición.

4. En todo caso, tanto na adxudicación provisional como no concurso de traslados posterior, terán preferencia para cubrir as vacantes os/as aspirantes seleccionados/as que accedan polo sistema de promoción interna.

5. Só para os efectos de elección de destinos, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante a alteración da orde de prelación para a elección dos postos de traballo por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a dita alteración cando estea debidamente xustificado, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

6. A toma de posesión do posto de traballo polo persoal seleccionado no presente concurso-oposición levará aparellado, se é o caso, o cesamento do persoal interino que veña desempeñando temporalmente o posto de traballo.

Oitava.-Norma derradeira.

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar o concurso-oposición e os/as que participen nel.

2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante esta dirección.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Igualmente, a Administración poderá, de ser o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme o previsto nas leis.

5. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria e sucesivos actos do proceso selectivo serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de citación aos posibles interesados.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2010.

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego

de Saúde

Ver referencia pdf "14900D012P035.PDF"

ANEXO II

Instruccións para a correcta cumplimentación

¿Onde obter o formulario de solicitude de inscrición?

Para obter/cubrir o formulario de solicitude de inscrición no proceso de OPE 2008/2009, poderá facelo por algunha das seguintes vías:

1. Cubrir o formulario electrónico publicado na páxina web do Servizo Galego de Saúde (a máis recomendable para o procesamento da información).

a) Acceda á páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

b) Na páxina inicial, na epígrafe Recursos Humanos, prema na epígrafe OPE 2008/2009.

c) Na epígrafe Impresos para a participación no proceso, na liña Solicitude de participación, faga clic en Cubrir o formulario de participación.

d) Neste punto abrirase un formulario en que vostede poderá cubrir os datos da solicitude.

e) Unha vez cubertos, utilice a opción Imprimir que aparece ao final do formulario. (A opción aparece a continuación dos textos e avisos se non o ve inmediatamente na pantalla, móvase coa barra de scroll ao final do formulario).

f) A opción Imprimir xera tres páxinas:

a. 2 copias do formulario, unha para entregar no rexistro e outra para o interesado.

b. 1 páxina coa información relativa ás taxas que debe aboar. Atención: esta páxina é unicamente informativa, debe cubrir e aboar as taxas.

2. Descargar o modelo de solicitude da páxina web do Servizo Galego de Saúde.

a) Acceda á páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

b) Na páxina inicial, na epígrafe Recursos Humanos, prema na epígrafe OPE 2008/2009.

c) Na epígrafe Impresos para a participación no proceso, na liña Solicitude de participación, faga clic en Descargar o modelo de solicitude e abrirase o formulario na pantalla (en formato Acrobat), imprímao, cúbrao e presénteo no rexistro. Nota: para quedarse cunha copia, faga fotocopia do modelo unha vez cuberto.

3. Obter copia orixinal do modelo.

a) Será válida tamén a presentación do formulario do modelo impreso orixinal (non fotocopiado) a que se refire o punto anterior, dispoñible nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, xunto coas instrucións para a súa cobertura.

En calquera caso, recorde que:

Unha vez impreso o formulario de solicitude de participación debe ser presentado no rexistro xunto coa documentación solicitada:

-Fotocopia do NIF/DNI/pasaporte.

-Xustificante de liquidación ou exención/bonificación de taxas.

Ao seren ambos documentación obrigatoria, a non presentación no rexistro desta documentación será motivo de exclusión deste proceso selectivo.

Farmacéuticos inspectores de saúde pública, inspectores famacéuticos e inspectores médicos: 40,74 €.

Subinspectores sanitarios: 35,08 €.

ANEXO III

a) Clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública.

1º exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 10 preguntas de reserva, sobre o contido do programa nun prazo máximo de 180 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do seu valor.

2º exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 45 preguntas tipo test, de supostos prácticos, con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre os temas da parte II do programa con contido relacionado coas funcións propias da clase, nun prazo máximo de 90 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do seu valor.

3º exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio valorarase de 0 a 10 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos cales se lles asignarán 10 puntos.

B) Clase de inspectores farmacéuticos e inspectores médicos:

1º exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 90 preguntas con catro respostas alternativas, máis 10 preguntas de reserva, sobre o contido da parte I do programa, nun prazo máximo de 180 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do seu valor.

2º exercicio (eliminatorio):

Nun prazo máximo de 180 minutos, os aspirantes terán que desenvolver por escrito 2 temas, elixidos entre os 3 sorteados ao chou polo tribunal, relativos á parte II do programa.

Neste exercicio valoraranse, especialmente, o coñecemento e a orde de ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Posteriormente, os/as aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública perante o tribunal, que poderá dialogar co opositor durante 10 minutos sobre aspectos dos temas desenvolvidos.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do seu valor.

3º exercicio (eliminatorio):

Resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos propostos polo tribunal, relacionados co contido de calquera parte ou partes do programa no tempo máximo de 180 minutos. Para a realización deste exercicio, os/as aspirantes poderán utilizar toda clase de textos que se consideren axeitados, sempre que non sexan comentados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática, a claridade de ideas e o conxunto de razoamentos utilizados polo aspirante.

Este exercicio será valorado de 0 a 40 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do seu valor.

4º exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio valorarase de 0 a 10 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos cales se lles asignarán 10 puntos.

C) Clase de subinspectores sanitarios.

1º exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 90 preguntas con respostas alternativas, máis 10 preguntas de reserva, sobre o contido da parte I do programa, nun prazo máximo de 180 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do seu valor.

2º exercicio (eliminatorio):

Nun prazo máximo de 180 minutos, os/as aspirantes terán que desenvolver por escrito 2 temas, elixidos entre os 3 sorteados ao chou polo tribunal, relativos á parte II do programa.

Neste exercicio valoraranse, especialmente, o coñecemento e a orde de ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Posteriormente, os/as aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública ante o tribunal, que poderá dialogar co opositor durante 10 minutos sobre aspectos dos temas desenvolvidos.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do seu valor.

3º exercicio (eliminatorio):

Resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos propostos polo tribunal, relacionados co contido de calquera parte ou partes do programa no tempo máximo de 180 minutos. Para a realización deste exercicio, os/as aspirantes poderán utilizar toda clase de textos que se consideren axeitados, sempre que non sexan comentados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática, a claridade de ideas e o conxunto de razoamentos utilizados polo aspirante.

Este exercicio será valorado de 0 a 40 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do seu valor.

4º exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio valorarase de 0 a 10 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos cales se lles asignarán 10 puntos.

ANEXO IV

Programa

Farmacéuticos inspectores de saúde pública.

Parte I.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno do Estado. Órganos de control da Administración. O Tribunal Constitucional.

Tema 3. Concepto de Administración pública. A Administración e a función lexislativa. As fontes do dereito.

Tema 4. Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. Competencias sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 5. O Goberno da comunidade autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente. As consellerías: organización e estrutura. A Administración periférica da comunidade autónoma.

Tema 6. O Parlamento de Galicia. O Consello Consultivo. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo. Consello de Contas. Consello Económico Social.

Tema 7. As administracións locais. Organización e competencias. Especial referencia a competencias de carácter sanitario.

Tema 8. A Unión Europea e as súas institucións: O Consello, o Parlamento, a Comisión e o Tribunal de Xustiza.

Tema 9. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: concepto e natureza. Ámbito de aplicación e procedementos informadores. Iniciación, ordenación, instrución e terminación. Os procedementos especiais.

Tema 10. A Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal.

Tema 11. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Tema 12. A Lei 17/1989 de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da comunidade autónoma: A clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública.

Tema 13. A Lei xeral de sanidade. O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde .

Tema 14. A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. As actuacións en materia de saúde pública.

Tema 15. Estrutura e funcións da Administración sanitaria pública autonómica de Galicia: Consellería de Sanidade.

Tema 16. Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios: o ámbito de aplicación e os dereitos básicos. A potestade sancionadora.

Tema 17. Organismos internacionais: as axencias comunitarias (EEA, ECHA, EFSA), a Organización Mundial da Saúde. Misión e funcións.

Tema 18. Xestión da calidade. Modelos de xestión de calidade. Normas ISO. Sistemas de acreditación e certificación da calidade.

Parte II.

Tema 19. A saúde pública. Concepto, funcións e organización. Sistemas de información sanitaria: concepto, aplicacións.

Tema 20. Concepto de saúde e enfermidade. Determinantes da saúde. Modelos conceptuais. A medida do nivel de saúde. Indicadores e índices de saúde. Perfís de saúde. Demografía sanitaria.

Tema 21. Promoción da saúde. Educación para a saúde: conceptos e tendencias actuais. Papel dos medios de comunicación social.

Tema 22. Estatística descritiva, inferencial e avanzada. Conceptos xerais. Teoría elemental da mostraxe: conceptos e métodos.

Tema 23. Epidemioloxía. Concepto e usos. Medidas de frecuencia da enfermidade. Medidas de asociación. Validez da medición. Sensibilidade, especificidade, valores preditivos e probas de verosimilitude.

Tema 24. Estudos epidemiolóxicos: clases, tipos, estruturas e características.

Tema 25. A vixilancia epidemiolóxica. Principais métodos de vixilancia. A organización da vixilancia epidemiolóxica en España e en Galicia.

Tema 26. Saúde ambiental: conceptos básicos. Riscos ambientais para a saúde.

Tema 27. Actuacións dos servizos de inspección: elaboración de actas. Toma de mostras. Controis. Recursos para a toma de decisións na inspección. Infraccións e sancións en materia sanitaria. Lexislación.

Tema 28. Enfermidades de transmisión hídrica. Causas e prevención. Abrochos hídricos. Actuacións sanitarias ante a súa aparición.

Tema 29. Augas de consumo humano: métodos de potabilización. Aspectos microbiolóxicos e químicos das augas de consumo. Alteracións da calidade sanitaria das augas potables de consumo público. Riscos para a saúde pública.

Tema 30. Augas de consumo humano: lexislación vixente. Programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano da Comunidade Autónoma de Galicia (2008-2012). O Sistema de Información Nacional de Auga de Consumo.

Tema 31. Regulación das augas mineromedicinais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios.

Tema 32. Augas residuais: sistemas de evacuación e tratamento. EDAR e fosas sépticas. Aspectos sanitarios, riscos sanitarios e ambientais. Depuración e rexeneración.

Tema 33. Zonas de baño de carácter marítimo e continental. Vixilancia e control sanitario. Lexislación.

Tema 34. Piscinas de uso colectivo. Regulamentación técnico-sanitaria. Vixilancia e control sanitario. Lexislación.

Tema 35. Prevención e control da lexionela. Ecoloxía bacteriana, epidemioloxía da lexionelose. Instalacións de risco fronte á lexionelose. Lexislación vixente.

Tema 36. Requisitos hixiénico-sanitarios dos establecementos que realizan prácticas de tatuaxes, micropigmentación e piercing. Lexislación.

Tema 37. Bronceado artificial mediante radiación ultravioleta. Lexislación.

Tema 38. Policía sanitaria mortuoria. Lexislación.

Tema 39. Cámpings e campamentos xuvenís. Requisitos hixiénico-sanitarios.

Tema 40. Pragas e vectores. Principais enfermidades de transmisión vectorial. Desinfección, desinsectación e desratización.

Tema 41. Biocidas. Clasificación. Procedementos de notificación e autorización. Lexislación.

Tema 42. Establecementos e servizos de biocidas. Aplicadores. Lexislación.

Tema 43. Substancias e preparados perigosos. Clasificación, envasamento e etiquetaxe. Fichas de seguridade.

Tema 44. Regulamento europeo sobre rexistro, avaliación, autorización e restrición de compostos químicos (REACH): principios básicos. Sistema de intercambio rápido de información sobre produtos químicos.

Tema 45. Deterxentes e limpadores. Requisitos de fabricación e comercialización. Lixivias. Lexislación.

Tema 46. Residuos sanitarios. Orixe e clasificación. Plan de xestión de residuos. Lexislación. Procedemento de transporte e eliminación.

Tema 47. Seguridade alimentaria: contaminación biótica e abiótica dos alimentos. Abrochos alimentarios. Factores contribuíntes.

Tema 48. Análise de perigos e puntos de control crítico. Fundamentos. Sistemática xeral para a súa implantación.

Tema 49. Principios e requisitos xerais da lexislación alimentaria.

Tema 50. Os controis oficiais efectuados para garantir a verificación do cumprimento da lexislación en materia de alimentos. Sistema coordinado de intercambio rápido de información.

Tema 51. Normas xerais de hixiene aplicables aos operadores da empresa alimentaria nas fases posteriores á produción primaria.

Tema 52. Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos. Normativa.

Tema 53. Materiais en contacto cos alimentos. Control sanitario.

Tema 54. Produtos dietéticos e complementos alimenticios. Definición, tipos, rexistro, etiquetaxe e publicidade.

Tema 55. Saúde laboral: prevención de riscos laborais. Normativa.

Tema 56. Función do organismo responsable en materia de sanidade nos procesos de avaliación de impacto ambiental (EIA) e autorización ambiental integrada.

Inspectores farmacéuticos e inspectores médicos.

Parte I.

Tema 1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Os principios constitucionais. Os dereitos fundamentais e a súa especial protección. O poder xudicial: a regulación constitucional da xustiza. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. A Administración pública: concepto, principios constitucionais. A organización territorial do Estado. A Administración xeral do Estado. As comunidades autónomas. Distribución de competencias. A coordinación entre as distintas administracións públicas.

Tema 3. A Unión Europea: antecedentes, natureza xurídica, obxectivos. As institucións da Unión Europea.

Tema 4. As fontes do dereito comunitario: tipoloxía, características e efectos. O dereito comunitario e o ordenamento xurídico dos Estados membros: relacións entre ambos.

Tema 5. A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior: a súa incorporación á lexislación estatal e autonómica. A súa incidencia no ámbito sanitario.

Tema 6. A integración sanitaria en Europa. As actuacións da UE en materia sanitaria. Adaptación aos regulamentos comunitarios en materia sanitaria. Coordinación e harmonización en materia de seguridade social.

Tema 7. O Estatuto de autonomía de Galicia: natureza, estrutura e contido. As institucións de autogoberno. Organización administrativa e territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 8. As competencias sanitarias do Estado. Sanidade exterior. As relacións sanitarias internacionais. A Organización Mundial da Saúde. O Regulamento sanitario internacional.

Tema 9. O Ministerio de Sanidade e Política Social: estrutura e competencias. Os organismos dependentes.

Tema 10. O Ministerio de Traballo e Inmigración: estrutura e competencias. Os órganos directivos da Seguridade Social. O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Tema 11. O Instituto Nacional da Seguridade Social: órganos de dirección e funcións. A Tesouraría Xeral da Seguridade Social: organización e funcións.

Tema 12. As mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social: constitución, competencias e ámbito de actuación. A colaboración das empresas na xestión da Seguridade Social.

Tema 13. As competencias sanitarias das comunidades autónomas. O financiamento sanitaria: os fondos específicos e de compensación interterritorial.

Tema 14. O dereito á protección da saúde. A Lei xeral de sanidade: obxecto e contido. O Sistema Nacional de Saúde: estrutura e principios xerais.

Tema 15. A Lei de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde: disposicións xerais. O catálogo de prestacións do Sistema Nacional de Saúde. Planificación e formación de recursos humanos do Sistema Nacional de Saúde.

Tema 16. O sistema de información sanitaria do Sistema Nacional de Saúde. Axencia de Calidade do Sistema Nacional de Saúde. A participación social no Sistema Nacional de Saúde. A coordinación no Sistema Nacional de Saúde: o Consello Interterritorial.

Tema 17. O exercicio das profesións sanitarias: a Lei de ordenación das profesións sanitarias. A formación dos profesionais sanitarios: a formación pregraduada, a formación especializada en ciencias da saúde e a formación continuada. O desenvolvemento profesional e o seu recoñecemento. O exercicio privado das profesións sanitarias.

Tema 18. Principios da protección de datos: a Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal. Dereitos das persoas. Ficheiros de titularidade pública. A Axencia de Protección de Datos.

Tema 19. A Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas competentes en materia sanitaria. Dereitos e obrigas dos traballadores.

Tema 20. Os servizos de prevención. Regulamento dos servizos de prevención. As competencias da autoridade sanitaria establecidas no Regulamento dos servizos de prevención: normativa autonómica. Criterios básicos sobre a organización de recursos para a actividade sanitaria dos servizos de prevención alleos e propios. O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Tema 21. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios xerais. O procedemento administrativo: concepto, natureza e caracterización. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Eficacia e validez dos actos administrativos. Órganos das administracións públicas: principios xerais e competencias; abstención e recusación.

Tema 22. O Estatuto básico do empregado público. Réxime xurídico do persoal ao servizo das administracións públicas. Incompatibilidades.

Tema 23. A seguridade social en España: a Lei de bases da seguridade social. O modelo de seguridade social na Constitución española. O texto refundido da Lei xeral de seguridade social de 1994: contido e vixencia.

Tema 24. A acción protectora da seguridade social. As prestacións da seguridade social: contido e clasificación. Requisitos xerais do dereito ás prestacións.

Tema 25. A protección contributiva por xubilación. Feito causante e condicións para o dereito á pensión por xubilación. Incompatibilidade. Extinción e suspensión da pensión de xubilación.

Tema 26. A protección contributiva por morte e supervivencia: clases de prestacións. Requisitos para o dereito a estas prestacións.

Tema 27. As prestacións de xubilación e invalidez non contributivas: clases de prestacións. Beneficiarios e condicións de recoñecemento. As prestacións familiares por fillo a cargo.

Tema 28. A protección por desemprego. Tipos de prestacións por desemprego: requisitos e contido destas.

Tema 29. O réxime xeral e os réximes especiais da seguridade social: Muface, Isfas, Mugeju.

Tema 30. A asistencia sanitaria a estranxeiros en España: bases normativas. Modalidades da prestación sanitaria aos estranxeiros: Lei de estranxeira.

Tema 31. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo.

Tema 32. Provisión de prazas, selección e promoción interna do persoal estatutario. Mobilidade do persoal estatutario. Carreira profesional. Réxime retributivo.

Tema 33. Situacións do persoal estatutario. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Incompatibilidades.

Tema 34. Economía sanitaria: conceptos básicos. A oferta e a demanda sanitaria. Natureza económica dos servizos sanitarios. Características do mercado dos servizos sanitarios. Coexistencia do sector público e privado na provisión de servizos sanitarios.

Tema 35. Modelo de financiamento da asistencia sanitaria da Seguridade Social española. Evolución histórica. Estudio comparativo con outros países europeos. O financiamento dos medicamentos no sistema sanitario público.

Tema 36. O dereito ao traballo: Estatuto dos traballadores. Breve referencia a seu ámbito de aplicación e contido. O persoal laboral ao servizo da Administración pública galega. Réxime disciplinario.

Tema 37. O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia: texto refundido da Lei de función pública de Galicia. Os órganos da función pública. Organización da función pública. Corpos de persoal funcionario. Relación de postos de traballo, provisión, plans de emprego e oferta de emprego público. O acceso á función pública.

Tema 38. Réxime xurídico da función pública: adquisición e perda da condición de funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Situacións administrativas do persoal funcionario.

Tema 39. A carreira administrativa do persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Réxime retributivo. Licenzas, vacacións e permisos. Réxime disciplinario.

Tema 40. A Lei de saúde de Galicia. Os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía. Intervencións públicas que garanten os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía. Infraccións e sancións.

Tema 41. O Sistema Público de Saúde de Galicia. Principios reitores do seu funcionamento. Prestacións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia. Planificación e ordenación territorial. O sistema de información de saúde e a avaliación do sistema de saúde de Galicia.

Tema 42. As competencias do Sistema Público de Saúde de Galicia. Relacións do sistema Público de Saúde de Galicia coa Administración xeral do Estado, con outras comunidades autónomas e coa Unión Europea.

Tema 43. O sector privado de atención sanitaria: relacións co Sistema Público de Saúde de Galicia. Garantía dos dereitos no sector sanitario privado.

Tema 44. O Servizo Galego de Saúde: principios xerais, órganos de administración. Réxime xurídico. Instrumentos de organización e xestión. Réxime patrimonial e medios materiais. Réxime financeiro, orzamentario e contable.

Tema 45. A estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde. Órganos periféricos de dirección: as áreas sanitarias. Delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde.

Tema 46. Os empregados públicos da saúde do Sistema Público de Saúde de Galicia: réxime xurídico. Planificación e ordenación dos recursos humanos. Selección, provisión e promoción interna. Xornada de traballo e retribucións. Carreira profesional.

Tema 47. A organización da saúde pública no Sistema Público de Saúde de Galicia. A coordinación interdepartamental da atención sociosanitaria. Docencia e investigación: Escola Galega de Administración Sanitaria, Instituto Galego de Investigación Sanitaria.

Tema 48. A Consellería de Sanidade: estrutura orgánica. Os servizos centrais. A Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación.

Tema 49. Os órganos colexiados da Consellería de Sanidade. Os órganos periféricos da Consellería de Sanidade: departamentos territoriais. Os servizos de inspección de servizos sanitarios. Delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade.

Tema 50. A estatística sanitaria: conceptos xerais. Importancia nas ciencias da saúde. Poboación e mostra: concepto. Tipos e métodos de mostraxe.

Tema 51. Estatística descritiva. Variables continuas e discretas. Distribución de frecuencias. Representación gráfica. Medidas de centralización e de dispersión.

Tema 52. Estatística analítica. A inferencia estatística. A estimación. Métodos de estimación.

Tema 53. Epidemioloxía: conceptos xerais. Fontes de información. As variables en epidemioloxía. Causalidade. Os erros nos estudos epidemiolóxicos. Identificación e control de resgos.

Tema 54. Os estudos epidemiolóxicos. Tipos de estudos epidemiolóxicos. Características principais dos estudos transversais, casos-control, cohortes, experimentais e case experimentais.

Tema 55. A vixilancia epidemiolóxica: métodos de vixilancia epidemiolóxica. A Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica. Declaración obrigatoria das enfermidades.

Tema 56. A informática: conceptos básicos. Tratamento de textos. A base de datos. A folla electrónica de cálculo. O paquete estatístico. Dispositivos de almacenamento de datos.

Tema 57. Aplicación da informática no ámbito da saúde. O uso da internet en sanidade: as principais bases de datos de bibliografía médica: acceso e utilidade.

Tema 58. Socioloxía sanitaria. Estrutura e dinámica social. Técnicas de investigación social. Aplicacións na saúde pública.

Tema 59. Demografía sanitaria: conceptos básicos. Fontes de datos. Demografía estática. Estrutura das poboacións.

Tema 60. Demografía dinámica. Principais índices e taxas. Importancia da demografía na saúde pública.

Parte II.

Inspectores farmacéuticos.

Tema 61. A inspección de servizos sanitarios nas comunidades autónomas. Estrutura organizativa e funcións da Inspección de Servizos Sanitarios en Galicia. O Plan anual de inspección.

Tema 62. Planificación sanitaria: definición e conceptos básicos. Tipos de planificación para a saúde. As etapas do proceso de planificación.

Tema 63. Estudo das necesidades sanitarias da poboación. Métodos e técnicas de determinación de necesidades. A determinación de prioridades: métodos e técnicas.

Tema 64. O Plan de Saúde como instrumento da planificación sanitaria. Estudo especial do Plan de Saúde de Galicia.

Tema 65. Organización da atención primaria en Galicia. As xerencias de atención primaria: estrutura e funcións.

Tema 66. Organización da atención especializada en Galicia. Órganos de dirección. A coordinación entre niveis asistenciais.

Tema 67. A atención sanitaria urxente. As urxencias extrahospitalarias en Galicia. O 061. A atención sociosanitaria en Galicia: acreditación e concertación de centros sociosanitarios.

Tema 68. Concepto de calidade sanitaria. Control, aseguramento e mellora continua da calidade. Principais modelos de control externo da calidade no ámbito da saúde.

Tema 69. A acreditación como instrumento de verificación externa da calidade asistencial. Marco conceptual da acreditación de organizacións sanitarias. As experiencias internacionais. A acreditación docente en España. A acreditación sanitaria en Galicia.

Tema 70. As ferramentas de traballo da acreditación. Definición de criterios e estándares. Metodoloxía de elaboración. O manual de acreditación. O equipo de auditoría. Criterios e cualificación. A visita de acreditación. A elaboración do informe de auditoría. A análise dos resultados. O órgano de acreditación. A emisión do ditame. O Plan de seguimento.

Tema 71. Bases xerais sobre a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios. A autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios en Galicia: normativa legal.

Tema 72. A carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde: contido e procedemento para a súa actualización. A carteira de servizos complementaria das comunidades autónomas. Sistema de información sobre a carteira de servizos.

Tema 73. A prestación farmacéutica no Sistema Nacional de Saúde: normativa reguladora.

Tema 74. Os produtos sanitarios: concepto, tipo e requisitos básicos. Os efectos e accesorios como parte da prestación farmacéutica: normativa reguladora.

Tema 75. As fórmulas maxistrais como parte da prestación farmacéutica. Elaboración e control de calidade das fórmulas maxistrais e preparados oficinais: normativa estatal e autonómica. O Formulario nacional e a Real farmacopea española.

Tema 76. Vacinas e demais medicamentos biolóxicos. Medicamentos de orixe humano. Medicamentos de terapia avanzada. Normativa reguladora.

Tema 77. Radiofármacos. Medicamentos con substancias psicoactivas con potencial aditivo. Medicamentos homeopáticos. Normativa reguladora.

Tema 78. Medicamentos de plantas medicinais. Gases medicinais. Normativa reguladora.

Tema 79. Os medicamentos de uso humano fabricados industrialmente: procedemento de autorización, rexistro e condicións de dispensación. Medicamentos non substituíbles polo farmacéutico na dispensación.

Tema 80. Farmacovixilancia de medicamentos de uso humano. Rede Galega de Alerta sobre Riscos Relacionados cos Medicamentos e Produtos Sanitarios de Uso Humano.

Tema 81. Os medicamentos de uso veterinario: normativa reguladora. Procedemento de autorización, rexistro e farmacovixilancia dos medicamentos veterinarios fabricados industrialmente.

Tema 82. A prestación ortoprotésica. Concepto. Normativa que a regula. Estudo da prestación ortoprotésica en Galicia.

Tema 83. O concerto para a prestación farmacéutica polas oficinas de farmacia: obxecto e contido.

Tema 84. A receita médica: Ordenamento lexislativo. A receita médica oficial no Sistema Nacional de Saúde e en Galicia: normativa reguladora.

Tema 85. As receitas oficiais de estupefacientes: normativa estatal e autonómica.

Tema 86. A receita electrónica: a súa implantación en Galicia. Normativa reguladora.

Tema 87. A homologación sanitaria de receitas oficiais: procedemento para a formalización da homologación sanitaria de receitas oficiais. O informe clínico para a homologación sanitaria de receitas oficiais.

Tema 88. A achega do asegurado no pagamento da prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde. Diversos réximes: normativa que a regula.

Tema 89. A tarxeta sanitaria individual. A tarxeta sanitaria en Galicia. Uso da tarxeta sanitaria para o acceso á prestación farmacéutica.

Tema 90. Os reintegros de gastos: regulación na Comunidade Autónoma de Galicia. Os reintegros de gastos de produtos farmacéuticos.

Tema 91. A Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios: ámbito e contido.

Tema 92. O sistema de prezos de referencia no financiamento de medicamentos prescritos e dispensados a través de receita médica oficial no Sistema Nacional de Saúde: normativa reguladora.

Tema 93. As marxes, deducións e descontos correspondentes á distribución e dispensación de medicamentos de uso humano. As deducións correspondentes á dispensación de medicamentos de uso humano con cargo ás mutualidades de funcionarios.

Tema 94. A ordenación e planificación farmacéutica: Lei 16/1997, do 25 de abril, de regulación de servizos das oficinas de farmacia.

Tema 95. A ordenación farmacéutica na Comunidade Autónoma de Galicia: a Lei 5/1999, do 21 de maio.

Tema 96. As oficinas de farmacia en Galicia: planificación, apertura, traslado, peche e transmisión.

Tema 97. O mapa farmacéutico e a delimitación territorial para a autorización de novas oficinas de farmacia conforme módulos de poboación: normativa en Galicia.

Tema 98. Horarios de funcionamento, quendas de urxencia e vacacións das oficinas de farmacia en Galicia: normativa reguladora.

Tema 99. A sinalización, información e publicidade das oficinas de farmacia. A identificación do persoal facultativo e auxiliar nas oficinas de farmacia. Regulación en Galicia.

Tema 100. Delegación de competencias nos colexios oficiais de farmacéuticos da Comunidade Autónoma de Galicia en relación coas oficinas de farmacia. Requisitos e procedemento de autorización das boticas anexas en Galicia.

Tema 101. Os almacéns farmacéuticos e a distribución ao por maior de medicamentos de uso humano e produtos farmacéuticos: normativa reguladora.

Tema 102. Os laboratorios farmacéuticos: réxime de autorización. Garantía de calidade na fabricación dos medicamentos: normas de correcta fabricación.

Tema 103. Os servizos de farmacia nos hospitais. Os depósitos de medicamentos. Servizos de farmacia e depósitos de medicamentos na atención primaria. Regulación en Galicia.

Tema 104. Os ensaios clínicos con medicamentos: normativa reguladora no ámbito estatal. A dispoñibilidade de medicamentos en situacións especiais: uso compasivo de medicamentos en investigación, uso de medicamentos en situacións diferentes ás autorizadas, acceso a medicamentos non autorizados en España.

Tema 105. Principios e directrices de boa práctica clínica na realización de ensaios clínicos con medicamentos en investigación de uso humano. Requisitos para a autorización da fabricación ou importación de medicamentos en investigación de uso humano.

Tema 106. Os ensaios clínicos en Galicia: normativa reguladora. O Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Tema 107. A publicidade no ámbito sanitario. Normativa legal en Galicia.

Tema 108. A publicidade de medicamentos de uso humano: normativa reguladora.

Tema 109. A asistencia médico-farmacéutica a través do persoal sanitario dos servizos de prevención: normativa reguladora en Galicia.

Tema 110. A potestade sancionadora sobre os establecementos farmacéuticos: normativa de aplicación. A información previa. O procedemento sancionador.

Tema 111. O réxime disciplinario do persoal estatutario. A información previa. O expediente disciplinario: procedemento.

Tema 112. Os dereitos do paciente no Sistema Nacional de Saúde. Os dereitos e deberes sanitarios en Galicia.

Tema 113. A responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria. A tramitación e xestión dos expedientes de responsabilidade patrimonial: normativa reguladora.

Tema 114. A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios: estrutura e funcións, os órganos de asesoramento e control. A Axencia Europea de Medicamentos.

Tema 115. Estupefacientes e psicotrópicos: lexislación nacional e internacional. Medicamentos non autorizados en España: normativa reguladora.

Tema 116. Bioética e dereito. A ética nas profesións sanitarias: os códigos deontolóxicos das profesións sanitarias. A ética na profesión farmacéutica.

Tema 117. Dereitos e obrigas en materia de autonomía do paciente e de información e documentación clínica: normativa legal.

Tema 118. O consentimento informado e a historia clínica en Galicia: ordenamento lexislativo. A historia clínica electrónica: uso e acceso.

Tema 119. A saúde laboral: concepto. Ideas básicas recollidas na Lei xeral de sanidade. A incapacidade temporal e a incapacidade permanente: normativa reguladora.

Tema 120. A circulación intracomunitaria de medicamentos de uso humano. A comercialización paralela de medicamentos: autorización e requisitos.

Inspectores médicos.

Tema 61. A inspección de servizos sanitarios nas comunidades autónomas. Estrutura organizativa e funcións da Inspección de Servizos Sanitarios en Galicia. O Plan Anual de Inspección.

Tema 62. Planificación sanitaria: definición e conceptos básicos. Tipos de planificación para a saúde. As etapas do proceso de planificación.

Tema 63. Estudo das necesidades sanitarias da poboación. Métodos e técnicas de determinación de necesidades. A determinación de prioridades: métodos e técnicas.

Tema 64. Avaliación económica da atención sanitaria. A avaliación económica no contexto da toma de decisións. Métodos de avaliación económica. Estudo dos custos sanitarios.

Tema 65. Xestión analítica. Determinación de custos por servizo. Determinación de custos por hospitalización. Modalidades de distribución de custos.

Tema 66. O Plan de saúde como instrumento da planificación sanitaria. Estudo especial do Plan de saúde de Galicia.

Tema 67. Organización da atención primaria en Galicia. Ordenación da atención primaria en Galicia.

Tema 68. A atención sanitaria urxente. As urxencias extrahospitalarias en Galicia. O 061.

Tema 69. Organización da atención especializada en Galicia. A súa ordenación. Órganos de dirección. O protocolo interno da actividade de financiamento en atención especializada. A coordinación entre niveis asistenciais.

Tema 70. Seguridade hospitalaria. Medidas de protección en instalacións eléctricas. Protección ante incendios en centros sanitarios. Protección contra radiacións ionizantes. Normativa legal básica.

Tema 71. Xestión do refugallo sanitario asistencial. Conceptos básicos. Refugallo radioactivo e biolóxico. Manexo de produtos citostáticos. Regulación legal.

Tema 72. O hospital: evolución histórica do concepto e funcións do hospital. Características dos recursos humanos e materiais hospitalarios. O hospital como centro de gasto e como unidade de produción económica.

Tema 73. A planificación hospitalaria. A rexionalización hospitalaria. A planificación hospitalaria nos demais países da Unión Europea.

Tema 74. Rexistros hospitalarios. Conservación da documentación. Os arquivos das historias clínicas.

Tema 75. Sistemas de información no ámbito hospitalario. Os sistemas de clasificación de pacientes: a súa finalidade e utilidade. Definición de case-mix. Principais sistemas de medidas do case-mix. Indicadores de actividade e rendemento asistencial.

Tema 76. Os sistemas de información sanitaria: definición e concepto. Principais sistemas de información sanitaria en España e Galicia. As estatísticas asistenciais. A tarxeta sanitaria.

Tema 77. Os sistemas de rexistro da información asistencial. Estudo especial da historia clínica.

Tema 78. Os sistemas de clasificación e codificación de enfermidades. Estudo especial da clasificación internacional de enfermidades,

Tema 79. Concepto de calidade sanitaria. Control, aseguramento e mellora continua da calidade. Principais modelos de control externo da calidade no ámbito da saúde.

Tema 80. A acreditación como instrumento de verificación externa da calidade asistencial. Marco conceptual da acreditación de organizacións sanitarias. As experiencias internacionais. A acreditación docente en España.

Tema 81. Situación actual e perspectivas da acreditación sanitaria no Sistema Nacional de Saúde español. Marco legal. Desenvolvemento nas comunidades autónomas. Papel do Consello Interterritorial. A acreditación sanitaria en Galicia.

Tema 82. As ferramentas de traballo da acreditación. Os protocolos clínicos: conceptos xerais. A súa importancia desde o punto de vista sanitario. A elaboración de protocolos no proceso de avaliación.

Tema 83. As ferramentas de traballo da acreditación. Definición de criterios e estándares. Metodoloxía de elaboración. O manual de acreditación.

Tema 84. A metodoloxía do proceso de acreditación. O equipo de auditoría. Criterios e cualificación. A visita de acreditación. Os instrumentos de traballo: a enquisa, a análise documental e a inspección.

Tema 85. Técnicas de entrevista aplicadas á obtención da información. Recollida e fiabilidade dos datos aplicados ás fontes de información. A elaboración do informe de auditoría. A análise dos resultados. O órgano de acreditación. A emisión do ditame. O plan de seguimento.

Tema 86. A medicina baseada na evidencia. Protocolos e guías de práctica clínica. A Axencia de Avaliación de Tecnoloxías de Galicia.

Tema 87. Bases xerais sobre a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios. A autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios en Galicia: normativa legal.

Tema 88. Requisitos para a autorización e homologación de centros e servizos sanitarios relacionados con técnicas de reprodución humana asistida.

Tema 89. Problemática médico-legal dos transplantes: situación actual e normativa reguladora. Estudo especial da regulación na Comunidade Autónoma de Galicia. Requisitos para a autorización da obtención, a avaliación, o procesamento, a preservación, o almacenamento e a distribución de células e tecidos humanos.

Tema 90. Principios da potestade sancionadora e do procedemento sancionador. O procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Tema 91. A publicidade no ámbito sanitario. Normativa legal en Galicia.

Tema 92. A ordenación das prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde. Concepto, ámbito e principios informadores. Condicións e requisitos xerais. Modalidades das prestacións sanitarias. Prestacións non financiables. Reclamacións a terceiros.

Tema 93. A carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde: contido e procedemento para a súa actualización. A carteira de servizos complementaria das comunidades autónomas. Procedemento para a incorporación de técnicas, tecnoloxías ou procedementos á carteira de servizos do sistema sanitario público de Galicia.

Tema 94. Os reintegros de gastos. Normativa reguladora. Especial referencia á súa tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 95. Prestación ortoprotésica. Normativa reguladora. Especial referencia á súa regulación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 96. Prestacións con técnicas de terapia respiratoria a domicilio. Normativa reguladora. Especial referencia á súa regulación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 97. O transporte sanitario. Normativa reguladora. Especial referencia á súa regulación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 98. Os concertos de asistencia sanitaria. Regulación legal. Procedemento de concertación da asistencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Requisitos. Especial referencia aos conceptos singulares na comunidade autónoma.

Tema 99. Avaliación e control da asistencia sanitaria prestada con medios alleos. Avaliación e control dos centros e servizos concertados. A asistencia sanitaria ambulatoria concertada. Os servizos de oxíxeno-ventiloterapia e diálises ambulatoria e domiciliaria.

Tema 100. Atención do desprazado no Sistema Nacional de Saúde e na Comunidade Económica Europea. Normativa legal.

Tema 101. A prestación farmacéutica no Sistema Nacional de Saúde: normativa reguladora. Farmacovixilancia de medicamentos de uso humano. Rede Galega de Alerta sobre Riscos Relacionados cos Medicamentos e Produtos Sanitarios de Uso Humano.

Tema 102. A receita médica: ordenamento lexislativo. A receita médica oficial no Sistema Nacional de Saúde e en Galicia: normativa reguladora. A receita electrónica: o seu desenvolvemento en Galicia. Normativa reguladora. Estupefacientes e psicotrópicos: lexislación nacional e internacional. As receitas oficiais de estupefacientes: normativa estatal e autonómica.

Tema 103. A Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios: ámbito e contido.

Tema 104. A ordenación e planificación farmacéutica: Lei 16/1997, do 25 de abril, de regulación de servizos das oficinas de farmacia. A ordenación farmacéutica na Comunidade Autónoma de Galicia: a Lei 5/1999, do 21 de maio.

Tema 105. Os ensaios clínicos: normativa reguladora no ámbito estatal Os ensaios clínicos en Galicia: normativa reguladora. O Comité Ético de Investigación Cínica de Galicia.

Tema 106. A ética nas profesións sanitarias: os códigos deontolóxicos das profesións sanitarias. Os dereitos do paciente no Sistema Nacional de Saúde. Os dereitos e deberes sanitarios en Galicia.

Tema 107. Dereitos e obrigas en materia de autonomía do paciente e de información e documentación clínica: normativa legal. O dereito á segunda opinión médica no sistema sanitario público galego.

Tema 108. O consentimento informado e a historia clínica en Galicia: ordenamento lexislativo. A historia clínica electrónica: uso e acceso.

Tema 109. Regulamento da interrupción voluntaria do embarazo. Fertilización in vitro. Inseminación artificial. Manipulación xenética.

Tema 110. A responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas. A responsabilidade civil, penal, disciplinaria e deontolóxica dos sanitarios no exercicio profesional. Os seguros de responsabilidade civil.

Tema 111. A responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria. A tramitación e xestión dos expedientes de responsabilidade patrimonial: normativa reguladora.

Tema 112. Valoración médica do dano corporal: concepto de dano. Nexo de causalidade. Estado anterior. Valoración da influencia dos factores económicos e sociais.

Tema 113. Valoración médica do dano corporal. Táboas e baremos de valoración. Informe dos danos corporais nos ámbitos penal, civil e laboral. A valoración dos danos e perdas causados ás persoas nos accidentes de circulación. A responsabilidade civil e o seu resarcimento; valoración de secuelas e indemnizacións

Tema 114. O réxime disciplinario do persoal estatutario. A información previa. Faltas e sancións. Prescrición. Procedemento. Caducidade.

Tema 115. Os réximes disciplinarios do persoal funcionario e laboral ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma galega. Faltas e sancións. Prescrición. Procedemento. Caducidade.

Tema 116. A saúde laboral: Concepto. Ideas básicas recollidas na Lei xeral de sanidade.

Tema 117. As continxencias profesionais. Concepto de accidente de traballo. Declaración, prestacións, peculiaridades. As secuelas dos accidentes de traballo. Tipos e prestacións. Lesións permanentes non invalidantes. A enfermidade profesional: concepto, declaración, requisitos. A lista de enfermidades profesionais do Real decreto 1299/2006, do 10 novembro.

Tema 118. A incapacidade temporal: concepto. Prestacións. Requisitos. Beneficiarios. Duración. Contía das prestacións. Causas de denegación, suspensión ou perda da prestación económica. Peculiaridades das distintas continxencias. Xestión e control da incapacidade temporal. Actuacións das entidades implicadas no seguimento e control da prestación. Os estándares de duración.

Tema 119. A incapacidade permanente: concepto, clases e graos. Prestacións económicas e recuperadoras. Beneficiarios, nacemento, duración e extinción do dereito. Procedemento para o recoñecemento das prestacións por incapacidade permanente. Os equipos de valoración de incapacidades: creación, composición e funciones. Revisión da incapacidade permanente.

Tema 120. A Lei 39/1999, de conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras. As modificacións producidas pola Lei orgánica 3/2007, do 22 marzo, para a igualdade de mulleres e homes. Excedencia por coidado de familiares. Protección da maternidade. Situacións protexidas. Risco durante o embarazo. Risco durante a lactación. Permiso por maternidade e paternidade.

Subinspectores sanitarios.

Parte I.

Tema1. A Constitución española: estrutura e contido. Os principios constitucionais. Os dereitos fundamentais. O Tribunal Constitucional. A regulación constitucional da xustiza. A organización xudicial española.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: natureza, estrutura e contido. As institucións de autogoberno. Organización administrativa e territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O réxime xurídico de exercicio das competencias autonómicas.

Tema 3. Competencias sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia. Ordenación sanitaria de Galicia. A Consellería de Sanidade: estrutura e competencias. O Servizo Galego de Saúde: naturaleza xurídica, estrutura e competencias.

Tema 4. A Lei xeral de sanidade: obxecto e estrutura. Ámbito de aplicación. Principios xerais do sistema de saúde. Actuacións sanitarias. Estrutura do sistema sanitario público.

Tema 5. Competencias do Estado, das comunidades autónomas e das entidades locais en materia sanitaria. A Alta Inspección. Coordinación entre as administracións públicas. O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Tema 6. A Lei de procedemento administrativo: ámbito de aplicación e principios xerais. Dereitos dos cidadáns. Termos e prazos. As disposicións e os actos administrativos: xerarquía e competencia; requisitos; eficacia dos actos.

Tema 7. Os procedementos administrativos: iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución.

Tema 8. A revisión dos actos en vía administrativa. O recurso ordinario. As reclamacións previas ao exercicio das accións civís e laborais.

Tema 9. O persoal ao servizo das administracións públicas. Clases de persoal. Principios definidores do persoal estatutario, funcionario e laboral. Lexislación aplicable. A Lei de medidas para a reforma da función pública: o seu carácter de normativa básica. A Lei da función pública de Galicia: o Estatuto básico do empregado público.

Tema 10. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. As incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Análise específica das incompatibilidades no sector sanitario galego.

Tema 11. Adquisición e perda da condición de funcionario. A carreira administrativa. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. Situacións administrativas. Selección de persoal.

Tema 12. Réxime retributivo dos funcionarios ao servizo da Administración autonómica. Licenzas, vacacions e permisos. Réxime disciplinario dos funcionarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 13. O Estatuto dos traballadores: breve referencia ao ámbito de aplicación e ao contido. O persoal laboral ao servizo da Administración pública galega.

Tema 14. Lei de ordenación das profesións sanitarias-Estatuto marco do persoal das institucións sanitarias da Seguridade Social.

Tema 15. Os dereitos do enfermo en España. Regulación no ordenamento civil e no ámbito penal. Os dereitos do paciente no Sistema Nacional de Saúde. O artigo 10 da Lei xeral de sanidade. Dereito á segunda opinión médica no sistema sanitario público galego.

Tema 16. A ética nas profesións sanitarias: os códigos deontolóxicos das profesións sanitarias, os ensaios clínicos e os comités de ética.

Tema 17. A Lei xeral de seguridade social. Normas xerais, campo de aplicación e estrutura do sistema da seguridade social. Estudo especial do réxime xeral e a súa comparación cos outros réximes.

Tema 18. A acción protectora da seguridade social. Clases e contidos das prestacións da seguridade social. A ordenación das prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

Tema 19. Prestacións por xubilación, morte e supervivencia, familiares por fillo a cargo. A protección por desemprego.

Tema 20. Lei de protección de datos de carácter personal. Lei reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 21. A seguridade social dos funcionarios, sistema de mutualismo Muface, Isfas, Mugeju. Diferenzas co réxime xeral. Situación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 22. A integración sanitaria en Europa. As actuacións da UE en materia sanitaria. Atención ao desprazado no Sistema Nacional de Saúde e na Comunidade Económica Europea.

Tema 23. Concepto de saúde. Medicina preventiva e saúde pública: evolución histórica e situación actual. Saúde comunitaria: conceptos básicos. Factores condicionantes da saúde. Planificación, xestión e avaliación dun programa de saúde comunitaria.

Tema 24. Demografía sanitaria. Fontes dos datos demográficos. Factores demográficos. Aspectos estruturais básicos dunha poboación. Dinámica da poboación.

Tema 25. Epidemioloxía: conceptos xerais. O método epidemiolóxico asociado á causalidade. Factores de risco. A utilidade do método epidemiolóxico no estudo das enfermidades.

Tema 26. Estatística sanitaria: conceptos xerais. Importancia nas ciencias da saúde. A mostraxe: tipos e métodos. Ordenación e formas de representación gráfica. Razóns, taxas e índices.

Tema 27. Métodos de investigación social. Indicadores sociais e sanitarios. A recollida de datos. Fiabilidade. Elaboración e interpretación de datos estadísticos. Representación gráfica.

Tema 28. Medidas de centralización e dispersión. Conceptos e aplicacións. Distribución de variables continuas. A curva normal.

Tema 29. Planificación sanitaria: definición e conceptos básicos. Tipos de planificación para a saúde. As etapas do proceso de planificación.

Tema 30. Planificación estratéxica: conceptos básicos. Etapas de planificación estratégica. A súa aplicación no campo sanitario.

Tema 31. Identificación dos problemas e necesidades de saúde: métodos e técnicas. A determinación de prioridades.

Tema 32. Avaliación económica da atención sanitaria. A avaliación económica no contexto da toma de decisións. Métodos de avaliación económica. Estudo dos custos sanitarios.

Tema 33. O concepto de informática. Tratamento de textos. A base de datos. A folla electrónica de cálculo. O paquete estatístico. Dispositivos de almacenamento de datos.

Parte II.

Tema 34. A Inspección de Servizos Sanitarios. Estudo especial da estrutura organizativa e funcións na Comunidade Autónoma de Galicia. O Plan de inspección sanitaria.

Tema 35. A Lei de saúde de Galicia.

Tema 36. A Lei de cohesión e calidade.

Tema 37. A atención primaria. Conceptos xerais. Ordenación da atención primaria en Galicia. As xerencias de atención primaria: estrutura e funcións.

Tema 38. A asistencia sanitaria urxente. Conceptos xerais. O Plan de urxencias extrahospitalarias.

Tema 39. A atención especializada: conceptos xerais. A súa ordenación en Galicia. A Área única.

Tema 40. Organización funcional dos hospitais. Órganos de goberno. Os rexistros hospitalarios. Indicadores de actividade e rendemento asistencial.

Tema 41. O persoal de enfermaría en atención primaria. Organización e funcións. Administración e función da enfermaría en centros de saúde e ambulatorios.

Tema 42. O persoal de enfermaría nos hospitais. Organización e funcións. Administración e avaliación da enfermaría nos hospitais.

Tema 43. Regulación do conxunto mínimo básico de datos de alta hospitalaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 44. Hospitalización a domicilio. Concepto. Consideracións xerais como alternativa asistencial.

Tema 45. A tarxeta sanitaria. Os sistemas de información sanitaria: definición e concepto. Os sistemas de clasificación e codificación das enfermedades. Definición de case-mix. Principais sistemas de medidas do case-mix.

Tema 46. Principais indicadores de rendibilidade hospitalaria. Indicadores de avaliación do rendemento cuantitativo:

-De carácter xeral.

-Específicos de servizos cirúrxicos.

-Específicos de servizos xerais de diagnóstico e tratamento.

-Específicos de rehabilitación.

Tema 47. O traballo: conceptos. Organización científica do traballo. Medicina, seguridade e hixiene no traballo. Bases fisiolóxicas do traballo. Protección do traballador: disposicións legais. A saúde laboral na Lei xeral de sanidade.

Tema 48. Hixiene dos locais de traballo. Principias factores morbíxenos do medio laboral. Medidas de prevención. Os exames de saúde laboral.

Tema 49. Plan galego de seguridade e hixiene. Competencias en materia de saúde laboral da Administración autonómica.

Tema 50. A Lei de prevención de riscos laborais: obxecto e ámbito de aplicación. Conceptos xerais. Competencias da Administración laboral e sanitaria. A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

Tema 51. Organización de recursos para a actividade sanitaria dos servizos de prevención propios. Organización de recursos para a actividade sanitaria dos servizos de prevención alleos.

Tema 52. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Normativa legal vixente. Enfermidades do traballo.

Tema 53. As mutuas de accidentes de traballo e enfermedades profesionais. Conceptos xerais, caracteres e normas reguladoras. Constitución e funcionamento.

Tema 54. Competencia das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais en materia de incapacidade temporal, coordinación coa Administración sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 55. A incapacidade temporal: concepto. Continxencias. Prestacións. Beneficiarios e requisitos. Nacemento, duración e extinción do subsidio. Perda e suspensión do dereito.

Tema 56. Procedemento de avaliación e control da incapacidade temporal na Comunidade Autónoma de Galicia. Normativa legal. Indicadores da incapacidade temporal. Factores obxectivos e subxectivos do absentismo laboral por incapacidade temporal.

Tema 57. A invalidez: concepto. Clases. Graos de invalidez, beneficiarios e prestacións. A súa cualificación e revisión. Lesións permanentes non invalidantes. As prestacións recuperadoras: beneficiarios e contido.

Tema 58. Normativa reguladora das prestacións do sistema da Seguridade Social por maternidade e risco durante o embarazo. Permiso por paternidade. Lei de conciliación da vida familiar e laboral.

Tema 59. Competencias do INSS en materia de incapacidade laboral. Os equipos de valoración de incapacidades: constitución, composición e funcións. Inicio, instrución e resolución do procedemento na avaliación da incapacidade.

Tema 60. A ordenación das prestacións sanitarias no Sistema Nacional de Saúde: concepto, ámbito e principios informadores. Condicións e requisitos xerais. Modalidades das prestacións sanitarias. Prestacións non financiables. Reclamacións a terceiros.

Tema 61. Normativa reguladora das prestacións ortoprotésicas na Comunidade Autónoma de Galicia. Procedemento de reintegro de gastos por asistencia sanitaria con medios alleos.

Tema 62. Normativa reguladora do transporte sanitario na Comunidade Autónoma de Galicia, obxecto e ámbito de aplicación, clasificación dos medios de transporte e as súas caracteristicas técnico-sanitarias.

Tema 63. Regulación das técnicas de terapia respiratoria a domicilio, concepto e requisitos para a súa indicación.

Tema 64. Os concertos de asistencia sanitaria. Regulación legal. Procedemento de concertación da asistencia sanitaria na comunidade autónoma. Requisitos. Especial referencia aos concertos singulares na comunidade autónoma.

Tema 65. A prestación farmacéutica no Sistema Nacional de Saúde. Contido desta prestación en pacientes hospitalizados e non hospitalizados. Participación económica dos usuarios na prestación farmacéutica.

Tema 66. A ordenación farmacéutica en Galicia: a atención farmacéutica, dereitos dos cidadáns. Establecementos e servizos de atención farmacéutica: funcións que desenvolven.

Tema 67. Normativa que regula o financiamento selectivo de medicamentos polo Sistema Nacional de Saúde. Información sobre medicamentos dirixida aos profesionais sanitarios e público en xeral.

Tema 68. O sistema de información sanitaria nos hospitais do Servizo Galego de Saúde, control da demanda de actividade programada de hospitalización e cirurxía, tipos de listaxes, colas de programación e criterios de baixa nas colas de programación.

Tema 69. Normativa reguladora de autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, solicitude e tramitación. Concepto e clasificación de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Tema 70. Acreditación como verificación externa de calidade asistencial. Marco conceptual da acreditación de organizacións sanitarias. A acreditación docente en España. A acreditación sanitaria nos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia. Normativa reguladora e procedemento de acreditación.

Tema 71. As ferramentas de traballo da acreditación. O manual de acreditación. O equipo de auditoría. Criterios e cualificación. A visita de acreditación. Os instrumentos de traballo: a enquisa, a análise documental e a inspección. A elaboración do informe da auditoría. O órgano de acreditación. A emisión do ditame. O plan de seguimiento.

Tema 72. Os protocolos: concepto. A súa importancia desde o punto de vista sanitario. A elaboración de protocolos.

Tema 73. A responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria. Tramitación e xestión de expedientes.

Tema 74. Concepto do dano. Dano ás persoas no ámbito do dereito penal e civil. Nexo de causalidade. Estado anterior. Valoración do dano de acordo co baremo recollido na Lei de responsabilidade civil e seguro de circulación de vehículos de motor.

Ver referencia pdf "14900D012P035.PDF"