DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.155

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2010, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante de persoal diplomado sanitario.

Convocada a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Xerencia de Atención Primaria de Ourense mediante Resolución 1/2010, do 30 de abril de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de maio de 2010; á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes ao posto, este director xerente, en exercicio da competencia delegada no artigo 5º j), da Orde de 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Sáude, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicar o posto ao solicitante que se indica no anexo desta resolución.

O adxudicatario deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 8 de xullo de 2010.

Carlos Pereira Fernández

Director xerente de Atención Primaria de Ourense

ANEXO

Posto de traballo: coordinador de SAP de Viana do Bolo.

Nome e apelidos: Leocadio Castells Conejero.

DNI: 73547261-T.