DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.155

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2010, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de determinados postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

Convocada a provisión polo sistema de libre designación de determinados postos de traballo vacantes na Xerencia de Atención Primaria de Ourense mediante Resolución 2/2010, do 30 de abril de 2010, publicada no DOG do 26 de maio de 2010; á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, este director xerente, en exercicio de competencia delegada no artigo 5º j), da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicar ou deixar desertos, de ser o caso, os postos aos solicitantes que se indican no anexo desta resolución.

Os adxudicatarios deberán cesar nas prazas que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 8 de xullo de 2010.

Carlos Pereira Fernández

Director xerente de Atención Primaria de Ourense

ANEXO

1. Posto de traballo: xefe de servizo (SAP) da Ponte, mañá (Ourense).

Adxudicatario: deserto.

2. Posto de traballo: xefa de servizo (SAP) de Bande.

Adxudicataria: María del Pilar Ramos Calviño.

DNI: 34935857-F.