DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 05 de agosto de 2010 Páx. 14.154

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 30 de xullo de 2010 pola que se aproba o programa que rexerá no proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante//subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia previsto na disposición transitoria décima do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia prevé na súa disposición transitoria décima o seguinte:

«Para aqueloutro persoal que teña unha antigüidade posterior ao 30-6-1998 e anterior ao 1-1-2005 na prestación de servizos para a Xunta de Galicia en virtude de sentenza xudicial que recoñeza a súa condición de persoal laboral indefinido, ou for contratado directamente pola Xunta de Galicia baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, para a realización de programas ou servizos de carácter estrutural, ou aqueloutro integrado por transferencia será obxecto dun proceso de consolidación de emprego segundo o establecido na disposición tran-sitoria cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público e a disposición adicional décimo sétima deste convenio».

A Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público dispón, no seu artigo 61.2º, que os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas que se vaian superar e a adecuación ao desempeño das tarefas dos postos de traballo convocados, incluindo, de ser o caso, as probas prácticas que sexan precisas.

Co fin de dar a coñecer coa suficiente antelación o programa que rexerá no proceso selectivo que se convoque en desenvolvemento do previsto na disposición transitoria reflectida, esta consellería

DISPÓN:

Aprobar e publicar o programa de materias que rexerá na convocatoria do proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia previsto na disposición transitoria décima do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, cuxo contido se incorpora como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

ANEXO

Programa do proceso selectivo para o acceso á categoría 3

do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Parte común:

1. A Constitución española do 27 de decembro de 1978: títulos preliminar, I, II e o capítulo I do título III.

2. A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar e I.

3. A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística: títulos I e II.

4. A Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: capítulo VI do título III.

5. O V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia: capítulos VI, VII e VIII.

6. Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes: títulos preliminar e II.

Parte específica:

Categoría 3 (Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno. Garda. Garda xuramentado).

1. A atención ao cidadán. Vixilancia e control das persoas que accedan ás dependencias administrativas. Reunións: preparación de locais.

2. Traballos con materiais e maquinaria de oficina: reprografía, destrución de documentación e tipos de papel.

3. A notificación das resolucións e actos administrativos: os artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tipos de envíos postais. Repartición de correspondencia.

4. Centrais telefónicas: concepto e características. Centrais telefónicas modulares e dixitais.