DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 04 de agosto de 2010 Páx. 14.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xuño de 2010 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro privado Premir de Santiago de Compostela.

O representante legal da entidade Premir Oposiciones Médicas, S.L., titular do centro privado Premir, do concello de Santiago de Compostela, solicita autorización para impartir os ciclos formativos de grao superior de Comercio internacional, de Desenvolvemento de aplicacións informáticas e de Administración e finanzas.

O expediente tramitouno o departamento territorial desta consellería na Coruña, que o remite cos informes favorables de conformidade co Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo; co Decreto 101/1999, do 25 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Administración e finanzas; co Decreto 213/1999, do 2 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Comercio internacional; co Decreto 223/1997, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Desenvolvemento de aplicacións informáticas, e co Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, desenvolvido pola Orde

do 20 de setembro de 1995, e demais normativa vixente.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar os ciclos formativos de grao superior de Comercio internacional, de Desenvolvemento e de aplicacións informáticas e Administración e finanzas no centro privado que a seguir se detalla:

Denominación: Centro privado Premir.

Domicilio: r/ Pintor Juan Luis, 1 baixo.

Código do centro: 15032728.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Premir Oposiciones Médicas, S.L.

Ensinanzas que se autorizan.

Quenda de mañá:

-Ciclo formativo de grao superior de Comercio internacional (2 unidades, 20 alumnos/as por unidade).

-Ciclo formativo de grao superior de Desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 alumnos/as por unidade).

Quenda de tarde-noite:

-Ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/s por unidade).

Segundo.-Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria