DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 03 de agosto de 2010 Páx. 14.014

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 111/2010, do 24 de xuño, polo que se modifican diversos decretos en materia de agricultura, formación agraria e conservación da natureza, para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE, relativa aos servizos no mercado interior.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 130, do venres 9 de xullo de 2010, cómpre publicar a seguinte corrección:

Na páxina 12.538, no punto tres, número 2, onde di, «para a tenza de máis de 12 cans…», debe dicir, «para a tenza de máis de 5 cans…».