DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 02 de agosto de 2010 Páx. 13.966

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 130/2010, do 22 de xullo, de asunción das funcións e servizos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Real decreto 753/2010, do 4 de xuño, de ampliación dos medios patrimoniais adscritos aos servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia por diversos reais decretos de traspasos de funcións e servizos.

Polo Real decreto 753/2010, do 4 de xuño (DOG nº 120, do 25 de xuño), amplíanse os medios patrimoniais adscritos aos servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia por diversos reais decretos de traspasos de funcións e servizos.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa tales medios patrimoniais nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignalos aos órganos correspondentes da Administración autonómica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de xullo de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan asumidos os medios patrimoniais traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 753/2010, do 4 de xuño, de ampliación dos medios patrimoniais adscritos aos servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia por diversos reais decretos de traspasos de funcións e servizos.

Artigo 2º

1. Asígnanselle á Consellería de Facenda os medios patrimoniais asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior.

2. Os órganos da Consellería de Facenda exercerán as atribucións que lles correspondan conforme as normas que regulan a súa estrutura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Facenda para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto e para adoptar as medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica dos medios traspasados.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de xullo de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza