DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 30 de xullo de 2010 Páx. 13.895

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 124/2010, do 15 de xullo, polo que se regulan as mencións relativas á orixe ou procedencia galega na etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimentarios.

Advertido un erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 143, do 28 de xullo de 2010, compre facer a seguinte corrección:

-Na páxina 13.672, na disposición adicional única, onde di: «Aqueles operadores que na etiquetaxe, presentación e publicidade dos seus produtos veñan utilizando con anterioridade á aprobación deste decreto marcas ou razóns sociais que contraveñan o establecido nel, poderán seguir facéndoo na dita etiquetaxe, presentación e publicidade, no mesmo campo visual e con caracteres como mínimo do mesmo tamaño, introducen elementos que informen o consumidor da verdadeira orixe ou procedencia do produto, sen prexuízo do cumprimento da normativa xeral de aplicación nesta materia», debe dicir: «Aqueles operadores que na etiquetaxe, presentación e publicidade dos seus produtos veñan utilizando con anterioridade á aprobación deste decreto marcas ou razóns sociais que contraveñan o establecido nel, poderán seguir facéndoo se na dita etiquetaxe, presentación e publicidade, no mesmo campo visual e con caracteres como mínimo do mesmo tamaño, introducen elementos que informen o consumidor da verdadeira

orixe ou procedencia do produto, sen prexuízo do cumprimento da normativa xeral de aplicación nesta materia».

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE SANIDADE