DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2010 Páx. 13.789

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 113/2010, do 1 de xullo, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo, e o Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no texto do Decreto 113/2010, do 1 de xullo, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo, e o Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia número 131, do 12 de xullo de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 12.631, no título do decreto, onde di: «Decreto 116/1986», debe dicir: «Decreto 166/1986».

Na páxina 12.631, na exposición de motivos, onde di: «...porcentaxe mínima do 70%...», debe dicir: «... porcentaxe do 70%...».

Na páxina 12.635, onde di: «Lista de prohibidos», debe dicir «Listaxe de prohibidos».

Na páxina 12.635, onde di: «Artigo 2», debe dicir: «Artigo segundo».

Na páxina 12.635, onde di: «Un. O artigo 3.-Descrición do xogo queda redactado do seguinte xeito», debe dicir: «O artigo 3.-Xogo do bingo, queda redactado do seguinte xeito».

Na páxina 12.635 onde di: «...que reúnan especialmente condicións de illamento...», debe dicir: «...que reúnan especiais condicións de illamento...».