DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 27 de xullo de 2010 Páx. 13.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 22 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, mitigación ou adaptación ao cambio climático, implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), así como outras actuacións de carácter ambiental, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2010.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, segundo o establecido no Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é o órgano da Administración da comunidade autónoma a que corresponden, entre outras, o exercicio das competencias e funcións en materia de ambiente consonte o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia, nos termos sinalados na Constitución española.

Pola súa banda e segundo se sinala no citado decreto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental exercerá as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, o impulso da investigación ambiental e o desenvolvemento tecnolóxico, e a súa posta en marcha para o logro da adecuada protección ambiental e o desenvolvemento de estudos e informes en materia de ambiente.

De acordo co anterior, esta orde de axudas vai destinada a subvencionar aquelas actuacións, iniciativas e proxectos que poidan desenvolver as entidades locais de Galicia en materia de xestión de residuos, mitigación e adaptación ao cambio climático, implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), así como outras actuacións de carácter ambiental.

Así, en materia de residuos, corresponde a esta secretaría xeral o control da súa xestión, así como o fomento das accións de redución, reciclaxe e recuperación de residuos e dos programas de colaboración cos concellos e con outras organizacións para a aplicación das accións indicadas, mentres que as entidades locais son competentes para a xestión dos residuos urbanos nos termos previstos na Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, e na Lei 10/1998, do 21 de abril, básica de residuos. En particular corresponde a estas a xestión dos servizos públicos de recolla, transporte, valorización e eliminación de residuos urbanos ou municipais de forma directa ou indirecta, así como a implantación de sistemas de recolla selectiva de residuos urbanos ou municipais que posibiliten a súa reciclaxe e outras formas de valorización.

Á parte dos residuos, outro dos problemas ambientais primordiais a que se enfronta a nosa sociedade na actualidade é a loita contra o cambio climático. Ben que é certo que este se presenta como un fenómeno de dimensións globais que debe ser abordado no ámbito internacional, tamén o é o feito de que a súa solución pasa, necesariamente, polo traballo conxunto de todos os sectores da sociedade, incluídos os diferentes niveis administrativos e, dentro destes, mención especial merece o labor dos concellos pola súa proximidade e relación directa cos cidadáns.

Neste eido de actuación, moitas son as accións locais que poden contribuír a facer fronte a este reto integrando a cuestión do clima e a redución de emisións na toma das decisións municipais en materias tales como as relacionadas co urbanismo, o tráfico e a mobilidade, a xestión de residuos, etc.

Outra das opcións á disposición dos concellos para avaliar e mellorar o seu comportamento ambiental, con carácter xeral, vén dada pola súa incorporación voluntaria ao sistema de xestión e auditoría ambientais (EMAS). Este instrumento creado pola Unión Europea e destinado nun principio a impulsar a mellora continuada dos aspectos ambientais das actividades cotiás doutro tipo de organizacións (empresas, fundamentalmente), permite no caso das administracións locais analizar a incidencia directa ou indirecta que a súa actuación comporta desde o punto de vista ambiental.

Por outra banda, a fin de favorecer o cumprimento por parte dos concellos doutras competencias que lles veñen impostas pola normativa aplicable en materia de calidade do aire e protección do ambiente atmosférico, así como no tocante á contaminación acústica, esta orde establece axudas destinadas á realización de investimentos en equipamentos de medición destes dous tipos de contaminación.

De conformidade co que se acaba de sinalar, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fai pública, por medio desta orde, esta convocatoria de axudas destinadas a estimular e promover a acción das entidades locais nos ámbitos de actuación propostos.

En virtude do anterior, no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º-Finalidade, obxecto e destinatarios.

1. Esta orde ten por obxecto regular a concesión, polo procedemento de concorrencia, e facer pública para o ano 2010, a convocatoria de subvencións para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, mitigación ou adaptación ao cambio climático, a implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), así como outras actuacións de carácter ambiental destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, tales como concellos, mancomunidades, deputacións provinciais e outras agrupacións de municipios legalmente constituídos.

2. Non poderán ser beneficiarias das axudas as entidades incursas nalgún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As entidades beneficiarias deberán cumprir os requisitos que se lles exixe en artigo 11 da Lei 9/2007.

4. Ningunha entidade local das consideradas no número 1 poderá:

-Presentar solicitude de subvención de maneira simultánea, e polo mesmo concepto, individualmente e a través doutro tipo de agrupación ou colaboración.

-Figurar en máis dunha solicitude colectiva polo mesmo concepto subvencionable.

5. Cada entidade local só poderá presentar unha única solicitude no modelo que se xunta como anexo I. Nela marcaranse todas aquelas liñas de actuación en que vai propor un proxecto, tendo en conta a limitación de número establecida no seguinte punto. No caso de que a entidade presentase varias solicitudes, unicamente se terá en conta a primeira das que entren polo rexistro.

6. Non serán admisibles aquelas solicitudes presentadas por unha mesma entidade local que comprendan liñas de actuación referidas a máis de tres capítulos dos seguintes:

-Capítulo III. Das subvencións para a introdución de melloras na xestión e explotación dos puntos limpos, así como a implantación doutras instalacións ou equipamentos similares.

-Capítulo IV. Das subvencións para a prevención e recolla selectiva de residuos.

-Capítulo V. Das subvencións para a mitigación ou adaptación ao cambio climático.

-Capítulo VI. Das subvencións para a implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais-EMAS.

-Capítulo VII. Das subvencións para outras actuacións de carácter ambiental.

No suposto de que se presenten proxectos en máis de tres capítulos, unicamente se considerarán os tres primeiros, segundo a estrutura que figura na orde.

7. As axudas establecidas no capítulo II Transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra ata as estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas, non computan para os efectos do límite fixado no número anterior.

8. No caso que a limitación sinalada no número 6 deste artigo se vexa superada pola concorrencia de solicitudes formuladas de maneira individual ou a través doutro tipo de entidade de carácter colectivo, a entidade afectada deberá comunicar a solicitude con que opta ás axudas.

Artigo 2º.-Réxime xurídico e principios de aplicación.

As axudas reguladas nesta orde concederanse ao abeiro do establecido nestas bases reguladoras e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia.

Así mesmo, axustaranse, con carácter xeral, ao establecido nas disposicións que se sinalan:

-Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

-Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

-Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

Supletoriamente, tamén resultan de aplicación:

-A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

-O Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

-A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así como as demais normas citadas nesta orde e aquelas outras que resulten de aplicación.

Artigo 3º.-Liñas subvencionables.

1. As áreas temáticas a que van destinadas estas axudas son a xestión de residuos, a mitigación ou adaptación ao cambio climático, a implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS) e outras actuacións de carácter ambiental.

2. De xeito máis específico, as modalidades de axudas establecidas nesta orde teñen por obxecto:

-O transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra ata as estacións de transferencia ou plantas de xestión de residuos máis próximas.

-A introdución de melloras na xestión e explotación dos puntos limpos así como a implantación doutras instalacións ou equipamentos similares.

-A prevención e recolla selectiva de residuos.

-A mitigación ou adaptación ao cambio climático.

-A implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais-EMAS.

-Outras actuacións de carácter ambiental.

Para aqueles casos en que o correspondente capítulo o prevexa, as medidas de educación e sensibilización ambiental deben consistir en:

-Campañas, exposicións, xornadas, conferencias, etc.

-Edición de folletos, guías informativas e/ou outro tipo de publicacións divulgativas.

-Deseño e posta en marcha de instrumentos de información innovadores que favorezan o coñecemento e mellora dos problemas ambientais, a existencia de puntos limpos e a súa función, así como as actividades obxecto do proxecto presentado.

-Outras actuacións similares que respondan á finalidade de difusión e información ambiental perseguida nesta orde.

Todas as actuacións relacionadas coa educación e sensibilización ambiental deberán cumprir os requisitos establecidos no punto 2º do artigo 44, obrigas dos beneficiarios, relativos a incluír expresamente a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como a imaxe da identidade corporativa deste departamento.

3. As entidades solicitantes poderán subcontratar a realización do 100% da actividade subvencionada nos termos do artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

4. Á descrición das características e requisitos específicos de cada unha destas liñas subvencionables destínanse os capítulos que seguen.

Artigo 4º.-Solicitude e documentación común.

1. As solicitudes, segundo o modelo normalizado que se xunta como anexo I e acompañadas da documentación que se sinala, deberán ir dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e deberán ser presentadas, preferentemente, no rexistro da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Os modelos de solicitude, independentemente da súa publicación como anexos a esta convocatoria, poderán obterse na páxina web institucional da Xunta de Galicia, así como na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

3. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Xunto coa solicitude deberase presentar a documentación que en cada caso corresponda, segundo o que se sinala para cada modalidade de axuda nos capítulos que seguen, así como a xenérica que se relaciona a seguir:

*Certificación do secretario ou secretaria da entidade local en que consten os seguintes extremos:

-O acordo adoptado polo órgano competente da entidade local polo cal se aproba a súa participación nesta convocatoria de axuda.

-A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude.

*Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou percibidas para a mesma finalidade de calquera administración pública ou entidade dela dependente, no modelo que se xunta como anexo II.

*Tratándose de solicitudes presentadas por entidades de carácter supramunicipal, deberá xuntarse un certificado, asinado polo secretario ou secretaria da entidade, en que se indiquen os concellos para os cales se solicita a subvención.

-Así mesmo, ademais do sinalado con anterioridade, a entidade solicitante deberá remitir calquera outra documentación que considere oportuna para os efectos do establecido, se for o caso, como criterios de valoración, en función do capítulo considerado e a fin de que a comisión de avaliación poida determinar se se cumpren ou non para a valoración e prelación das solicitudes presentadas.

Capítulo II

Das subvencións para o transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra ata as estacións de transferencia

ou plantas de xestión máis próximas

Artigo 5º.-Actuacións subvencionables.

Serán obxecto de axudas os custos derivados do transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra desde os concellos ata a estación de transferencia ou planta de xestión máis próxima, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) A estación de transferencia ou planta de xestión máis próxima deberá estar afastada máis de 25 quilómetros da casa do concello. O cómputo desta distancia non poderá ser o resultado de sumar aos quilómetros de ida os de volta. Este requisito determinará que a solicitude presentada pola entidade local sexa admitida ou non.

Non obstante o anterior, unha vez admitida a solicitude, debe significarse que para o cómputo dos quilómetros subvencionables se terá en conta a distancia existente, tanto de ida como de volta, desde a parroquia máis afastada da planta de transferencia que corresponda á entidade local solicitante. Para estes efectos só se subvencionarán os quilómetros que resulten a partir do quilómetro 26.

No caso de entidades supramunicipais, só se poderá solicitar a axuda correspondente para os concellos que cumpran tal condición.

Cando o concello pase a dispor dunha estación de transferencia ou planta de xestión a unha distancia igual ou inferior á indicada no parágrafo anterior, deixará de beneficiarse das axudas dispostas nesta orde a partir do momento en que comece a facer entrega dos seus residuos na nova planta.

b) Ter subscrito contrato coa Sociedade Galega do Medio Ambiente ou outro xestor final de residuos de Galicia para a xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos no concello.

Artigo 6º.-Documentación específica.

Xunto coa documentación establecida no artigo 4º desta orde, deberá presentar, ademais:

-Fotocopia compulsada do contrato coa Sociedade Galega de Medio Ambiente ou con outro xestor final de residuos de Galicia para a xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos na entidade local. Non será necesario presentar esta documentación cando xa se entregase en convocatorias anteriores, debendo, unicamente, indicalo na solicitude.

-Certificación do secretario da entidade local, co visto e prace do presidente alcalde, en que se faga constar a poboación de dereito no día 1 do primeiro mes subvencionable, segundo os datos do último padrón de habitantes da entidade local. Para a convocatoria que se abre por medio desta orde, este certificado deberá ir referido ao 1 de novembro de 2009.

-Certificación en que se sinale cal é a parroquia do concello máis afastada da estación de transferencia ou planta de xestión que lle corresponda.

Artigo 7º.-Criterios de cálculo para a valoración da axuda.

A contía da axuda que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas outorgará á entidade local solicitante calcularase, en función dunha estimación dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra producidos por cada concello, tomando como base:

-A consideración dos concellos como rurais ou semiurbanos.

-Os quilogramos/habitante/día producidos.

-A poboación empadroada no concello.

-Os quilómetros percorridos por riba dos 25.

Artigo 8º.-Contía das axudas.

Para o cálculo desta estimación deberase ter en conta o coeficiente de 0,66 quilogramos/habitante/día asignado aos concellos considerados rurais e de 0,99 quilogramos/habitante/día para os concellos semiurbanos.

Por tanto, a estimación dos residuos producidos por cada concello será o resultado de multiplicar o número de habitantes polo coeficiente correspondente de 0,66 ou 0,99.

A contía da axuda que se aboará será como máximo de 0,16 euros/tonelada/quilómetro subvencionable en función do número de solicitudes que resulten beneficiarias e do crédito orzamentario establecido nesta orde.

No caso dunha entidade supramunicipal, o importe será o resultado de sumar as cantidades que lle correspondan a cada un dos concellos con dereito a subvención que comprende, tendo en conta os límites establecidos neste artigo.

Artigo 9º.-Documentación específica para a xustificación e o pagamento.

1. O pagamento efectuarase logo da recepción, nesta consellería, do certificado expedido pola Sociedade Galega do Medio Ambiente ou xestor final de residuos autorizado en que se faga constar:

a) A cantidade de residuos entregados pola entidade local correspondente nas súas instalacións no período a que se refire o pagamento.

b) Que a entidade local beneficiaria non ten, no momento da expedición do oportuno certificado, pendentes de pagamento débedas vencibles e exixibles contraídas coa Sociedade Galega do Medio Ambiente ou xestor final autorizado pola xestión dos residuos sólidos urbanos de bolsa negra entregados nas súas instalacións.

2. A sinatura da solicitude presentada ao abeiro desta orde autoriza a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para obter da Sociedade Galega do Medio Ambiente ou xestor final de residuos os datos necesarios para o cálculo e pagamento da axuda que finalmente lle corresponda.

Capítulo III

Das subvencións para a introdución de melloras na xestión

e explotación dos puntos limpos así como a implantación doutras instalacións ou equipamentos similares

Artigo 10º.-Actuacións subvencionables.

Subvencionaranse ao abeiro desta orde:

a) Investimentos nos puntos limpos que repercutan nun incremento da eficiencia do servizo proporcionado. Consideraranse actuacións subvencionables a adquisición de aparellos e equipamentos (básculas, máquinas de compactación, ...), compra ou substitución de contedores, adaptación das instalacións para acadar a recepción separada dunha maior variedade e cantidade de residuos ou calquera outra clase de actuación que supoña unha mellora apreciable do funcionamento do punto limpo.

b) Establecemento de pequenos puntos limpos urbanos, entendendo por tales, instalacións de reducido tamaño de recolla selectiva nunha zona céntrica da vila.

c) Compra de minipuntos limpos, sendo estes, contedores de carácter urbano que permiten a recoda selectiva de varios residuos, tanto de tipo doméstico como de oficina, de pequeno tamaño (cartuchos de tinta baleiros, pilas, teléfonos móbiles, lámpadas, ...) para instalar en vías urbanas ou en locais de carácter público como bibliotecas, estacións de autobuses, de trens, a casa do concello, etc.

d) Proxectos que potencien a reutilización de determinados residuos mediante a reparación e nova posta a circulación de certos elementos depositados nos puntos limpos como xoguetes, electrodomésticos, ..., así como o aproveitamento daqueles que non se poidan arranxar.

As actuacións incluídas neste punto poderán ir acompañadas de campañas de educación e sensibilización que teñan como obxectivo a promoción tanto dos puntos limpos como do resto de propostas presentadas. Estas deberán axustarse ao que establece o artigo 3º, Liñas subvencionables, sobre elas.

Artigo 11º.-Documentación específica.

Os proxectos presentados deberán conter unha descrición clara das actividades que se van desenvolver, tanto desde o punto de vista técnico como económico, así como os datos e a información requirida para o tipo de actuación ou actuacións para as cales se solicita a axuda.

Así, xunto coa documentación establecida no artigo 4º desta orde, deberase remitir unha memoria explicativa que:

-Non poderá superar as 15 páxinas de extensión.

-Incluirá a información técnica oportuna en relación co proxecto facendo referencia, necesariamente, aos datos e aspectos que deseguido se sinalan.

-Reproducirá a estrutura e enumeración que se facilita a seguir.

Contido da memoria explicativa:

1. Denominación e breve descrición do proxecto.

2. Enumeración e concreción de cada unha das actividades que se van desenvolver dentro do prazo de execución.

3. Obxectivos perseguidos e destinatarios das actuacións propostas. Será preciso neste punto a referencia ás melloras ou beneficios ambientais que se procuran.

4. Se procede, e de forma detallada, as medidas de educación e sensibilización ambiental que se van desenvolver, dentro do prazo de execución e incluídas no proxecto.

5. Recursos tanto humanos como medios doutro tipo de que dispón a entidade na execución do proxecto presentado.

6. Se for o caso, cronograma e duración do proxecto.

7. Indicadores de seguimento e avaliación dos obxectivos propostos.

8. Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables, especificando as diferentes partidas.

9. Financiamento (importe total do proxecto, fontes e porcentaxe de subvención que se solicita sobre o custo total do proxecto, se for o caso).

10. Calquera outra información que se considere de interese.

Artigo 12º.-Criterios de valoración.

1. En función da poboación da entidade local: ata 5 puntos.

-No caso de entidades locais que atendan unha poboación superior aos 20.000 habitantes: 1 punto.

-Se a entidade local atende unha poboación inferior aos 20.000 habitantes pero superior aos 5.000 habitantes: 3 puntos.

-Naqueles casos en que a entidade local preste servizo a unha poboación inferior aos 5.000 habitantes ou sexa solicitada a axuda por un ente supramunicipal: 5 puntos.

2. Nivel de cofinanciamento do proxecto ou actividade: ata 5 puntos.

i. Se o nivel de cofinanciamento é superior ao 30% ata o 50%: 1 punto.

ii. Por importe superior ao 50% ata o 60%: 3 puntos.

iii. Por importe superior ao 60%: 5 puntos.

3. A coherencia, calidade e claridade do proxecto (definición, planificación, dispoñibilidade de recursos, indicadores de execución e de avaliación de resultados, …), ata 5 puntos.

4. Pola correcta presentación da solicitude xunto coa totalidade da documentación necesaria no prazo establecido nesta orde: 3 puntos.

5. Polo emprego do galego na realización ou difusión do proxecto ou actividade que se vai subvencionar: 2 puntos.

Non serán considerados aqueles proxectos cuxa puntuación sexa inferior aos 13 puntos.

Artigo 13º.-Contía das axudas.

As contías das axudas que outorgue a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán acadar, dependendo da valoración realizada por esta, ata o 70% do custo do proxecto presentado cos límites seguintes:

i. Ata un máximo de 10.000 € por entidade solicitante.

ii. No caso que a axuda fose solicitada por entidades de carácter supramunicipal, o importe será dun máximo de 20.000 € de subvención total.

No caso de que estas vaian acompañadas de medidas de educación e sensibilización ambiental, o importe máximo das devanditas medidas non poderá superar o 20% do custo total do proxecto.

Artigo 14º.-Documentación específica para a xustificación e o pagamento.

Ademais do requirido no artigo 42º desta orde, no caso de que o proxecto consista no establecemento de pequenos puntos limpos urbanos, a entidade local deberá presentar un certificado, asinado polo secretario ou secretaria da devandita entidade, polo cal se comprometen a manter en funcionamento o servizo obxecto da axuda cando menos 3 anos desde a finalización do prazo de execución.

Capítulo IV

Das subvencións para a prevención e recolla selectiva

de residuos

Artigo 15º.-Actuacións subvencionables.

Ao amparo deste capítulo, as entidades locais interesadas poderán solicitar axudas para o desenvolvemento de proxectos relativos a:

1. A elaboración de programas locais de prevención de residuos municipais.

2. O fomento da autocompostaxe: proxectos que teñan por finalidade o fomento da recolla selectiva de materia orgánica e/ou a autocompostaxe, que inicien a prestación do servizo ou o amplíen a un ámbito superior e/ou realicen actuacións que impliquen unha mellora substancial cuantitativa e cualitativa da recolla selectiva da fracción orgánica (xerada nos fogares, no sector restauración ou en establecementos de consumo, ou mesmo os residuos biodegradables que se orixinen en parques ou xardíns), así como da súa compostaxe.

Incluiranse neste punto a adquisición de cubos de recolla selectiva, bolsas de compostaxe, contedores, compostadores (tanto de uso individual como colectivo), actuacións de asesoramento, de información e comunicación, equipamentos para a xestión e trituración destes residuos, etc.

3. Ambientalización de eventos, acontecementos e festas populares.

4. A posta en marcha de sistemas especiais de recolla selectiva, reutilización e reciclaxe de residuos que non estean recollidos dentro dun sistema integrado de xestión (tales como aceites de cociña, etc.).

5. A promoción da reparación e reutilización de equipamentos e produtos (mercados de segunda man ou de intercambio, talleres de reparación de aparellos eléctricos e electrónicos reutilizables...).

6. Outras actuacións en materia de prevención (envases, bolsas de compra, publicidade gratuíta, etc.) ou fomento da compra e consumo responsable.

7. Outras actuacións relacionadas co obxecto desta liña subvencionable.

As actuacións incluídas neste punto poderán ir acompañadas de campañas de educación e sensibilización sobre o obxecto do proxecto presentado. Estas deberán axustarse ao que establece o artigo 3º liñas subvencionables, sobre elas.

Artigo 16º.-Documentación específica.

Xunto coa documentación establecida no artigo 4º desta orde, deberase remitir unha memoria explicativa que:

-Non poderá superar as 15 páxinas de extensión.

-Incluirá a información técnica oportuna en relación co proxecto, facendo referencia, necesariamente, aos datos e extremos que deseguido se sinalan.

-Reproducirá a estrutura e enumeración que se facilita a seguir.

Contido da memoria explicativa:

1. Denominación e breve descrición do proxecto.

2. Enumeración e concreción de cada unha das actividades que se van desenvolver dentro do prazo de execución.

3. Obxectivos perseguidos e destinatarios das actuacións propostas. Será precisa neste punto a referencia ás melloras ou beneficios ambientais que se procuran.

4. Se procede, e de forma detallada, as medidas de educación e sensibilización ambiental que se van desenvolver, dentro do prazo de execución e incluídas no proxecto.

5. Recursos tanto humanos como medios doutro tipo de que dispón a entidade na execución do proxecto presentado.

6. Se for o caso, cronograma e duración do proxecto.

7. Indicadores de seguimento e avaliación dos obxectivos propostos.

8. Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables, especificando as diferentes partidas.

9. Financiamento (importe total do proxecto, fontes e porcentaxe de subvención que se solicita sobre o custo total do proxecto, se for o caso).

10. Calquera outra información que se considere de interese.

Artigo 17º.-Criterios de valoración.

1. Tratándose de concellos ou entidades de carácter maioritariamente rural: 5 puntos.

2. Pola coherencia, calidade e claridade do proxecto (definición, planificación, dispoñibilidade de recursos, indicadores de execución e de avaliación de resultados,…) así como no caso daqueles proxectos innovadores e que poidan presentar un interese especial para a súa aplicación noutras entidades locais: ata 5 puntos.

3. Nivel de cofinanciamento do proxecto ou actividade: ata 5 puntos.

i. Se o nivel de cofinanciamento é superior ao 30% ata o 50%: 1 punto.

ii. Por importe superior ao 50% ata o 60%: 3 puntos.

iii. Por importe superior ao 60%: 5 puntos.

4. Pola correcta presentación da solicitude xunto coa totalidade da documentación necesaria no prazo establecido nesta orde: 3 puntos.

5. Polo emprego do galego na realización ou difusión do proxecto ou actividade que se vai subvencionar: 2 puntos.

Non serán considerados aqueles proxectos cuxa puntuación sexa inferior aos 13 puntos.

Artigo 18º.-Contía das axudas.

As contías das axudas que outorgue a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán acadar, dependendo da valoración realizada por desta, ata o 70% do custo do proxecto presentado cos límites seguintes:

i. Ata un máximo de 8.000 € por entidade solicitante.

ii. No caso que a axuda fose solicitada por entidades de carácter supramunicipal, o importe será dun máximo de 16.000 € de subvención total.

No caso de que estas vaian acompañadas de medidas de educación e sensibilización ambiental, o importe máximo das devanditas medidas non poderá superar o 20% do custo total do proxecto.

Artigo 19º.-Documentación específica para a xustificación e o pagamento.

Ademais do requirido no artigo 42º desta orde, no caso de proxectos que teñan por obxecto as actuacións determinadas no artigo 15º, o pagamento da axuda quedará condicionado á remisión dunha memoria relativa aos resultados acadados na aplicación das medidas ambientais, obxecto da subvención, que deberá ter en conta o plan de seguimento e avaliación dos resultados considerado así como a posible continuidade das actuacións propostas.

Capítulo V

Das subvencións para a mitigación ou adaptación ao cambio climático

Artigo 20º.-Actuacións subvencionables.

Accións orientadas á mitigación ou adaptación ao cambio climático, entre as cales poden considerarse:

1. Investimentos que produzan unha redución efectiva de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).

2. Accións que supoñan unha redución das emisións distintas dos GEI.

3. Calquera outra relacionada co obxecto deste capítulo.

As actuacións incluídas neste punto poderán ir acompañadas de campañas de educación e sensibilización que teñan como obxectivo:

a) Dar a coñecer os efectos prexudiciais para o planeta producidos polo cambio climático, así como as posibles medidas a tomar para loitar contra el.

b) A promoción de actuacións orientadas a estimular a sociedade civil na redución da emisión tanto dos gases de efecto invernadoiro como dos distintos dos GEI.

c) Calquera outra acción das incluídas nos proxectos presentados neste capítulo.

Artigo 21º.-Documentación específica.

Acompañando a documentación establecida no artigo 4º desta orde, incluirase:

A. Tratándose de investimentos que produzan unha redución efectiva de emisións de gases efecto invernadoiro (GEI), deberase presentar un estudo que non supere as 15 páxinas de extensión e que conteña:

1. Memoria técnica que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:

1.1. Breve descrición da actividade que se vai realizar indicando a redución das emisións de GEI calculadas en toneladas equivalentes de CO2 e realizando unha comparación entre a situación inicial (antes do investimento) e a final (unha vez realizado o investimento), con referencia expresa ás fórmulas empregadas, así como aos factores de emisións, factores de oxidación, utilizados para o cálculo da redución das emisións de GEI, que poderán efectuarse tendo en conta:

-A última edición publicada do inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro de España.

-Os datos do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

-Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

-Outra fonte que se especifique pero que deberá ser validada pola Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental.

1.2. Calendario de prazos e duración do proxecto.

2. Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.

B. No caso de investimentos que supoñan unha redución das emisións distintas dos GEI, será preciso presentar un estudo que, sen superar as 15 páxinas de extensión, conteña:

1. Memoria técnica que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:

1.1. Breve descrición do proxecto.

1.2. Cronograma e duración do proxecto.

2. Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.

Artigo 22º.-Criterios de valoración.

1. Pola eficiencia da redución que implique o proxecto (considerando as emisións de GEI e non GEI por euro investido): ata 5 puntos.

2. Pola coherencia e/ou contribución á realización dos obxectivos e prioridades establecidas en materia de cambio climático, así como o grao de replicabilidade da acción: ata un máximo de 5 puntos.

3. Nivel de cofinanciamento do programa ou actividade: ata 5 puntos.

a) Se o nivel de cofinanciamento é superior ao 30% ata o 50%: 1 punto.

b) Por importe superior ao 50% ata o 60%: 3 puntos.

c) Por importe superior ao 60%: 5 puntos.

4. Pola correcta presentación da solicitude xunto coa totalidade da documentación necesaria no prazo establecido nesta orde: 3 puntos.

5. Polo emprego do galego na realización ou difusión do proxecto ou actividade que se vai subvencionar: 2 puntos.

Non serán considerados aqueles proxectos cuxa puntuación sexa inferior aos 13 puntos.

Artigo 23º.-Contía das axudas.

As contías das axudas que outorgue a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán acadar, dependendo da valoración realizada por esta, ata o 70% do custo do proxecto presentado, cos límites seguintes:

-Ata un máximo de 6.000 € por entidade solicitante.

-No caso que a axuda fose solicitada por entidades de carácter supramunicipal, o importe subvencionable será de ata un máximo de 12.000 € de subvención total.

No caso de que estas vaian acompañadas de medidas de educación e sensibilización ambiental, o importe máximo das devanditas medidas non poderá superar o 20% do custo total do proxecto.

Capítulo VI

Das subvencións para a implantación e mantemento

no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS)

Artigo 24º.-Actuacións subvencionables.

Constitúen actuacións subvencionables ao abeiro desta modalidade a implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), segundo o recollido no Regulamento (CE) 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), e polo que se derrogan o Regulamento (CE) 761/2001 e as decisións 2001/681/CE e 2006/193/CE da Comisión, en particular:

-Os traballos de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación do sistema de xestión ambiental EMAS e rexistro da entidade solicitante.

-Os traballos de verificación e validación que sexa necesario realizar para a renovación no rexistro, cada tres anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.

Artigo 25º.-Documentación específica.

As entidades solicitantes deberán remitir, xunto coa solicitude e demais documentación xenérica a que se refire o artigo 4º, unha memoria técnica que, sen superar as 15 páxinas de extensión, conterá, como mínimo, información sobre os extremos seguintes:

1. Avaliación ambiental da instalación.

2. Política ambiental que se seguirá (compromiso de mellora continua, prevención da contaminación e conformidade regulamentaria ...).

3. Cronograma que detalle os pasos a seguir para lograr o rexistro en EMAS, con referencias temporais concretas.

4. Indicación expresa de posesión dalgún sistema de xestión ambiental, en concreto, da ISO 14001. No suposto de posesión da dita norma ISO 14001, presentarase copia do certificado acreditativo emitido pola correspondente entidade de certificación.

5. Memoria valorada e orzamentos de gastos subvencionables requiridos.

6. Beneficios ambientais esperados.

Artigo 26º.-Criterios de valoración.

A valoración dos proxectos presentados efectuarase de conformidade cos seguintes criterios de valoración:

1. Atendendo ao alcance e ámbito cuberto polo sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental: ata 5 puntos.

2. Pola experiencia acreditada no desenvolvemento de políticas ambientais: ata 5 puntos.

3. Nivel de cofinanciamento do programa ou actividade: ata 5 puntos.

a) Se o nivel de cofinanciamento é superior ao 40% ata o 50%: 1 punto.

b) Por importe superior ao 50% ata o 60%: 3 puntos.

c) Por importe superior ao 60%: 5 puntos.

4. Pola correcta presentación da solicitude xunto coa totalidade da documentación necesaria no prazo establecido nesta orde: 3 puntos.

5. Polo emprego do galego na realización ou difusión do proxecto ou actividade que se vai subvencionar: 2 puntos.

Non serán considerados aqueles proxectos cuxa puntuación sexa inferior aos 13 puntos.

Artigo 27º.-Contía das axudas.

Poderá subvencionarse nesta modalidade de axuda o 60% do importe solicitado ata os importes máximos que se sinalan:

-No caso que os beneficiarios realicen a implantación e inscrición no sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental: 12.000 €.

-Cando a implantación e/ou verificación se realice partindo da norma ISO 14001: 2.500 €.

-Tratándose da verificación para a renovación do rexistro: 5.000 €.

Artigo 28º.-Documentación específica para a xustificación e o pagamento.

Tratándose de axudas concedidas para a realización de actuacións para a implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría comunitarias (EMAS), ademais do establecido no artigo 42º, requirirase, así mesmo:

1. No caso de traballos de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación e rexistro no sistema de xestión ambiental EMAS, a entidade solicitante acompañará todo o anterior da solicitude de inscrición no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Ambientais, segundo o modelo que se xunta como anexo III a esta orde, da información requirida no anexo IV para os efectos da inscrición, así como dunha declaración de compromiso (anexo V) de manterse no devandito rexistro durante un período non inferior a cinco anos contados desde a data da súa inscrición.

2. Unha declaración ambiental validada polo verificador ambiental, así como unha declaración deste sobre as actividades de verificación e validación, segundo o modelo que se xunta como anexo VI.

Capítulo VII

Das subvencións para outras actuacións de carácter ambiental

Artigo 29º.-Actuacións subvencionables.

Será subvencionable a realización, por parte das entidades locais, de actuacións que permitan un coñecemento concreto de certos aspectos ambientais, como poden ser:

a) Investimentos en sonógrafos e outros equipamentos que permitan á entidade local solicitante a medición dos niveis producidos polas fontes de ruído existentes e, conforme a elas, que a devandita entidade poida elaborar un mapa de ruído.

b) Investimentos en aparellos e equipamentos que permitan á entidade local solicitante a realización de medicións do grao de contaminación do aire e, conforme a estas, posibilite á entidade local a elaboración de mapas de calidade do aire nas zonas consideradas.

Artigo 30º.-Documentación específica.

Xunto coa documentación de solicitude establecida no artigo 4º desta orde, entregarase:

1. Unha memoria técnica, de non máis de 15 páxinas, en que se indique, cando menos:

-As características da área xeográfica onde se levarán a cabo tanto as medicións como a elaboración do mapa en cuestión (tamaño da poboación, dispersión xeográfica, características orográficas, número de vivendas afectadas, ...).

-Existencia de áreas potencialmente prexudiciais polos ruídos ou pola polución do aire (estradas, polígonos industriais, factorías, áreas comerciais, ...).

-Obxectivos buscados coa realización do mapa.

-Cronograma e duración do proxecto.

-Formas presentadas de difundir entre a poboación afectada os resultados acadados.

-Aplicación práctica por parte da entidade solicitante dos resultados acadados.

2. Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.

Artigo 31º.-Criterios de valoración.

1. En función da poboación da entidade local: ata 5 puntos.

-No caso de entidades locais que comprendan unha poboación superior aos 20.000 habitantes: 1 punto.

-Se a entidade local abrangue unha poboación inferior aos 20.000 habitantes pero superior aos 5.000 habitantes: 3 puntos.

-Naqueles casos en que a poboación considerada sexa inferior aos 5.000 habitantes ou sexa solicitada a axuda por un ente supramunicipal: 5 puntos.

2. Zonas xeográficas en que existen elementos potencialmente prexudiciais: ata 5 puntos.

3. Nivel de cofinanciamento do programa ou actividade: ata 5 puntos.

i. Se o nivel de cofinanciamento é superior ao 40% ata o 50%: 1 punto.

ii. Por importe superior ao 50% ata o 60%: 3 puntos.

iii. Por importe superior ao 60%: 5 puntos.

4. Pola correcta presentación da solicitude xunto coa totalidade da documentación necesaria no prazo establecido nesta orde: 3 puntos.

5. Polo emprego do galego na realización ou difusión do proxecto ou actividade que se vai subvencionar: 2 puntos.

Non serán considerados aqueles proxectos cuxa puntuación sexa inferior aos 13 puntos.

Artigo 32º.-Contía das axudas.

As contías das axudas que outorgue a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán acadar, dependendo da valoración realizada por parte desta, ata o 60% do custo do proxecto presentado, cos límites seguintes:

-Ata un máximo de 6.000 € por entidade solicitante.

-No caso que a axuda fose solicitada por entidades de carácter supramunicipal, o importe subvencionable será de ata un máximo de 12.000 € de subvención total.

Artigo 33º.-Documentación específica para a xustificación e o pagamento.

Ademais do requirido no artigo 42º desta orde, deberase remitir un certificado, asinado polo secretario da entidade local, mediante o cal a entidade solicitante se compromete a actualizar, posteriormente, os mapas obxecto da subvención e a proporcionar os resultados acadados á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a súa difusión a través do Siam-Sistema de Información Ambiental de Galicia.

Capítulo VIII

Tramitación, resolución, xustificación e pagamento

Artigo 34º.-Procedemento de concesión.

Nas actuacións subvencionables mencionadas nos seguintes capítulos:

1. Capítulo III. Das subvencións para a introdución de melloras na xestión e explotación dos puntos limpos, así como a implantación doutras instalacións ou equipamentos similares.

2. Capítulo IV. Das subvencións para a prevención e recolla selectiva de residuos.

3. Capítulo V. Das subvencións para a mitigación ou adaptación ao cambio climático.

4. Capítulo VI. Das subvencións para a implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais-EMAS.

5. Capítulo VII. Das subvencións para outras actuacións de carácter ambiental.

O procedemento que se empregará para a concesión das axudas será o establecido no artigo 19, punto 1º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no cal se sinala que o procedemento ordinario de concesión de subvencións se tramitará en réxime de concorrencia competitiva. Para estes efectos, ten a consideración de concorrencia competitiva o procedemento mediante o cal a concesión das subvencións se realiza a través da comparación das solicitudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas, de acordo cos criterios de valoración fixados nos distintos capítulos desta orde, e adxudicar, co límite que marca o crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior valoración en aplicación dos devanditos criterios.

No caso das solicitudes presentadas ao abeiro do establecido no capítulo II Transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra ata as estacións de transferencia ou plantas de xestión, a súa concesión rexerase polo establecido no punto 3º do artigo 19 da Lei 9/2007, en que se establece, con carácter excepcional, que o órgano competente poderá proceder ao rateo entre os beneficiarios da subvención do importe global máximo destinado ás subvencións, sempre que así se prevexa nas bases reguladoras.

Artigo 35º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano instrutor do procedemento, revisará as solicitudes recibidas e a documentación presentada. No caso de estar incompleta, conter erros ou non presentar toda a necesaria, requirirase o solicitante para que, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, indicándolle que, se non o fixer, se poderá considerar desistido da súa petición, a cal se arquivará sen máis trámites, de acordo co disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo resolución que para o efecto se dite.

2. As solicitudes, xunto coa documentación completa requirida, serán postas á disposición dunha comisión de avaliación para a súa valoración e informe, segundo os criterios de valoracións establecidos nos distintos capítulos desta orde, do cal elevarán a correspondente proposta de resolución de concesión das axudas.

No caso de consideralo oportuno, e con anterioridade a elaboración da proposta de resolución, poderase solicitar informe das distintas subdireccións xerais da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con competencias nas materias obxecto destas axudas.

A comisión de avaliación estará presidida polo titular da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental ou persoa en que delegue, e integrada polos titulares das subdireccións xerais de Calidade Ambiental, de Avaliación Ambiental e de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental, ou persoas en que deleguen, actuando como secretario o titular do Servizo de Apoio Técnico Ambiental.

Á vista das solicitudes recibidas, a comisión de avaliación poderá acordar a agrupación dos proxectos recibidos, atendendo aos grupos de actuacións subvencionables a que se refire o artigo Actuacións subvencionables de cada un dos capítulos III a VII desta orde, e asignar a cada grupo unha porcentaxe do crédito, o que se fará constar de xeito motivado na acta en que se propoñan as axudas concedidas e os criterios empregados.

3. O prazo para resolver será de cinco meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Transcorrido o prazo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Notificada a resolución de concesión da axuda, os beneficiarios disporán de dez días para a aceptación da axuda. Transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase aceptada tacitamente.

Artigo 36º.-Recursos.

A resolución ditada porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor, consonte dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo; ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, se a resolución for expresa, ou de seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo.

Artigo 37º.-Período subvencionable.

O período subvencionable para a convocatoria que se abre por medio desta orde abranguerá os gastos relativos ás actuacións das liñas subvencionables a que se refire o artigo 3º realizados pola entidade beneficiaria entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de outubro de 2010, ambos inclusive, de acordo coas especificacións contidas nesta orde, salvo no caso do capítulo II Transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra, en que se terán en conta as actuacións efectuadas entre o 1 de novembro de 2009 e o 31 de outubro de 2010.

Artigo 38º.-Gastos subvencionables.

1. Serán gastos subvencionables, con carácter xeral:

i. Os custos relacionados directamente co proxecto para o cal se solicita a axuda.

ii. O imposto sobre o valor engadido (IVE) non deducible polo beneficiario.

2. Non terán a consideración de gastos subvencionables, coas excepcións establecidas neste artigo, os seguintes:

*Os gastos realizados fóra do prazo de execución establecido para o desenvolvemento dos proxectos obxecto de subvención.

*A adquisición ou aluguer de locais.

*A realización de obras de construción, así como a adquisición de materiais para as devanditas obras salvo:

-A realización de pequenas reformas nun punto limpo sempre que non afecten a súa estrutura e deseño orixinal.

-O acondicionamento de instalacións pertencentes á entidade local solicitante coa finalidade de destinalas ao establecemento dun punto limpo urbano. Isto comprenderá, ademais da súa adaptación, o equipamento necesario para o seu funcionamento.

*As taxas de calquera tipo, os gastos financeiros, así como os gastos de asesoría xurídica ou financeira.

*Os gastos de persoal tanto propio como contratado.

*Os gastos de mantemento e explotación, considerándose como tales os seguintes:

a) Aluguer, comunidade, seguros, reparación e conservación do local e mobiliario da oficina.

b) Gastos de subministración inherentes á actividade desenvolvida, como servizo de telecomunicación (teléfono, fax e internet), servizo de correos, material de oficina, electricidade, auga e limpeza.

-No caso do vapítulo VI subvencións para a implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais-EMAS, as medicións, análises e estudos.

-A compra de equipamento de oficina, así como de equipamentos informáticos e software.

3. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude.

Artigo 39º.-Publicidade das axudas.

1. Coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.

2. Así mesmo, de conformidade co establecido no artigo 13, punto 4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicará na súa páxina web oficial a relación de beneficiarios e o importe das axudas concedidas, expresando, así mesmo a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen e a finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

3. Non será necesaria a publicación nos supostos previstos no artigo 15.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O beneficiario poderá facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus dereitos no suposto previsto na letra d) do parágrafo 2º do devandito artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. De conformidade co artigo 15.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios deberán dar publicidade da subvención concedida en toda actividade relacionada co obxecto da subvención.

5. As resolucións de concesión da subvención incluiranse no Rexistro Público de Subvencións dependente da Consellería de Facenda, sen prexuízo do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Os datos incorporados ao rexistro poderán ser obxecto de rectificación, cancelación e oposición polo interesado.

Artigo 40º.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 41º.-Redución do pagamento.

No suposto de que o investimento ou a actividade realizada, e debidamente xustificada, teña un custo inferior ao inicialmente previsto, e sempre que o resultado obtido sexa dun cumprimento total ou se aproxime, de modo significativo, ao cumprimento íntegro do proxecto presentado na solicitude, o dereito da entidade á axuda concedida manterase, mais o seu importe verase diminuído na cantidade necesaria para manter a porcentaxe de axuda sobre o investimento estipulado.

Artigo 42º.-Documentación común para a xustificación e o pagamento.

1. Os requirimentos de documentación establecidos neste artigo serán de aplicación para todos os proxectos presentados dentro desta orde, excepto os referidos ao capítulo II Das subvencións para o transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra ata as estacións de transferencia ou plantas de xestión máis próximas. A xustificación das accións incluídas no devandito capítulo II farase de acordo co establecido no artigo 9º desta orde.

2. O pagamento das axudas efectuarase, con cargo ao exercicio orzamentario correspondente, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, con anterioridade ao 5 de novembro, da documentación que se indica deseguido, así como, se procede, con base ao proxecto presentado, a que figure no capítulo en cuestión:

*Solicitude de aboamento efectuada polo beneficiario conforme o modelo que se facilita no anexo VII.

*Memoria das actividades realizadas a que se refire a axuda, na cal se deberán detallar as actuacións e resultados acadados en relación cos indicadores de seguimento e avaliación propostos, e na cal se incluirá unha epígrafe destinada á relación de custos do proxecto agrupados segundo o orzamento presentado no momento da solicitude da axuda. En particular, a información remitida deberá poder identificar, se for o caso, que importes se destinaron a medidas de educación e sensibilización ambiental.

*Esta memoria, xunto coa solicitude de pagamento e a remisión de calquera outro material (fotografías, publicacións, etc.) que se considere de interese, acompañarase da oportuna documentación xustificativa, ben orixinal ben copia compulsada, segundo o caso de que se trate:

-Facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, nos termos establecidos no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As facturas deberán concretar, de maneira adecuada, os conceptos incluídos e as características destes, de xeito que se poida comprobar que se axustan aos requisitos e conceptos subvencionados nesta convocatoria.

A acreditación dos gastos tamén poderá efectuarse mediante facturas electrónicas, sempre que cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito tributario.

-De ser o caso, acreditación do importe, procedencia e aplicación, dos fondos propios, ou doutras subvencións ou recursos, destinados ao obxecto subvencionable.

-De ser o caso, acreditación de realización en lingua galega da actividade subvencionada ou da actividade ordinaria da entidade, mediante declaración do representante legal, acompañada dun exemplar dos carteis e demais soportes publicitarios utilizados, documentación dos relatorios ou documentos internos da entidade, etc., segundo proceda.

-Documentación xustificativa de ter subcontratado unha parte ou a totalidade da actuación subvencionada, no caso de que a entidade beneficiaria exercese tal posibilidade.

-Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3º da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario.

-Certificado debidamente formalizado, datado e asinado polo secretario ou secretaria da entidade local, indicando a non deducibilidade do IVE do proxecto presentado.

*No suposto de que as actuacións incluídas no proxecto vaian acompañadas de campañas de educación e sensibilización, deberase presentar un informe completo indicando en que consistiron, como se levaron a cabo, número das accións... e presentando calquera elemento que se elaborase para as ditas accións (dípticos, carteis, manuais...).

3. Terá a consideración de gasto realizado, para os efectos do disposto no artigo 29.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o xustificado a través dos documentos indicados neste artigo, sen que sexa preciso acreditar o aboamento previo do seu importe. Non obstante, a secretaría xeral poderá solicitar en calquera momento que o beneficiario acredite, no prazo de dez días desde a recepción do requirimento, o efectivo pagamento dos gastos xustificados.

Artigo 43º.-Incumprimento e procedemento de reintegro.

O incumprimento das obrigas asumidas polo beneficiario implicará o reintegro do importe percibido, xunto cos xuros de demora producidos desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en particular nos seguintes:

a) Incumprimento da obriga da xustificación ou xustificación insuficiente.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas para isto ou ocultando aquelas que a terían impedido.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo que fundamentou a concesión da subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas á entidade beneficiaria con motivo da concesión da subvención ou axuda.

e) En xeral, cando se incumpra algunha das obrigas establecidas nesta orde, na resolución de concesión ou nos demais supostos establecidos na normativa reguladora das subvencións.

Artigo 44º.-Obrigas dos beneficiarios.

1. As actuacións subvencionadas deberán estar rematadas antes do 31 de outubro de 2010.

2. Segundo o establecido no artigo 15, punto 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medios audiovisuais) que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas deberá incluír expresamente a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como a imaxe da identidade corporativa deste departamento de acordo coas normas gráficas aprobadas para o efecto e que se poden consultar no enderezo web: http://www.xunta.es/inicio-identidade-corporativa.

3. Ceder, con carácter gratuíto e non exclusivo, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o dereito de utilización da información técnica, gráfica ou doutro tipo contida na documentación presentada, así como a resultante da realización do proxecto subvencionado, para o seu uso e incorporación nos sistemas de información deste departamento autonómico.

4. No caso dos beneficiarios de axudas para a implantación e mantemento no EMAS, estes están obrigados a manter en vigor o sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental e o seu correspondente rexistro, durante un período mínimo de cinco anos.

Artigo 45º.-Información e control.

Os solicitantes e beneficiarios quedan sometidos ás actuacións de comprobación e control efectuadas polo órgano competente para resolver, así como ás de control financeiro desenvolvidas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, deberán facilitar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental toda a información e documentación complementaria que esta considere precisa para a concesión ou aboamento do importe da subvención.

Os beneficiarios deberán conservar, para os efectos de comprobación e control, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos polo menos durante cinco anos desde o derradeiro pagamento.

Artigo 46º.-Financiamento.

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse, con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, segundo se indica de seguido:

-Ata un máximo de 537.471 € con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541D.460.2 para as actuacións subvencionables do capítulo II desta orde.

-Ata un máximo de 991.387,04 € con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541A.760.1 para as actuacións subvencionables dos capítulos III a VII desta orde.

De xeito motivado e para os efectos de dar cobertura financeira ao número de solicitudes presentadas poderase acordar, segundo as dispoñibilidades orzamentarias do momento, o incremento do crédito inicial establecido nesta convocatoria, tramitando o oportuno expediente orzamentario de xeración, ampliación ou incorporación de crédito, axustándose a todo o previsto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 47º.-Compatibilidade das axudas.

As axudas establecidas nesta orde serán compatibles con outras que, para a mesma finalidade, concedan outras administracións públicas ou entes delas dependentes; así como por entidades privadas.

Non obstante, serán incompatibles con calquera outra con cargo ao orzamento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En todo caso, a obtención de axudas concorrentes non poderá superar o custo total da actividade ou investimento. En caso de que se supere este, o importe da axuda minorarase o necesario para non superar este límite.

O beneficiario está obrigado a comunicar á entidade concedente a obtención de subvencións ou axudas que financien as actividades obxecto desta axuda.

Artigo 48º.-Infraccións e sancións.

O réxime de infraccións e sancións establecido nesta orde é o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O procedemento sancionador será o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Delégase no secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o exercicio da competencia para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde consonte o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas

Ver referencia pdf "14200D001P006.PDF"