DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2010 Páx. 13.514

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLITO positivo de competencia 5045-2010.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 14 de xullo actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 5045-2010, promovido pola Xunta de Galicia, en relación coa Orde ITC/404/2010, do 22 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas á implantación e ao desenvolvemento da responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas: Iniciativa RSE-PYME, e Resolución do 22 de marzo, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se efectúa, para o ano 2010, a convocatoria de axudas á implantación e ao desenvolvemento da responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas: Iniciativa RSE-PYME e, de conformidade co disposto no artigo 10.2º da LOTC, na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, atribuíulle á Sala Segunda, á cal lle correspondeu por quenda obxectiva, o coñecemento deste conflito.

Madrid, 14 de xullo de 2010.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de xustiza do Pleno