DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2010 Páx. 13.514

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLITO positivo de competencia 4602-2010.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 14 de xullo actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 4602-2010, promovido pola Xunta de Galicia, contra a Resolución do 1 de febreiro de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se aproba a convocatoria para a concesión, con cargo ao exercicio orzamentario de 2010, de subvencións públicas para a execución de plans de formación mediante convenios, de ámbito estatal, dirixidos prioritariamente aos traballadores ocupados, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se regula a formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento e, de conformidade co disposto no artigo 10.2º da LOTC, na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, atribuíulle á Sala Segunda, á cal lle correspondeu por quenda obxectiva, o coñecemento deste conflito.

Madrid, 14 de xullo de 2010.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de xustiza do Pleno