DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2010 Páx. 13.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 19 de xullo de 2010 pola que se modifica a Orde do 5 de febreiro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional.

Por orde da Consellería do Medio Rural, do 5 de febreiro de 2009 (corrección de erros DOG nº 34, do 18 de febreiro), aprobouse o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e nomeouse o Consello Regulador Provisional.

En reunión do Pleno do Consello Regulador do 21 de xuño de 2010, aceptouse a renuncia, por motivos persoais, de Juan José Estévez Fernández como vogal dese Consello Regulador, así como a súa substitución por Domingo Fidalgo Gutiérrez.

Na súa virtude, por proposta do Pleno do Consello Regulador, tendo en conta as consideracións expostas e o disposto no artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 2 da Orde do 5 de febreiro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador provisional, que queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 2º.-Nomeamento do Consello Regulador Provisional.

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia, con carácter provisorio ata que teñan lugar eleccións na forma determinada pola normativa vixente.

Queda formado polos membros seguintes:

Presidente: Jesús Quintá García.

Vogais polo sector produtor:

-Guillermo Lago Pérez.

-Domingo Fidalgo Gutiérrez.

-María Páez Pérez.

-Alberto Vázquez Rodríguez.

-Xosé Manuel Guerra Nieves.

-Mónica Vázquez Blanco.

Vogais polo sector de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco:

-José Domingo Gómez Fidalgo.

-Francisco Barredo González.

-Juan Pedro Fernández López.

Vogais polo sector industrial de industrias de procesamento:

-Maite González Estévez.

-Miguel Ángel Areán González.

-José Domingo Posada González».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural