DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2010 Páx. 13.460

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2010 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 23 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, aos clusters empresariais galegos para a mellora da competitividade do tecido empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (código de procedemento IN540A).

O artigo 20º das bases reguladoras da dita orde dispón que, no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.04.741A.781.0 e 08.04.741.481.0, dentro das liñas de axuda de reforzamento, formación, bolseiros e funcionamento destinadas aos clústers empresariais galegos para a mellora da competitividade do noso tecido empresarial, ao abeiro da citada Orde do 23 de marzo de 2010, e que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "14000D002P032.PDF"

A Consellería de Economía e Industria resolveu, con data do 14 de xuño de 2010, a concesión das subvencións correspondentes ao procedemento IN540A: axudas aos clústers empresariais galegos para a mellora da competitividade do tecido empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia, reguladas e convocadas pola citada Orde do 23 de marzo de 2010, por un importe total de 1.991.699,07 euros e coa seguinte distribución por liñas de axuda e aplicacións orzamentarias:

Ver referencia pdf "14000D002P032.PDF"