DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2010 Páx. 13.434

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

No Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración configúrase como o órgano superior da Administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de política inmigratoria e de retorno en Galicia, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias deriven.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Para dar cumprimento aos obxectivos que ten encomendados, esta secretaría xeral convoca unha resolución de axudas e subvencións destinadas ás entidades sen ánimo de lucro que realicen programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2010.

O procedemento de concesión das axudas e subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, respectando os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos que se debe axustar a xestión das subvencións e axudas outorgadas polas administracións públicas.

En virtude do exposto, de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da referida Lei 9/2007, nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, coa Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normativa de aplicación, logo de informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

RESOLVO:

Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.

1. Apróbanse as bases, que se inclúen como anexo, polas cales se rexerá a concesión de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas subvencións para o ano 2010.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Xustifícase a excepcionalidade por canto neste caso non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada que, cumprindo os requisitos especificados nestas bases, poidan levar adiante en Galicia entidades sen ánimo de lucro.

Artigo 2º.-Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 3º.-Desenvolvemento e aplicación.

O secretario xeral da Emigración poderá ditar todas as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta convocatoria e das súas bases reguladoras.

Artigo 4º.-Financiamento.

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de seiscentos mil euros (600.000 €) correspondentes á aplicación orzamentaria 04.50. 312C.481.0, con que se financiarán os importes das subvencións para gastos correntes e de oitenta mil euros (80.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 04.50.312C.781.0, con que se financiarán os importes das subvencións para gastos de capital. Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir nas devanditas aplicacións.

Artigo 5º.-Réxime de recursos.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o secretario xeral da Emigración, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte no da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2010.

J. Santiago Camba Bouzas

Secretario xeral da Emigración

Anexo

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións correspondentes a entidades sen ánimo de lucro para que desenvolvan programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración, en favor da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega

Artigo 1º.-Obxecto.

1. O obxecto destas bases é a convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas que conteñan actividades e accións destinadas a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega.

2. Só poderán subvencionarse proxectos e accións referidos aos eixes e programas que se detallan no artigo 5º das bases reguladoras.

Artigo 2º.-Ámbito e finalidade das subvencións.

As actuacións obxecto de subvención previstas nesta convocatoria desenvolveranse no territorio da Comunidade Autónoma galega, agás as previstas no eixe de codesenvolvemento e terán como finalidade favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións aquelas entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia, que cumpran na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

1. Estar legalmente constituídas e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo.

2. Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na comunidade autónoma.

3. Desenvolver actuacións que favorezan a acollida e integración das persoas inmigrantes e retornadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Dispoñer de experiencia e capacidade para garantir a realización das accións obxecto da subvención.

5. Non incorrer en ningunha prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións, enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades de dereito público as universidades, os partidos políticos, as sociedades civís, as asociacións profesionais ou empresariais, os colexios profesionais e calquera entidade non citada neste artigo que non acredite non ter ánimo de lucro.

Artigo 4º.-Accións subvencionables e contía da axuda.

1. Poderán subvencionarse con cargo a esta resolución os gastos correntes e os gastos de equipamento, que deberán estar debidamente relacionados no orzamento de ingresos e gastos da entidade que debe xuntar, entre outros, á solicitude de axudas, vinculados directamente cos programas que desenvolvan as entidades solicitantes.

Serán subvencionables os gastos de equipamento consistentes na adquisición dos bens mobles que sexan precisos para a realización dos programas presentados polas entidades beneficiarias desta resolución. En ningún caso serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria os gastos de adquisición de bens inmobles e os gastos derivados da constitución de hipotecas.

2. Cada entidade solicitante poderá presentar como máximo cuatro proxectos.

3. O cálculo da contía imputable a cada beneficiario desta convocatoria rexerase polos seguintes principios xerais:

Cada entidade beneficiaria poderá recibir unha axuda máxima de ata un 80% do orzamento total de gastos indicado na solicitude, para aqueles proxectos que obtivesen o máximo número de puntos previstos no artigo 6º das bases reguladoras, de acordo co número de entidades beneficiarias e as dispoñibilidades orzamentarias.

As entidades solicitantes deberán, en todo caso, cofinanciar nun 20% cada proxecto subvencionado.

A contía das subvenciones determinarase en función do número de puntos que se obteña en aplicación dos criterios de valoración do artigo 6º de estas bases reguladoras. Unha vez realizada a valoración de cada proxecto ponderaranse os puntos obtidos de acordo cos seguintes coeficientes para cada tramo de puntuación:

Ver referencia pdf "14000D001P006.PDF"

Realizado este cálculo o crédito destinado á concesión desta subvención distribuirase de forma proporcional entre o total de puntos ponderados, concedéndolle a cada proxecto o importe de subvención correspondente á súa puntuación ponderada, sempre sen superar o 80% do orzamento presentado.

Unha vez feita esta repartición poderían existir remanentes, debido a que a repartición proporcional, de acordo coa puntuación ponderada, lle asignara a un ou varios proxectos un importe superior ao 80% do seu orzamento. Neste caso, o importe sen asignar irase concedendo aos proxectos de acordo coa súa orde de prelación, excluídos aqueles que xa alcanzaran o límite do 80% do seu orzamento, ata rematar co dito remanente.

En todo caso, aqueles proxectos que non acaden unha puntuación mínima de 25 puntos, en aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 6º das bases reguladoras da correspondente resolución de convocatoria, non serán obxecto de subvención, nin serán tidos en conta nos cálculos para determinar o importe das subvencións.

En caso de que o importe da subvención da proposta de resolución provisional de cada proxecto sexa inferior á que figura na solicitude presentada, a Administración poderá instar do beneficiario a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable. Neste caso, as entidades poderán levar a cabo a reformulación da solicitude no prazo máximo de cinco días hábiles contados a partir da notificación da solicitude de reformulación, debendo quedar garantido en todo caso, que o proxecto reformulado respecte o mesmo obxecto, finalidade e criterios de valoración establecidos no do proxecto orixinal e se adecúe ao establecido nestas bases. Así mesmo, o orzamento da reformulación non deberá ser inferior á suma da contía da subvención proposta máis o cofinanciamento previsto inicialmente.

Artigo 5º.-Eixes e programas subvencionables.

1. Eixe de acollida:

1.A. Programas de acollida que inclúan o ensino das linguas da sociedade de acollida.

O contido mínimo destas accións formativas axustarase tanto no contido como no formato ao anexo aprendizaxe das linguas, incluído na correspondente resolución de convocatoria.

1. B. Programas de asesoramento e orientación xurídica a persoas inmigrantes e retornadas.

Desenvolvemento de proxectos que teñan por obxecto garantir a asistencia xurídica en materia de estranxeiría e de retorno, adecualos ás necesidades cambiantes da poboación migrante, promovendo o acceso a un asesoramento xurídico de calidade que permita o pleno coñecemento dos dereitos e obrigas que lles atribúe a lexislación vixente.

1.C. Programa de acollida especializada para persoas en situación de especial vulnerabilidade.

Desenvolvemento de proxectos que teñan por obxecto o apoio daquelas accións e programas que estean destinados aos colectivos en situación de especial vulnerabilidade, incluíndo aloxamento e manutención (pisos de acollida) ademais dos programas de itinerarios de inserción. Incentivaranse os proxectos que busquen dotar de servizos que ofrezan unha acollida de xeito personalizado ás persoas inmigrantes e retornadas.

2. Eixe de emprego:

2.A. Fomento entre a poboación inmigrante e retornada da iniciativa empresarial e o traballo por conta propia ou traballo asociado (autoemprego, microcréditos e economía social).

Trátase de fomentar entre a poboación inmigrante e retornada a iniciativa empresarial e o traballo por conta propia ou traballo asociado (autoemprego, microcréditos e empresas de economía social), así como programas de conciliación da vida familiar e laboral.

3. Eixe de educación:

3.A. Programa de reforzo educativo e escolarización dos alumnos de orixe inmigrante e retornada en etapas escolares obrigatorias e non obrigatorias.

Trátase de apoiar o reforzo da escolarización dos alumnos de orixe inmigrante e retornada, en etapas escolares obrigatorias e non obrigatorias: primaranse as accións que teñan por obxecto reforzar as axudas no ámbito escolar a través de bolsas e axudas de comedor, transporte e material escolar, co obxectivo de fomentar as actuacións coordinadas entre os centros educativos e o seu ámbito.

4. Eixe de saúde:

4.A. Apoio a programas de promoción da saúde e asistencia ás necesidades específicas da poboación inmigrante e retornada.

Este programa terá por obxecto facilitar o acceso a poboación inmigrante e retornada á prevención e promoción da saúde mediante a realización de accións preventivas e socioeducativas.

4.B. Transferencia de coñecementos e boas prácticas.

Neste programa trátase de compartir aprendizaxes, tanto na promoción como na prevención da saúde, co fin de mellorar a eficiacia dos coñecementos e boas prácticas no ámbito sanitario.

5. Eixe de codesenvolvemento:

5.A. Apoio a actuacións e proxectos de codesenvolvemento que inclúan participación activa das persoas inmigrantes:

Trátase de fomentar, entre as persoas inmigrantes, programas de orientación e información en materia de codesenvolvemento e capacitación para a elaboración de proxectos e acompañamento para o seu desenvolvemento.

5.B. Apoio a programas de retorno voluntario de persoas inmigrantes asociado a proxectos de reinserción laboral en orixe.

Apoiaranse proxectos de intercambio técnico, de transferencias de coñecementos e de boas prácticas, co obxecto da reinserción laboral en orixe.

Artigo 6º.-Criterios de valoración.

1. As solicitudes presentadas para desenvolver os programas subvencionables serán obxecto de valoración, de acordo cos seguintes criterios:

a) Calidade xeral e contido do programa: ata 60 puntos.

-Valorarase a calidade técnica do programa presentado en canto ao seu contido e que o seu orzamento sexa axeitado aos obxectivos previstos: 30 puntos.

-Valorarase o carácter innovador das actuacións que se desenvolvan en cada programa e a aplicación de novas tecnoloxías na súa aplicación: ata 15 puntos.

-Valorarase a necesidade social do programa, en función do número de persoas inmigrantes e retornadas a que beneficiará e da insuficiencia de actuacións que coa mesma finalidade se desenvolvan: ata 15 puntos.

b) Implantación da entidade e a súa estrutura e capacidade de xestión: ata 15 puntos.

-Valorarase conxuntamente a especialización da entidade na atención do colectivo a que se dirixe o programa, así como a súa experiencia no desenvolvemento de proxectos e accións no ámbito da inmigración e do retorno: ata 5 puntos.

-Valorarase o número de asociados inmigrantes e retornados da entidade solicitante: ata 10 puntos.

c) Ámbito de actuación: ata 10 puntos.

-Valorarase o ámbito de aplicación do programa: ata 10 puntos.

Ámbito autonómico: 10 puntos, máis dunha provincia: 5 puntos e provincial: 3 puntos.

d) Participación doutras entidades sen ánimo de lucro no desenvolvemento e execución dos proxectos: ata 10 puntos.

-Valorarase a colaboración doutras entidades na realización das accións dos programas obxecto de subvención.

Dúas entidades: ata 3 puntos; máis de dúas, ata 10 puntos.

e) Emprego da lingua galega na realización das actividades: ata 5 puntos.

Emprego da lingua galega na realización das actividades: 5 puntos.

Non emprego da lingua galega na realización das actividades: 0 puntos.

2. Como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración previstos neste artigo, as entidades que resulten beneficiarias poderán recibir unha contía certa de subvención, segundo o establecido no artigo 4º.2 das bases reguladoras da presente convocatoria, sen que en ningún caso se poida superar o oitenta por cento do investimento subvencionable.

Artigo 7º.-Solicitudes e lugar de presentación.

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I da correspondente resolución de convocatoria, que irá acompañada dos documentos que se especifican nos artigos correspondentes das bases reguladoras. Este modelo de solicitude obterase a través do portal da Secretaría Xeral da Emigración no seguinte enderezo da internet (http://www.galiciaaberta.com/), así como na Guía do cidadán situada na páxina web da Xunta de Galicia (http://www.xunta.es).

2. As solicitudes de subvencións xunto co resto da documentación dirixiranse ao órgano competente, Secretaría Xeral da Emigración, na rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 8º.-Documentación xeral.

A documentación presentada polos beneficiarios, tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación, deberá ser asinada polos representantes legais das entidades solicitantes.

As solicitudes deberanse presentar no modelo normalizado que figura como anexo I a esta resolución, cuberto en todos os seus puntos. Ademais, necesariamente, deberase xuntar a seguinte documentación en orixinal ou copia debidamente compulsada:

a) Acreditar a identidade e a capacidade de representación do asinante da solicitude. Deberá acreditar a identidade no caso de que este/a denegue a autorización á Secretaría Xeral da Emigración para que obteña de forma directa os datos de carácter persoal que figuren no DNI (anexo III).

b) Eixes e programas para os que se solicita a subvención (anexo II).

c) Acreditar o requisito da inscrición no rexistro correspondente, de acordo co establecido no artigo 3º das bases reguladoras desta resolución.

d) Estatutos da entidade debidamente legalizados.

e) Certificado da entidade que acredite o número de socios, coa desagregación dos que teñan a condición de emigrantes retornados ou inmigrantes, e a súa procedencia ou nacionalidade.

f) Orzamento de ingresos e gastos da entidade.

g) Tarxeta de identificación fiscal.

h) Declaración das axudas solicitadas e/ou concedidas para a mesma finalidade, procedentes doutras administracións públicas, Unión Europa ou calquera outro ente público ou privado, segundo o modelo recollido no (anexo III).

i) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo III).

j) Declaración de que a entidade se atopa ao día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas e de Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia, para o que poderá utilizarse o modelo do anexo IV, excepto nos supostos de gastos de equipamento que superen os 3.000 euros, que deberá acreditarse necesariamente por medio de certificacións administrativas expedidas polos órganos competentes (artigo 48 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010).

k) Memoria da entidade (anexo V).

l) Unha memoria explicativa do programa solicitado e as fichas explicativas do programa e das actividades (anexo VI).

m) Certificación expedida pola entidade bancaria en que a entidade solicitante figure como titular dunha conta (anexo VII).

Artigo 9º.-Xustificación da subvención.

1. A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 15 de novembro do ano en curso.

2. Previamente ao pagamento final do importe da subvención concedida, as entidades beneficiarias deberán presentar na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no prazo establecido no punto 1 deste artigo, a seguinte documentación xustificativa:

a) Unha memoria de actuación xustificativa, por cada eixe e programa, do cumprimento das condicións establecidas na concesión da subvención, con indicación dos investimentos realizados e dos resultados obtidos e fichas explicativas do programa e das actividades (anexo VIII).

b) Certificación orixinal emitida polos representantes legais da entidade beneficiaria, en que conste a denominación do eixe, programa e proxecto realizado, contía do gasto así como a súa imputación aos fins para os que foi concedida a subvención, con distinción dos gastos correntes e equipamentos (anexo IX).

c) Relación numerada das facturas e recibíns presentados xunto a esta xustificación (anexo X).

Acreditarase que o gasto foi efectuado mediante a presentación de facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, aos que se lle engadirá a documentación acreditativa do seu pagamento. Todos estes documentos deberán presentarse en orixinal, fotocopia compulsada ou formato electrónico admisible legalmente. Aceptarase a xustificación do pagamento mediante recibín do provedor para gastos de escasa contía por importes inferiores a 1.000 euros sempre que estes gastos se efectúen no ámbito do comercio retallista ou de empresas prestadoras de servizos a usuarios finais, ou sexan unha práctica común ou habitual no tráfico económico.

As entidades beneficiarias deberán acreditar que realizaron o gasto correspondente ao importe da subvención concedida máis o gasto que se comprometeron a cofinanciar para cada proxecto.

d) Declaración das axudas solicitadas e/ou concedidas para a mesma finalidade, procedentes doutras administracións públicas, Unión Europa ou calquera outro ente público ou privado (anexo XI).

e) Declaración responsable de que a entidade solicitante se atopa ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e de Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia, para o que poderá utilizarse o modelo do anexo XI, excepto no suposto de gastos de equipamento que superen os 3.000 euros, que deberá acreditarse necesariamente por medio de certificacións administrativas expedidas polos órganos competentes (artigo 48 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010).

f) Declaración asinada polos representantes legais da entidade beneficiaria, segundo o detalle que aparece no anexo XI desta resolución, que acredite o financiamento das accións subvencionadas que foron realizadas.

g) No suposto de compatibilidade con outras axudas, deberase presentar unha certificación da entidade en que conste que a suma de todas as axudas recibidas non supera o custo total dos proxectos, debendo certificarse igualmente a procedencia dos fondos e o seu importe.

3. Os custos indirectos poderán formar parte da xustificación da subvención sempre que foran imputados polo beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente admitidos e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade. En todo caso, a imputación de custos indirectos á actividade subvencionada non poderá superar o 10% do seu custo total.

4. No caso de que non se xustifique o 100% do orzamento total de gastos indicado na solicitude ou, de ser o caso, na reformulación, e sempre que se realizase a actividade e se cumprise a finalidade que fundamentou a súa concesión, a Secretaría Xeral da Emigración aboará a subvención en contía proporcional ao importe xustificado.

Non se considerará que incorre en incumprimento a entidade beneficiaria que realice parcialmente a actividade que é obxecto da subvención por falta de financiamento propio, sempre que a actividade subvencionada sexa esencialmente divisible e poida considerarse cumprida a finalidade que fundamentou a concesión da subvención.

5. De acordo co establecido no artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada pola entidade beneficiaria, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Artigo 10º.-Pagamento.

1. O pagamento final realizarase unha vez comprobada pola Secretaría Xeral da Emigración a xustificación presentada pola entidade beneficiaria da realización dos programas obxecto da subvención.

2. De conformidade co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderanse realizar pagamentos anticipados que supoñen entregas de fondos con carácter previo á xustificación, de ata o 50% da subvención concedida, como financiamento necesario para poder levar a cabo os proxectos subvencionados que non superen os 18.000 euros e ata un 10% adicional cando o importe da subvención supere a devandita contía. Será obrigatoria a prestación de garantías en subvencións de capital cando a contía do pagamento supere os 18.000 euros, entendendo este importe referido á cantidade acumulada dos pagamentos realizados, segundo o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O citado anticipo deberá ser solicitado expresamente polo beneficiario unha vez que se lle notifique a subvención concedida. Indicarase na solicitude a cantidade

de anticipo solicitada; se esta fose superior ao 50%, concederáselle, de ser o caso, o máximo do 50% da cantidade aprobada.

Artigo 11º.-Subcontratacións.

Por razón da natureza das actividades que integran o programa subvencionado, poderase autorizar á entidade beneficiaria a subcontratación parcial por un máximo do 50% do importe da actividade subvencionada, tal e como se recolle na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, excepto no caso de que a adxudicación recaese en empresas que conten no seu cadro de personal cun número de traballadores fixos discapacitados superior ao 2%, no cal a dita subcontratación pode alcanzar o 70%, segundo o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20% do importe da subvención e o devandito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 27.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 12º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios das axudas e subvencións correspondentes aos programas convocados por esta resolución quedan obrigados a:

1. Realizar a acción ou comportamento que fundamente a concesión da subvención.

2. Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións de Galicia, en concreto as recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento concedente, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

3. Comunicar á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

4. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos.

5. Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberase comunicar a renuncia á Secretaría Xeral da Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente non atendidos.

6. Deberán introducir por medios telemáticos na Guía Actualizada de Programas e Actividades das Migracións (GAPAM), da sección Inmigración e Retorno da páxina web http://www.galiciaaberta.com da Secretaría Xeral da Emigración, segundo as instrucións e prazos establecidos nesta guía, todos os proxectos ou actuacións obxecto de subvención a través desta resolución, co fin de que alcancen a maior difusión.

7. A difusión do financiamento por parte da Secretaría Xeral da Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

8. A comunicar á Secretaría Xeral da Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos exixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a realización de accións e/ou a adquisición dos equipamentos subvencionados, podendo a Secretaría Xeral da Emigración adoptar a resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

Unha vez recaída a resolución de concesión o beneficiario poderá solicitar, antes de que conclúa o prazo para a realización das accións, a modificación do seu contido, de concorrer circunstancias que alterasen substancialmente as condicións tidas en conta para a concesión da subvención a criterio da Secretaría Xeral da Emigración.

9. A comprobación das axudas recibidas e os seus efectos, pola Secretaría Xeral da Emigración regulados nos artigos 57 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 13º.-Consentimentos e autorizacións.

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación das bases reguladoras. Para os efectos do previsto no artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión da subvención comportará a autorización á Secretaría Xeral de Emigración para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido.

2. A entidade solicitante presta o seu consentimento para incluír e facer públicos, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios, e no Rexistro Público de Sancións, creados nos artigos 44 e 45, da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencions recibidas, así como ás sancións impostas.

Os datos referidos integrarán un ficheiro cuxo responsable será a Consellería de Facenda, ante quen se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Salvo nos casos sinalados no artigo 9.4 do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a non autorización da obtención de datos ou a súa publicidade poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou subvención ou, se procede, ao reintegro do importe concedido.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos nas solicitudes deste programa serán incorporados a un ficheiro para o seu tratamento coa finalidade da xestión deste procedemento. As entidades solicitantes poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, dirixindo un escrito á Secretaría Xeral da Emigración como responsable do ficheiro, no enderezo que figura ao pé da solicitude.

A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

Artigo 14º.-Órgano competente.

1. A Subdirección Xeral do Retorno e da Inmigración é o órgano encargado da instrución do procedemento de concesión da subvención e correspóndelle ao secretario xeral da Emigración ditar a resolución de concesión ou denegación da subvención.

No caso da concesión de anticipos previstos no artigo 10.2º destas bases reguladoras será o subdirector xeral do Retorno e da Inmigración quen faga a proposta de concesión ou denegación dos ditos anticipos ao secretario xeral da Emigración, quen resolverá motivadamente.

2. Crearase unha comisión de avaliación, presidida polo subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, que estará formada polos seguintes membros:

-O/a xefe/a do Servizo de Programas e Atención Integral.

-O/a xefe/a do Servizo de Información e Tramitación de Subvencións.

-Un/unha funcionario/a da subdirección, que actuará como secretario/a.

En caso de ausencia dalgún dos membros integrantes da comisión de avaliación, poderá ser substituído pola persoa que para o efecto designe o secretario xeral da Emigración.

3. A comisión de avaliación, unha vez valorados os expedientes, segundo os criterios sinalados no artigo 6º das bases reguladoras da correspondente resolución de convocatoria, e á vista do informe emitido polo órgano instrutor, en que conste que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder á subvención, emitirá informe no que se concrete o resultado da avaliación efectuada.

4. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe do órgano colexiado, formulará a proposta de resolución, que se presentará ao secretario xeral da Emigración, que é o órgano competente para resolver, quen resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, o órgano concedente acordará, sen necesidade dunha nova convocatoria, a concesión da subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes na orde de puntuación.

Artigo 15º.-Instrución do procedemento.

1. O procedemento para a tramitación e concesión das subvencións que se convocan por esta resolución axustarase ao procedemento de concorrencia non competitiva previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da referida Lei 9/2007, e demais normativa de aplicación.

2. De acordo co establecido no artigo 20.5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na presente resolución, o órgano competente requirirá a entidade solicitante para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se non o fixese, se considerará que desiste da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De acordo co artigo 59.6º da Lei 30/1992, a realización dos requirimentos que procedan poderase efectuar por medio de publicación no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na web http://www.galiciaaberta.com.

3. A eficacia dos citados requirimentos será a partir das devanditas publicacións. Sen prexuízo do anterior, a Secretaría Xeral da Emigración poderá comunicar os requirimentos ao enderezo de correo electrónico, sempre que se indique na solicitude e entenderase cumprido este trámite coa realización da comunicación nun só intento. Así mesmo, débese significar que os prazos de dez días se computarán, desde a publicación na páxina web dos requirimentos e non desde a súa comunicación.

Artigo 16º.-Resolución e notificación.

As resolucións serán ditadas polo secretario xeral da Emigración e notificadas aos interesados. A Secretaría Xeral da Emigración publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións de contía igual ou superior a 3.000 euros concedidas a través desta convocatoria, indicando o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade para a cal se outorgou a subvención.

Ademais, e de conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral da Emigración publicará na súa páxina web http://www.galiciaaberta.com a relación dos beneficiarios e os importes das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e para a súa publicación na citada páxina web.

Artigo 17º.-Prazo de resolución.

O prazo máximo para resolver será de tres meses, que comezará a contar desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditaran as resolucións expresas, poderanse entender desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido no artigo 23.5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18º.-Aceptación e renuncia.

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra esta resolución, transcorridos dez días hábiles desde a notificación desta sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario/a.

2. No caso de comunicarse a renuncia en prazo, o secretario xeral da Emigración ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 19º.-Réxime de recursos.

Contra as resolucións que se diten ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria, que poñen fin á vía administrativa, poderán os/as interesados/as interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, se é expresa. Se non o fose, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 20º.-Incumprimento, reintegro e sancións.

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora debidos desde o momento en que se efectúe o pagamento, nos casos sinalados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De acordo co artigo 14.1º n) da Lei 9/2007, os criterios de graduación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará serán os seguintes:

a) O incumprimento total dos fins para os que se concede a subvención, da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro da totalidade da axuda percibida.

b) Calquera outro incumprimento considerarase incumprimento parcial dos fins para os que se concedeu a axuda, da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación, e dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro na porcentaxe correspondente ao investimento non efectuado ou non xustificado.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

3. Aos/ás beneficiarios/as das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da devandita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 21º.-Requirimentos.

De acordo co artigo 59.6º b) da Lei 30/1992, a realización dos requirimentos que procedan poderanse efectuar por medio de publicación no taboleiro de anuncios da web http://www.galiciaaberta.com.

A eficacia dos citados requirimentos será a partir das devanditas publicacións. Sen prexuízo do anterior, a Secretaría Xeral da Emigración poderá remitir á dirección de correo electrónico das entidades, sempre que este conste na solicitude, unha comunicación dando conta da publicación dos requirimentos. Así mesmo, debe significarse que os prazos de 10 días se computarán desde a publicación dos requirimentos na páxina web indicada e non desde a súa comunicación.

Artigo 22º.-Compatibilidade das axudas.

O importe das subvencións reguladas nestas bases será compatible con outras, calquera que sexa a súa natureza, administración ou entidade que as conceda, agás as derivadas de convenios subscritos coa Secretaría Xeral da Emigración para a mesma finalidade e, en todo caso, tendo en conta que a suma de todas elas, tanto as de carácter privado como das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, non poderá superar o 100% do investimento subvencionable.

Artigo 23º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo o artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado polo secretario xeral da Emigración, logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado.

Artigo 24º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases será de aplicación a lexislación básica do Estado sobre subvencións (Lei 38/2003, do 17 de novembro, e Real decreto 887/2006, do 21 de xullo); a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e demais normativa que a desenvolva.

Anexo

Aprendizaxe das linguas

Programa cursos de iniciación ao galego

Obxectivos xerais.

Axudar áas persoas que acaban de chegar a superar a barreira que o descoñecemento do idioma supón para a comunicación e o desenvolvemento de calquera actividade da vida diaria e o establecemento de relacións sociais.

Programa/s.

Nivel inicial I.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Campos léxicos: profesións, nacionalidades, familia, números e letras...

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar.

Contidos.

Presentacións.

Confirmar e corrixir información.

Estratexias de comunicación: preguntar/negociar significados. Deletrear e dar números de teléfono...

Saúdos formais e informais.

Describir persoas e obxectos.

Expresar os gustos e as preferencias.

Expresar a identidade, profesión, nacionalidade...

Verbos ser e ter.

Entoación interrogativa.

A sílaba tónica.

Nivel inicial II.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: artigo, verbo haber, locucións preposicionais, presente de indicativo de varios verbos...

Campos léxicos: mobles, partes da casa, adxectivos cualificativos, números cardinais e ordinais, establecementos, medios de transporte...

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar galego.

Contidos.

Localizar obxectos, lugares e establecementos.

Preguntar por enderezos.

Preguntar e dicir a hora.

Preguntar por cantidades.

Describir unha vivenda.

O son «j»/X/.

Nivel inicial III.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: imperativo, verbo gustar, presente de indicativo de varios verbos.

Campos léxicos: alimentos, afeccións, adxectivos cualificativos, cores, tamaños, días da semana, meses, lugares de ocio.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar galego.

Contidos.

Preguntar desexos e necesidades e contestar.

Pedir permiso.

Preguntar o importe.

Pedir comidas no restaurante.

Expresar preferencias.

Pedir a alguén que faga algo e responder.

Expresar obriga.

Dicir a idade.

Falar de accións habituais.

O «r» e o «rr».

O «c» e o «z».

Nivel intermedio I.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: perífrases de obriga, estar+xerundio, pronomes persoais de obxecto, marcadores temporais, futuro, subxuntivo, participio e pretérito perfecto composto e pretérito indefinido (verbos irregulares).

Campo léxico: estados de ánimo, accidentes xeográficos, expresións de sorpresa, decepción, aburrimento, lugares de ocio, fórmulas ao teléfono.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar galego.

Contidos.

Invitar, propoñer, concertar unha cita.

Describir accións en desenvolvemento.

Expresar intencións e plans de futuro.

Presentar alternativas.

Expresar indiferenza, probabilidade, dúbida, incerteza.

Falar por teléfono.

Falar do pasado.

Interesarse polo estado de alguén.

Estados de ánimo.

Descrición de cualidades.

O «ñ».

Entoación exclamativa e interrogativa.

Nivel intermedio II.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: adxectivos demostrativos, posesivos, estruturas comparativas, verbos impersoais, verbo doer, formas negativas (nunca), pretérito imperfecto de verbos regulares e de ser e ir. Repaso de tempos do pasado. Comparativos e superlativos.

Campo léxico: clima e tempo atmosférico, partes do corpo, enfermidades, remedios, deportes, sucesos e acontecementos históricos.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar galego.

Contidos.

Pedir e dar información de medios de transporte.

Facer comparacións.

Falar do pasado e narrar acontecementos.

Expresar propiedade.

Conversar sobre o tempo.

Feitos pasados.

Expresión de accións frecuentes.

Falar de saúde e estados físicos.

Expresión de condicións.

«B» e «v».

Son de «g», «gu» e «gü».

Acentuación.

Duración:

Cursos de 20 horas de duración, por nivel.

Programa de cursos de iniciación ao castelán

Obxectivos xerais.

Axudar as persoas que acaban de chegar a superar a barreira que o descoñecemento do idioma supón para a comunicación e o desenvolvemento de calquera actividade da vida diaria e o establecemento de relacións sociais.

Programa/s.

Nivel inicial I.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Campos léxicos: profesións, nacionalidades, familia, números e letras...

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Presentacións.

Confirmar e corrixir información.

Estratexias de comunicación: preguntar/negociar significados. Deletrear e dar números de teléfono...

Saúdos formais e informais.

Describir persoas e obxectos.

Expresar os gustos e as preferencias.

Expresar a identidade, profesión, nacionalidade...

Verbos ser e ter.

Entoación interrogativa.

A sílaba tónica.

Nivel inicial II.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: artigo, verbo haber, locucións preposicionais, presente de indicativo de varios verbos...

Campos léxicos: mobles, partes da casa, adxectivos cualificativos, números cardinais e ordinais, establecementos, medios de transporte...

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Localizar obxectos, lugares e establecementos.

Preguntar por enderezos.

Preguntar e dicir a hora.

Preguntar por cantidades.

Describir unha vivenda.

O son «j»/X/.

Nivel inicial III.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: imperativo, verbo gustar, presente de indicativo de varios verbos.

Campos léxicos: alimentos, afeccións, adxectivos cualificativos, cores, tamaños, días da semana, meses, lugares de ocio.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Preguntar desexos e necesidades e contestar.

Pedir permiso.

Preguntar o importe.

Pedir comidas no restaurante.

Expresar preferencias.

Pedir a alguén que faga algo e responder.

Expresar obriga.

Dicir a idade.

Falar de accións habituais.

O «r» e o «rr».

O «c» e o «z».

Nivel intermedio I.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: perífrases de obriga, estar+xerundio, pronomes persoais de obxecto, marcadores temporais, futuro, subxuntivo, participio e pretérito perfecto composto e pretérito indefinido (verbos irregulares).

Campo léxico: estados de ánimo, accidentes xeográficos, expresións de sorpresa, decepción, aburrimento, lugares de ocio, fórmulas ao teléfono.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Invitar, propoñer, concertar unha cita.

Describir accións en desenvolvemento.

Expresar intencións e plans de futuro.

Presentar alternativas.

Expresar indiferenza, probabilidade, dúbida, incerteza.

Falar por teléfono.

Falar do pasado.

Interesarse polo estado de alguén.

Estados de ánimo.

Descrición de cualidades.

O «ñ».

Entoación exclamativa e interrogativa

Nivel intermedio II.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: adxectivos demostrativos, posesivos, estruturas comparativas, verbos impersoais, verbo doler, formas negativas (nunca), pretérito imperfecto de verbos regulares e de ser e ir. Repaso de tempos do pasado. Comparativos e superlativos.

Campo léxico: clima e tempo atmosférico, partes do corpo, enfermidades, remedios, deportes, sucesos e acontecementos históricos.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Pedir e dar información de medios de transporte.

Facer comparacións.

Falar do pasado e narrar acontecementos.

Expresar propiedade.

Conversar sobre o tempo.

Feitos pasados.

Expresión de accións frecuentes.

Falar de saúde e estados físicos.

Expresión de condicións.

«B» e «v».

Son de «g», «gu» e «gü».

Acentuación.

Duración:

Cursos de 20 horas de duración, por nivel.

Ver referencia pdf "14000D001P006.PDF"