DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 22 de xullo de 2010 Páx. 13.377

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao sector do lúpulo e se convocan para o ano 2010.

Advertido erro na devandita orde, publicada no (Diario Oficial de Galicia nº 122, do 29 de junio de 2010), cómpre publicar a seguinte corrección:

Na páxina 11.858, no punto 4 do artigo 9º, onde di: «(...), a superficie de novas plantacións de lúpulo en todo o territorio nacional, acollidas ás axudas previstas no Real decreto 714/2010, superase o total máximo de 350 ha recollido nel.», debe dicir: «(...), a superficie de novas plantacións de lúpulo en todo o territorio nacional, acollidas ás axudas previstas no Real decreto 714/2010, superase o total máximo de 350 hectáreas recollido nel.».

Na páxina 11.858, no punto 3 do artigo 12º, elimínase a alínea d).

Na páxina 11.859, no punto 4 do artigo 15º, onde di: «(...), a superficie de novas plantacións de lúpulo en todo o territorio nacional, acollidas ás axudas previstas no Real decreto 714/2010, superase o total máximo de 450 ha recollido nel.», debe dicir: «(...), a superficie de plantacións de lúpulo obxecto de reconversión e mellora en todo o territorio nacional, acollidas ás axudas previstas para tal fin no Real decreto 714/2010, superase o total máximo de 450 hectáreas recollido nel.».

Na páxina 11.859, no punto 3 do artigo 18º, elimínase a alínea d).

Na páxina 11.860, no punto 3 do artigo 22º, onde di: «O investimento máximo total subvencionable para a compra de maquinaria e equipamentos agrícolas non superará os 150.000 euros», debe dicir: «A contía máxima total de axuda para a compra de maquinaria e equipamentos agrícolas non superará os 150.000 euros.».

Nas páxinas 11.860 e 11.861, no artigo 24º, onde di: «-Memoria descritiva e orzamento da actividade que se vai realizar e facturas pro forma dos equipamentos que se van adquirir, (...). A memoria deberá permitir verificar o cumprimento dos requisitos exixidos en calquera das liñas de axuda.», debe dicir: «-Memoria descritiva, orzamento da actividade que se vai realizar e facturas pro forma dos equipamentos e/ou material vexetal que se van adquirir, (...). A memoria deberá permitir verificar o cumprimento dos requisitos exixidos en calquera das liñas de axuda. Cando o importe individualizado do ben subvencionable supere a contía de 12.000 euros, o beneficiario deberá solicitar e achegar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características daquel non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren.».

Na páxina 11.861, no artigo 24º, elimínase o parágrafo: «-Facturas de material vexetal, se procede. A orixe certificada do material vexetal acreditarase xuntando albará, etiqueta certificada, pasaporte fitosanitario ou acreditación de que o viveirista está rexistrado oficialmente ou posúe o título de produtor seleccionador ou multiplicador de lúpulo.».

Na páxina 11.861, no punto 2 do artigo 27º, onde di: «d) Explotacións radicadas en concellos no ámbito da zona tradicional de produción de lúpulo en Galicia (concellos comprendidos na comarca da Coruña septentrional, segundo correccións de erros da Orde do 29 de xaneiro de 2009 da Consellería do Medio Rural, DOG nº 37, do luns, 23 de novembro): dous puntos.», debe dicir: «d) Explotacións radicadas en concellos no ámbito da zona tradicional de produción de lúpulo en Galicia: dous puntos. Consideraranse como tal os concellos -relacionados no anexo V desta orde-, que constitúen a comarca A Coruña Septentrional do Plan de rexionalización produtiva.».

Nos anexos I, II e II, elimínase do cadro que vén encabezado pola lenda DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA, a epígrafe Facturas de material vexetal, se procede.

Ao final dos anexos da orde, engádese o seguinte:

ANEXO V

Concellos que constitúen o ámbito da zona tradicional de produción de lúpulo en Galicia (comprendidos na comarca A Coruña Septentrional do Plan de rexionalización produtiva, recollido como os anexos 9A e 9B da Corrección de erros da orde da Consellería do Medio Rural do 29 de xaneiro de 2009, publicada no DOG nº 37, do luns, 23 de febreiro):

Ver referencia pdf "13900D003P045.PDF"