DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 22 de xullo de 2010 Páx. 13.338

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 4, determina que lles corresponde aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas.

O Plan galego da cidadanía, convivencia e integración 2008-2011, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia en febreiro de 2008, constitúe o principal instrumento de planificación da Xunta para o desenvolvemento e implementación das políticas de integración social da poboación inmigrante que pretende levar a cabo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O dito plan inclúe un gran número de programas e medidas de actuación co obxecto de dar unha resposta integral, coordinada e transversal as necesidades que presentan as persoas inmigrantes na consecución da súa plena integración social na sociedade galega.

A finalidade dos programas, obxecto desta convocatoria de subvencións, é a acollida e integración da poboación inmigrante, segundo o establecido no Marco de cooperación para a xestión do fondo de apoio á acollida e a integración do inmigrante, documento aprobado pola Conferencia Sectorial da Inmigración. No dito documento enmárcanse as liñas de acción que deben desenvolver as comunidades autónomas en materia de acollida e integración da poboación inmigrante para facilitar a súa integración na sociedade de acollida.

Polo que, tanto na planificación da Administración estatal como na da comunidade autónoma, se pon de manifesto a grande importancia que teñen os procesos de acollida e integración, dirixidos ás persoas inmigrantes e retornadas para o desenvolvemento de actuacións e proxectos que contribúan a súa integración plena e que permitan conseguir unha convivencia plural e diversa na sociedade galega.

No Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración configurase como órgano superior da Administración da comunidade autónoma a que lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da política inmigratoria e de retorno en Galicia, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias deriven.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, desconcentran no secretario xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Esta resolución contén as bases reguladoras e a convocatoria anual das axudas e subvencións destinadas a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais que realicen programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma Galega durante o ano 2010.

O procedemento de concesión das axudas e subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, respectando os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos cales se deben axustar a xestión das subvencións e axudas outorgadas polas administracións públicas.

En virtude do exposto, de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da referida Lei 9/2007, nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a Lei 4/2006, do 30 de xuño de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normativa de aplicación, logo do informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

RESOLVO:

Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.

1. Apróbanse as bases que se inclúen como anexo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Secretaría Xeral da Emigración, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas aos concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria e retornada na Comunidade Autónoma Galega, así como o seu reforzo educativo.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas subvencións para o ano 2010.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Xustifícase a excepcionalidade por canto nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto de acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria que, cumprindo os requisitos especificados nestas bases, poidan levar adiante en Galicia concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais.

Artigo 2º.-Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 3º.-Desenvolvemento e aplicación.

O secretario xeral da Emigración poderá ditar todas as resolucións que sexan precisas para o correcto desenvolvemento e aplicación desta convocatoria e das súas bases reguladoras.

Artigo 4º.-Financiamento.

1. Para a concesión das subvencións previstas nesta resolución destinase un crédito de 700.000 euros con cargo a aplicación orzamentaria 04.50.312C.460.0 que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2010. Este importe poderase ampliar en funcións das maiores dispoñibilidades orzamentarias, de conformidade co disposto nos artigos 31.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A contía das subvencións que sexan recoñecidas ao abeiro desta resolución ascende a un total de 700.000 euros coa distribución seguinte:

-Eixe de acollida: 250.000 euros.

-Eixe de educación: 150.000 euros.

-Eixe de emprego: 75.000 euros.

-Eixe de vivenda: 50.000 euros.

-Eixe de infancia e xuventude: 50.000 euros.

-Eixe de muller: 125.000 euros.

3. Se como resultado da presentación de solicitudes e das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución algúns dos eixes subvencionables non resultase cuberto na totalidade da contía prevista anteriormente, poderase proceder a unha redistribución da contía non cuberta entre todos ou algúns dos eixes restantes.

Artigo 5º.-Réxime de recursos.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2010.

J. Santiago Camba Bouzas

Secretario xeral da Emigración

Anexo

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións correspondentes a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega

Artigo 1º.-Obxecto.

1. O obxecto destas bases é a convocatoria de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para o desenvolvemento de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria e retornada na Comunidade Autónoma galega.

2. Só poderán subvencionarse proxectos e accións referidos aos programas que se detallen no artigo 5 das bases reguladoras desta resolución.

Artigo 2º.-Ámbito e finalidade das subvencións.

As actuacións obxecto das subvencións previstas nesta convocatoria desenvolveranse no territorio da Comunidade Autónoma galega e terán como finalidade a acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria e retornada.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes desenvolvan actividades e accións que favorezan a acollida e integración das persoas inmigrantes extracomunitarias e retornadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o que se concede a subvención.

3. As entidades locais que teñan subscrito algún convenio coa Secretaría Xeral da Emigración poderán igualmente presentar solicitudes de subvención ao abeiro desta resolución, sempre que as actuacións propostas sexan distintas a aquelas financiadas a través dos convenios en vigor.

Artigo 4º.-Accións subvencionables e contía da axuda.

1. Poderán subvencionarse con cargo a esta resolución os gastos correntes que se lles orixinen aos concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais aos cales se lles conceda a subvención para a realización dos programas previstos no artigo 5 das bases reguladoras da correspondente resolución de convocatoria.

2. Cada entidade solicitante poderá presentar como máximo 2 proxectos en cada eixe.

3. A contía das subvenciones determinarase en función do número de puntos que se obteña en aplicación dos criterios de valoración do artigo 7 destas bases reguladoras. Unha vez realizada a valoración de cada proxecto ponderaranse os puntos obtidos de acordo cos seguintes coeficientes para cada tramo de puntuación:

Ver referencia pdf "13900D001P006.PDF"

Realizado este cálculo o crédito destinado a cada eixe distribuirase de forma proporcional entre o total de puntos ponderados dos proxectos presentados a el, e concederáselle a cada proxecto o importe de subvención correspondente a súa puntuación ponderada, sempre sen superar o 80% do orzamento presentado.

Unha vez feito esta repartición poderían existir remanentes, debido a que a repartición proporcional, de acordo coa puntuación ponderada, lle asignará a un ou varios proxectos un importe superior ao 80% do seu orzamento. Neste caso, o importe sen asignar irase concedendo aos proxectos de acordo coa orde de prelación destes, excluídos aqueles que xa alcanzasen o límite do 80% do seu orzamento, ata rematar co dito remanente.

En todo caso, aqueles proxectos que non consigan unha puntuación mínima de 25 puntos, en aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 7 das bases reguladoras da correspondente resolución de convocatoria, non serán obxecto de subvención, nin serán tidos en conta nos cálculos para determinar o importe das subvencións.

Artigo 5º.-Programas subvencionables.

1. Eixe de acollida:

Programa de acollida especializada de persoas inmigrantes e retornadas en situación de especial vulnerabilidade.

Desenvolvemento de proxectos que teñan por obxecto accións ou programas destinadas aos colectivos en situación de especial vulnerabilidade, incluíndo aloxamento e manutención (pisos de acollida), introdución a sociedade de acollida e itinerarios de inserción.

2. Eixe de educación:

Programa de reforzo educativo: programas de apoio e compensación educativa en centros escolares, aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida e reforzo do sistema de axudas no ámbito escolar.

O obxectivo deste programa é realizar accións de reforzo e compensación educativa para o alumnado inmigrante e retornado en Galicia, así como a aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida. Estas accións formativas, no que se refire ao contido e formato, deberán axustarse ao indicado no anexo: aprendizaxe de linguas da correspondente resolución de convocatoria.

Tamén se reforzarán as axudas no ámbito escolar a través de bolsas de comedor, transporte e material escolar.

3. Eixe de emprego:

Programas de apoio á conciliación da vida familiar e laboral.

Neste programa inclúense accións que permitan paliar as dificultades derivadas da incorporación ao mercado de traballo da poboación inmigrante e retornada e mellorar a convivencia entre as responsabilidades laborais e o desenvolvemento da vida persoal e privada.

4. Eixe de vivenda:

4.1. Programa de intermediación no mercado da vivenda.

Neste programa trátase de realizar accións de intermediación no mercado da vivenda co fin de facilitar o acceso a ela da poboación inmigrante e retornada.

4.2. Programa de apoio á inserción de familias inmigrantes e retornadas en contornos con escasa poboación, no marco de proxectos de desenvolvemento local.

Trátase de apoiar programas de inserción de familias inmigrantes en contornos con escasa poboación.

5. Eixe de infancia e xuventude:

Fomento da participación social de nenos/as e mozos/as inmigrantes e retornados no tecido asociativo infantil e xuvenil, así como en programas de voluntariado, e impulsar a creación de espazos e proxectos a nivel local que faciliten a convivencia intercultural.

Con este programa trátase de fomentar proxectos a nivel local entre nenos/as e mozos/as inmigrantes e retornados que faciliten a convivencia intercultural.

6. Eixe de muller:

Programa de integración social das mulleres inmigrantes e retornadas que se encontran en situación de especial vulnerabilidade.

Este programa inclúe accións que faciliten a integración social das mulleres inmigrantes e retornadas que estean en situacións de especial vulnerabilidade, especialmente aquelas que sexan vítimas de violencia de xénero, mulleres prostituídas e vítimas da trata de persoas con fins de explotación sexual.

Artigo 6º.-Solicitudes e lugar de presentación.

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I da correspondente resolución de convocatoria, e que irá acompañada dos documentos que se especifiquen no artigo 8º destas bases reguladoras.

Este modelo de solicitude, así como información adicional sobre este procedemento administrativo, poderase obter a través do portal da Secretaría Xeral da Emigración no seguinte enderezo da internet (http://www.galiciaaberta.com), así como na Guía do cidadán situada na páxina Web da Xunta de Galicia (http://www.xunta.es).

2. As solicitudes de subvencións xunto co resto da documentación dirixiranse á Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 7º.-Criterios de valoración.

1. As solicitudes presentadas para desenvolver os programas subvencionables serán obxecto de valoración, de acordo cos seguintes criterios:

a) Calidade técnica do programa: ata 60 puntos.

Valoraranse a calidade técnica do programa referida ás actividades que comprende, calendario de realización e orzamento previsto: ata 20 puntos.

Incorporación de prazas de aloxamento: ata 20 puntos.

Valoraranse os medios técnicos, materiais e persoais previstos para a consecución dos obxectivos do programa: ata 10 puntos.

Valorarase o carácter innovador do programa e a aplicación de novas tecnoloxías: ata 10 puntos.

b) Poboación total e poboación inmigrante extracomunitaria e retornada empadroada no ano anterior o da correspondente resolución de convocatoria: ata 10 puntos.

De 0% a 2%: 3 puntos.

De máis do 2% e ata o 3%: 5 puntos.

De máis do 3%: 10 puntos.

c) Necesidade social do programa e os seus potenciais beneficiarios: ata 10 puntos.

Valorarase a necesidade social do programa en función do número de persoas inmigrantes e retornadas ás cales beneficiará e da insuficiencia de actuacións que coa mesma finalidade se desenvolvan no ámbito de aplicación do programa.

d) Entidades locais con plan locais de integración da poboación inmigrante e/ou retornada aprobado polo Pleno do concello ou pola Xunta de Goberno local ou órganos equivalentes no caso de consorcios ou mancomunidades: 15 puntos.

Ter plan local de integración da poboación inmigrante e/ou retornada: 15 puntos

Non ter plan local de integración da poboación inmigrante e/ou retornada: 0 puntos.

e) Emprego da lingua galega na realización das actividades: 5 puntos.

Emprego da lingua galega na realización das actividades: 5 puntos.

Non emprego da lingua galega na realización de actividades: 0 puntos.

Cando unha actuación ou proxecto concreto para que se solicita a subvención encaixe nun eixe ou programa distinto do indicado pola entidade solicitante, o órgano competente poderá axustar a dita actuación no eixe ou programa dos que figuren no artigo 5º destas bases reguladoras que resulten máis favorable para a concesión da subvención.

Como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración previstos neste artigo, as entidades que resulten beneficiarias poderán recibir unha contía certa de subvención segundo o establecido no artigo 4.2º das bases reguladoras da correspondente convocatoria, sen que en ningún se poida superar o 80% do investimento subvencionable.

Artigo 8º.-Documentación xeral.

A documentación presentada polos beneficiarios, tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación, deberá ser asinada polos representantes legais das entidades solicitantes.

As solicitudes deberanse presentar no modelo normalizado que figura como anexo I da correspondente resolución de convocatoria, e deben relacionarse todos os proxectos para os que a entidade solicita a subvención, indicando expresamente o programa previsto no artigo 5º destas bases reguladoras. Non se poderá presentar un mesmo proxecto que se inclúa en máis dun programa.

Ademais, necesariamente deberase acompañar a seguinte documentación en orixinal ou copia debidamente compulsada:

a) Tarxeta de identificación fiscal.

b) Programas para os cales solicita a subvención segundo o anexo II da correspondente resolución de convocatoria.

c) Unha memoria explicativa do programa solicitado e as fichas explicativas do programa e das actividades, segundo o anexo III da correspondente resolución de convocatoria.

d) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, segundo o modelo establecido no anexo IV da correspondente resolución de convocatoria.

e) Declaración das axudas solicitadas e/ou concedidas para a mesma finalidade, procedentes doutras administracións públicas, Unión Europea ou calquera outro ente público ou privado, segundo o modelo recollido no anexo V da correspondente resolución de convocatoria.

f) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo anexo VI da correspondente resolución de convocatoria.

g) Declaración de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas, e fronte a Seguridade Social, e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o modelo anexo VII da correspondente resolución de convocatoria.

h) Certificación da entidade en que conste o seguinte:

1. O acordo ou resolución da entidade local de solicitar a subvención.

2. Capacidade de representación legal do asinante da solicitude naqueles supostos en que o asinante sexa persoa distinta daquela que posúa o cargo de alcalde/sa ou presidente/a da entidade local.

3. De ser o caso, aprobación do Plan local de integración da poboación inmigrante.

4. De ser o caso, copia do Plan local de integración da poboación inmigrante, que poderá remitirse en formato electrónico.

A presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Artigo 9º.-Xustificación da subvención.

1. A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 15 de novembro do ano da correspondente resolución de convocatoria.

2. Previamente ao pagamento final do importe da subvención concedida, as entidades beneficiarias deberán presentar na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo establecido no número 1 de este artigo, a seguinte documentación xustificativa:

a) Certificación orixinal expedida polo órgano que teña atribuídas as correspondentes facultades de control na entidade local que acredite a realización dos gastos para os fins e programas establecidos nesta resolución e o importe a que ascenderon de acordo co modelo especificado no anexo VIII da correspondente resolución de convocatoria. Igualmente, a xustificación poderá consistir na certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, ao abeiro do artigo 28.5º da Lei 9/2007.

b) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades segundo o anexo V da correspondente resolución de convocatoria.

c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas, e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, para o cal poderá utilizar o modelo do anexo VII da correspondente resolución de convocatoria.

d) No suposto de compatibilidade con outras axudas, deberase presentar unha certificación da entidade en que conste que a suma de todas as axudas recibidas non supera o custo total dos proxectos, e deberá certificarse igualmente a procedencia dos fondos e o seu importe.

e) Unha memoria técnica explicativa da aplicación da subvención concedida por cada eixe e programa, con indicación dos investimentos realizados e dos resultados obtidos e as fichas explicativas do programa e das actividades, para o cal poderá utilizarse o modelo do anexo IX da correspondente resolución de convocatoria.

3. A Secretaría Xeral da Emigración poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración deste.

4. Os custos indirectos poderán formar parte da xustificación da subvención sempre que fosen imputados polo beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade. En todo caso, a imputación de custos indirectos á actividade subvencionada non poderá superar o 10% do seu custo total.

5. De non xustificarse o importe total da subvención concedida, e sempre e cando se cumprise a súa finalidade, a Secretaría Xeral da Emigración minorará a súa achega ata o importe xustificado.

6. De acordo co establecido no artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en relación ao establecido no artigo 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común), cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada pola entidade beneficiaria porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de 10 días para a súa corrección. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Artigo 10º.-Pagamento da subvención.

1. O pagamento final da subvención realizarase unha vez comprobada pola Secretaría Xeral da Emigración a xustificación presentada pola entidade beneficiaria da realización dos programas obxecto de subvención.

De conformidade co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderanse realizar pagamentos anticipados que supoñen entregas de fondos con carácter previo á xustificación, de ata o 50 % da subvención concedida e cun límite de 18.000 €. O citado anticipo deberá ser solicitado expresamente polo beneficiario unha vez que se notifique a subvención concedida. Indicarase na solicitude a cantidade de anticipo solicitada; se a cantidade solicitada como anticipo é superior ao 50%, concederáselle, der ser o caso, o máximo do 50% da cantidade aprobada sempre que non supere os 18.000 €. No caso contrario poderase conceder a cantidade solicitada como anticipo.

Artigo 11º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios das subvencións correspondentes aos programas convocados por esta resolución quedan obrigados a:

1. Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención e xustificalo ante a Secretaría Xeral da Emigración.

2. Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recollan a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia, en concreto as recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos poida efectuar o departamento concediente, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

3. Comunicarlle á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias en que se fundamenta a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

4. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos.

6. As entidades beneficiarias das subvencións recollidas nesta resolución quedarán obrigadas á difusión do financiamento por parte da Secretaría Xeral da Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

7. As demais obrigas previstas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Coa finalidade de que alcance a maior difusión, todos os proxectos ou actuacións obxecto de subvención, a través desta resolución, deberán ser introducidos por medios telemáticos na Guía actualizada de programas e actividades das migracións (GAPAM), da sección Inmigración e retorno da páxina web www.galiciaaberta.com da Secretaría Xeral da Emigración, segundo as instrucións e prazos establecidos nesta guía.

9. Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberase comunicar a renuncia á Secretaría Xeral da Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente non atendidos ou aumentar a axuda doutros subvencionados parcialmente.

10. Non debe considerarse que incorre en incumprimento o beneficiario que realice parcialmente o proxecto ou acción que é obxecto de subvención por falta de financiamento propio, sempre que a actividade subvencionada sexa esencialmente divisible e poida considerarse cumprida a finalidade que fundamentou a concesión da subvención.

Artigo 12º.-Consentimentos e autorizacións.

1. A presentación da solicitude de concesión desta axuda polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría da Seguridade Social e Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O solicitante presta o seu consentimento para incluír e facer públicos, no rexistro público de axudas, subvencións e convenios, e no rexistro público de sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para a ano 2006, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como as sancións impostas.

Os datos referidos integrarán un ficheiro cuxo responsable será a Consellería de Facenda, ante a que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Salvo nos casos sinalados no artigo 9.4º do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a non autorización da obtención de datos ou a súa publicidade poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou subvención ou, se procede, o reintegro do importe concedido.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na solicitude deste programa serán incorporados a un ficheiro para o seu tratamento coa finalidade da xestión deste procedemento. As entidades solicitantes poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, dirixindo un escrito á Secretaría Xeral da Emigración como responsable do ficheiro, no enderezo que figura ao pé da solicitude.

Artigo 13º.-Órgano competente.

1. A Subdirección Xeral do Retorno e da Inmigración é o órgano encargado da instrución do procedemento de concesión da subvención, e correspóndelle ao secretario xeral da Emigración ditar a resolución de concesión ou denegación da subvención.

No caso da concesión de anticipos previstos no artigo 10º.1 destas bases reguladoras será o subdirector xeral do Retorno e da Inmigración quen faga a proposta de concesión ou denegación dos ditos anticipos ao secretario xeral da Emigración, quen resolverá motivadamente.

2. Crearase unha comisión de avaliación, presidida polo subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, e composta polos seguintes membros:

-O/a xefe/a do servizo de Programas e Atención Integral.

-O/a xefe/a do servizo de Información e Tramitación de subvencións.

-Un/unha funcionario/a da subdirección, que actuará como secretario/a.

No caso de ausencia dalgún dos membros integrantes da comisión de avaliación, poderá ser substituído pola persoa que para o efecto designe o secretario xeral da Emigración.

3. A comisión de valoración, unha vez valorados os expedientes segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 7º das bases reguladoras da correspondente resolución de convocatoria e á vista do informe emitido polo órgano instrutor en que conste que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder á subvención, emitirá informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada.

4. O subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, á vista do expediente e do informe do órgano colexiado, formulará a proposta de resolución, que se presentará ao secretario xeral da Emigración, quen resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de ampliación de crédito e ata o límite do crédito dispoñible, o órgano concedente acordará, sen necesidade dunha nova convocatoria, a concesión da subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes na orde de puntuación.

Corresponde á Secretaría Xeral da Emigración a realización das tarefas de xestión desta convocatoria, sempre de acordo coa existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

Na tramitación e resolución das solicitudes de subvencións correspondentes a unha mesma entidade relativas a un ou a varios programas incluídos nesta resolución, a Secretaría Xeral da Emigración, tendo en conta as súas finalidades, poderá acordar, cando proceda, acumular nun único expediente as solicitudes presentadas en varios programas, de acordo co artigo 73 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 14º.-Instrución do procedemento.

1. O procedemento para a tramitación e concesión das subvencións que se convocan por esta resolución axustarase ao procedemento de concorrencia non competitiva previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que aproba o regulamento da referida Lei 9/2007, e demais normativa de aplicación.

2. De acordo co establecido no artigo 20.5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se a solicitude non reúne os requisitos establecidos nesta resolución, o órgano competente requirirá a entidade solicitante para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se non o fixese, se considerará que desiste da súa solicitude, despois da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedará á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

Artigo 15º.-Resolución e notificación.

As resolucións serán ditadas polo secretario xeral da Emigración e notificadas aos interesados. A Secretaría Xeral da Emigración publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións de contía igual ou superior a 3.000 euros concedidas a través desta convocatoria, indicando o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade para a cal se outorgou a axuda.

Ademais, e de conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral da Emigración publicará na súa paxina web www.galiciaaberta.com a relación dos beneficiarios e os importes das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesarias dos datos dos beneficiarios e para a súa publicación na citada páxina web.

Artigo 16º.-Prazo de resolución.

O prazo máximo para resolver será de 3 meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se ditasen as resolucións expresas poderanse entender desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido no artigo 23.5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17º.-Aceptación e renuncia.

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, transcorridos 10 días hábiles desde a notificación desta sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

2. No caso que se comunicase a renuncia en prazo, o secretario xeral da Emigración ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992.

Artigo 18º.-Réxime de recursos.

As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, e no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ao da notificación, no caso de resolucións expresas, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 19º.-Incumprimento, reintegro e sancións.

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar a obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. De acordo co artigo 14.1º n) da Lei 9/2007, os criterios de graduación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará serán os seguintes:

-O incumprimento total dos fins para os cales se concede a subvención, da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación, dará lugar á perda total do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro da totalidade da axuda concedida.

-Calquera outro incumprimento considerarase incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a axuda, da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación, e dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro na porcentaxe correspondente ao investimento non efectuado ou non xustificado.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no títuto IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20º.-Requirimentos.

De acordo co artigo 59.6º b) da Lei 30/1992, a realización dos requirimentos que procedan poderanse efectuar por medio da súa publicación no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web de galiciaaberta.com.

A eficacia dos citados requirimentos será a partir das ditas publicacións. Sen prexuízo do anterior, a Secretaría Xeral da Emigración poderá remitir ao enderezo de correo electrónico das entidades, sempre que este conste na solicitude, unha comunicación dando conta da publicación dos requirimentos. Así mesmo, debe significarse que os prazos de 10 días computaranse desde a publicación dos requirimentos na páxina web indicada, e non desde a súa comunicación.

Artigo 21º.-Compatibilidade das axudas.

O importe das subvencións reguladas nestas bases serán compatibles con outras, calquera que sexa a súa natureza, Administración ou entidade que as conceda, excepto as derivadas de convenios subscritos coa Secretaría Xeral da Emigración para a mesma finalidade e, en todo caso, tendo en conta que a suma de todas elas, tanto as de carácter privado como das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, non poderá superar o 100% do investimento subvencionable.

Artigo 22º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo o artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado polo secretario xeral da Emigración, despois da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado.

Artigo 23º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases será de aplicación a lexislación básica do Estado sobre subvencións (Lei 38/2003, do 17 de novembro, e Real decreto 887/2006, do 21 de xullo); a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento e demais normativa de desenvolvemento que resulte de aplicación.

Anexo

Aprendizaxe das linguas

Programa cursos iniciación ao galego.

Obxectivos xerais.

Axudar as persoas que acaban de chegar a superar a barreira que o descoñecemento do idioma supón para a comunicación e o desenvolvemento de calquera actividade da vida diaria e o establecemento de relacións sociais.

Programa/s.

-Nivel inicial I.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Campos léxicos: profesións, nacionalidades, familia, números e letras...

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar.

Contidos.

Presentacións.

Confirmar e corrixir información.

Estratexias de comunicación: preguntar/negociar significados. Deletrear e dar números de teléfono...

Saúdos formais e informais.

Describir persoas e obxectos.

Expresar os gustos e as preferencias.

Expresar a identidade, profesión, nacionalidade...

Verbos ser e ter.

Entoación interrogativa.

A sílaba tónica.

-Nivel inicial II.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: artigo, verbo haber, locucións preposicionais, presente de indicativo de varios verbos...

Campos léxicos: mobles, partes da casa, adxectivos cualificativos, números cardinais e ordinais, establecementos, medios de transporte...

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar galego.

Contidos.

Localizar obxectos, lugares e establecementos.

Preguntar por enderezos.

Preguntar e dicir a hora.

Preguntar por cantidades.

Describir unha vivenda.

O son de «j»/X/.

-Nivel inicial III.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: imperativo, verbo gustar, presente de indicativo de varios verbos.

Campos léxicos: alimentos, afeccións, adxectivos cualificativos, colores, tamaños, días da semana, meses, lugares de lecer.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar galego.

Contidos.

Preguntar desexos e necesidades e contestar.

Pedir permiso.

Preguntar o importe.

Pedir comidas no restaurante.

Expresar preferencias.

Pedir a alguén que faga algo e responder.

Expresar obrigación.

Dicir a idade.

Falar de accións habituais.

O «r» e a «rr».

O «c» e a «z».

-Nivel intermedio I.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: perífrases de obriga, estar +xerundio, pronomes persoais de obxecto, marcadores temporais, futuro, subxuntivo, participio e pretérito perfecto composto e pretérito indefinido (verbos irregulares).

Campo léxico: estados de ánimo, accidentes xeográficos, expresións de sorpresa, decepción, aburrimento, lugares de lecer, fórmulas ao teléfono.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar galego.

Contidos.

Convidar, propoñer, concertar unha cita.

Describir accións en desenvolvemento.

Expresar intencións e plans de futuro.

Presentar alternativas.

Expresar indiferenza, probabilidade, dúbida, incerteza.

Falar por teléfono.

Falar do pasado.

Interesarse polo estado de alguén.

Estados de ánimo.

Descrición de calidades.

O «ñ».

Entoación exclamativa e interrogativa.

-Nivel intermedio II.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: adxectivos demostrativos, posesivos, estruturas comparativas, verbos impersoais, verbo doer, formas negativas (nunca), pretérito imperfecto de verbos regulares e de ser e ir. Repaso de tempos do pasado. Comparativas e superlativas.

Campo léxico: clima e tempo atmosférico, partes do corpo, enfermidades, remedios, deportes, sucesos e acontecementos históricos.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar galego.

Contidos.

Pedir e dar información de medios de transporte.

Facer comparacións.

Falar do pasado e narrar acontecementos.

Expresar propiedade.

Conversar sobre o tempo.

Feitos pasados.

Expresión de accións frecuentes.

Falar de saúde e estados físicos.

Expresión de condicións.

«B» e «v».

Son de «g», «gu» e «gü».

Acentuación.

Duración:

Cursos de 20 horas de duración, por nivel.

Programa cursos de iniciación ao castelán.

Obxectivos xerais.

Axudar as persoas que acaban de chegar a superar a barreira que o descoñecemento do idioma supón para a comunicación e o desenvolvemento de calquera actividade da vida diaria e o establecemento de relacións sociais.

Programa/s.

-Nivel inicial I.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Campos léxicos: profesións, nacionalidades, familia, números e letras...

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Presentacións.

Confirmar e corrixir información.

Estratexias de comunicación: preguntar/negociar significados. Deletrear e dar números de teléfono...

Saúdos formais e informais.

Describir persoas e obxectos.

Expresar os gustos e as preferencias.

Expresar a identidade, profesión, nacionalidade...

Verbos ser e ter.

Entoación interrogativa.

A sílaba tónica.

-Nivel inicial II.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: artigo, verbo haber, locucións preposicionais, presente de indicativo de varios verbos...

Campos léxicos: mobles, partes da casa, adxectivos cualificativos, números cardinais e ordinais, establecementos, medios de transporte...

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Localizar obxectos, lugares e establecementos.

Preguntar por enderezos.

Preguntar e dicir a hora.

Preguntar por cantidades.

Describir unha vivenda.

O son de «j»/X/.

-Nivel inicial III.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: imperativo, verbo gustar, presente de indicativo de varios verbos.

Campos léxicos: alimentos, afeccións, adxectivos cualificativos, colores, tamaños, días da semana, meses, lugares de lecer.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Preguntar desexos e necesidades e contestar.

Pedir permiso.

Preguntar o importe.

Pedir comidas no restaurante.

Expresar preferencias.

Pedir a alguén que faga algo e responder.

Expresar obrigación.

Dicir a idade.

Falar de accións habituais.

O «r» e o «rr».

O «c» e o «z».

-Nivel intermedio I.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: perífrases de obriga, estar +xerundio, pronomes persoais de obxecto, marcadores temporais, futuro, subxuntivo, participio e pretérito perfecto composto e pretérito indefinido (verbos irregulares).

Campo léxico: estados de ánimo, accidentes xeográficos, expresións de sorpresa, decepción, aburrimento, lugares de lecer, fórmulas ao teléfono.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Convidar, propoñer, concertar unha cita.

Describir accións en desenvolvemento.

Expresar intencións e plans de futuro.

Presentar alternativas.

Expresar indiferenza, probabilidade, dúbida, incerteza.

Falar por teléfono.

Falar do pasado.

Interesarse polo estado de alguén,.

Estados de ánimo.

Descrición de calidades.

O «ñ».

Entoación exclamativa e interrogativa.

-Nivel intermedio II.

Neste nivel incidirase na competencia pragmática apoiándose na perspectiva comunicativa.

Tamén se introducirán explicacións gramaticais mínimas: adxectivos demostrativos, posesivos, estruturas comparativas, verbos impersoais, verbo doer, formas negativas (nunca), pretérito imperfecto de verbos regulares e de ser e ir. Repaso de tempos do pasado. Comparativas e superlativas.

Campo léxico: clima e tempo atmosférico, partes do corpo, enfermidades, remedios, deportes, sucesos e acontecementos históricos.

Obxectivos específicos.

Axudar as persoas a expresarse na súa vida diaria en contextos diversos.

Proporcionar unha visión cultural a partir da cal poder practicar castelán.

Contidos.

Pedir e dar información de medios de transporte.

Facer comparacións.

Falar do pasado e narrar acontecementos.

Expresar propiedade.

Conversar sobre o tempo.

Feitos pasados.

Expresión de accións frecuentes.

Falar de saúde e estados físicos.

Expresión de condicións.

«B» e «v».

Son de «g», «gu» e «gü».

Acentuación.

Duración:

Cursos de 20 horas de duración, por nivel.

Ver referencia pdf "13900D001P006.PDF"