DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2010 Páx. 13.099

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 12 de xullo de 2010 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, dos/das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de novembro de 2008 (DOG núm. 234, do 2 de decembro), e realizado o acto de elección de destino previsto na Orde do 2 de xullo de 2010 (DOG nº 128, do 7 de xullo), esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Nomear funcionarios/as do corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, os/as aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos os que figuran no mesmo anexo e co carácter que nel consta, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 12 de xullo de 2010.

Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

ANEXO

Ver referencia pdf "13600D001P007.PDF"