DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2010 Páx. 13.054

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2010 pola que se nomean os membros da comisión de valoración para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia.

En aplicación do previsto no artigo 35.1º da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, en virtude do establecido no artigo 9º da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de marzo de 2010 (DOG nº 61), que establece a composición da comisión de valoración encargada da avaliación das solicitudes e conforme as designacións que nese sentido realizou o conselleiro competente en materia de urbanismo e medio ambiente, e o director xeral de Industria, Enerxía e Minas,

RESOLVO:

Primeiro.-A comisión de valoración quedará constituída coa seguinte distribución:

Presidente:

-Eliseo Diéguez García, director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Secretaria:

-María José Mijares Coto, subdirectora xeral de Recursos Minerais.

Vogais:

-Emérito Freire Sambade, director do Departamento de Enerxía e Planificación Enerxética do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

-Carlos Gómez Martínez, subdirector xeral de Enerxía, da Consellería de Economía e Industria.

-Mª Raquel Carballido Reboredo, enxeñeira técnica industrial no Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética, funcionaria da Consellería de Economía e Industria.

-Norberto Penedo Rey, subdirector de Xestión de Proxectos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

-Francisco Menéndez Iglesias, xefe de sección de xestión da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH).

-Eduardo Sobrino Rodríguez, subdirector xeral de Urbanismo.

Segundo.-Notificar esta resolución aos membros da comisión e proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2010.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria