DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2010 Páx. 12.838

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 6 de xullo de 2010 pola que se designa suplente da persoa titular da presidencia de Augas de Galicia.

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, refire no seu artigo 12 que a competencia é irrenunciable e será exercida expresamente polos órganos administrativos que a teñan atribuída como propia, salvo os casos de delegación ou avocación. Igualmente sinala neste mesmo artigo que a encomenda de xestión, a delegación de sinatura e a suplencia non supoñen alteración da titularidade da competencia, aínda que si dos elementos determinantes do seu exercicio que en cada caso se prevexan.

O artigo 17.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dispón: «Os titulares dos órganos administrativos poderán ser suplidos temporalmente nos supostos de vacante, ausencia e enfermidade por quen designe o órgano competente para o nomeamento daqueles. Se non designa suplente, a competencia do órgano administrativo exerceraa quen designe o órgano administrativo inmediato de quen dependa».

A inminente ausencia da presidenta de Augas de Galicia correspondente ao permiso por causa xustificada previsto no artigo 76 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, fai preciso atribuír, mentres dure tal circunstancia, o exercicio das súas competencias a outro órgano administrativo.

A necesidade de asegurar o correcto funcionamento deste organismo e a xestión dos asuntos que ten encomendados, nos supostos de vacante, ausencia e enfermidade da titular da presidencia, xustifican a adopción desta orde.

Por todo isto, en virtude do previsto no artigo 17 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

1. Encomendar o exercicio das funcións propias da presidencia de Augas de Galicia á persoa titular da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

2. Esta orde estenderá os seus efectos durante a ausencia da presidenta de Augas de Galicia correspondente ao permiso por causa xustificada previsto no artigo 76 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

3. Os actos e resolucións administrativas que se diten en exercicio desta suplencia farán constar expresamente tal circunstancia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas